Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Organización docente  »  Normativa Provisoria sobre Titulacións Propias

 

NORMATIVA PROVISORIA SOBRE TITULACIÓNS PROPIAS

(XUNTA DE GOBERNO DO 5 DE MAIO DE 2000)

Adscripción

Provisoriamente, independentemente do lugar de impartición da docencia adscribiranse ó Vicerrectorado de Ordenación Académica e Titulacións durante un máximo de 3 anos. A Xunta de Goberno decidirá, á vista do desenvolvemento das mesmas a qué Centro da Universidade se adscriben.

Dirección

O Rector nomeará un Director e un Secretario da Titulación. As súas funcións serán análogas ás que corresponden ó Decano/Director e Secretario no caso dun Centro Docente.

A Comisión nomeada para a elaboración do plano de Estudios fará as funcións de Comisión Académica da Titulación.

Xestión Académica

Farase unha xestión similar á do resto das Titulacións da USC.

Profesorado

    1. Como obxectivo final, o profesorado debe ser profesorado da USC e a docencia impartida figurará no POD do Departamento correspondente.

      A dedicación máxima ás titulacións propias será de 9 créditos.

    2. Dada a especificidade da formación que se pretende, o mecanismo provisorio de selección do profesorado da USC durante o período de estabilización da titulación será o seguinte:.O director da titulación, previo informe da Comisión Académica da Titulación, atendendo ó Curriculum Vitae dos posibles profesores, fará unha proposta ó Vicerrectorado de Ordenación Académica e Titulacións sobre os Departamentos que deben participar en cada materia. O Vicerrectorado fará chegar esta proposta a cada departamento para que este remita ó Director da Titulación a relación de profesores interesados en participar na dita docencia.

    O Director da Titulación fará unha proposta razoada ó Vicerrectorado que será sometida á aprobación da COAP.

    O Vicerrectorado, unha vez aprobada pola COAP, comunicará os Departamentos afectados o encargo docente dos profesores da USC co fin de que o incorporen ó POD.

    No caso de que un Departamento considere que non pode cubrir a totalidade da docencia pode solicitar a contratación de profesores substitutos para cubrir a docencia liberada polo profesor que imparta as materias da titulación propia. A COAP analizará a solicitude e decidirá o que proceda.

    Como solución excepcional poderá asignarse un complemento polo exceso de carga docente dun profesor.

    1. Tamén se poderá contar coa participación de profesionais de prestixio mediante a contratación como profesores asociados ou mediante outras formas de compensación.

    Disposición final

    As presentes normas terán vixencia durante un ano, antes do cal será presentada unha Normativa de Funcionamento de Titulacións Propias para a súa aprobación pola Xunta de Goberno.