Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Persoal de Administración e Servizos  »  Criterios de baremación do concurso de traslados de PAS laboral (DOG do 23-3-1998)

DERROGADO

BAREMO DE MÉRITOS LABORAIS

(D.O.G. 23-III-98)

Resolución do 20 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos acadados pola comisión paritaria do III convenio colectivo para o persoal laboral das universidades públicas de Galicia, na reunión celebrada o 2 de xullo de 1997, en relación cos criterios de baremación do concurso de traslados.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo R.D. 1040/1981, Art. 2e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondiente servicio desta dirección xeal se presentou, o 16 de febreiro de 1998, a acta da terceira reunión ordinaria do 2-7-97 da comisión paritaria do III convenio colectivo para o pesoal laboral das universidades públicas de Galicia, en relación cos criterios de baremación do concurso de traslados. A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.- Ordena-la inscrición dos devanditos acordos no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.- Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1998.

Mª José Cimadevila Cea

Directora Xeral de Relacións Laborais

Acta da terceira reunión ordinaria da comisión paritaria prevista no convenio colectivo para o persoal laboral das unidades públicas galegas.

Asistentes:

Polas universidades:

Aureliano García González-Llanos

Andrés R. Trillo García

Mª de los A. Hermida Paredes

Manuel Castro Oliva

Concepción Novo Guerreiro

Carlos A. Gómez Otero

Polos sindicatos:

Xosé M. Vázquez Carreira

Javier Quiñoy Taboada

Cándido Pérez Betanzos

Manuela García Freire

Andrés Proupín Castiñeiras

Jesús Castro López

Antón García Fernández

Celébrase a reunión o día 2-7-1997, na sala de xuntas da Casa da Balconada, dando comezo ás 12 horas coa asistencia que se indica e a seguinte orde do día:

- Lectura e aprobación da acta da xuntanza anterior.

- Asuntos de trámite.

Iniciada a sesión, apróbase íntegramente e por asentimento a acta da sesión anterior.

Antes de comezar a trata-lo segundo punto da orde do día, Cándido Pérez solicita unha redacción máis clara da orde do día das convocatorias e que, e habela, se xunte documentación para que as discusións poidan ser máis productivas.

Entrando xa na discusión dos asuntos de trámite, Andrés Trillo manifesta que para non crear incertezas no concurso de traslados e para facilitarlle-lo traballo ás comisións de baremación deste, a comisión paritaria defina con claridade a interpretación de dúas cuestións:

a) Cómo se ha de entende-la antigüidade na universidade.

b) O límite da idade escolar dos fillos.

Logo da correspondente discusión, acéptase que en canto á antigüidade na universidade, se interprete como antigüidade na categoría, por parecer ésta unha forma máis xusta e coherente de enfronta-lo problema.

Cándido Pérez puntualiza que no caso de que alguén que participe no concurso de traslados alegue para o cómputo da antigüidade traballos realizados en categoría superior, só se lle teña en conta se accedese a esa situación a través dunha lista de espera resultante dun proceso selectivo.

En canto a idade escolar, enténdese que debe ser considerada entre cero e dezaseis anos, ó ser este o límite máximo de escolarización obrigatoria.

Posta enriba da mesa a valoración das minusvalideces, acórdase que se teñan en conta aquelas que, sendo iguais ou superiores ó 33%, estean acreditadas debidamente.

En canto a consideración da distancia de 30 Km como argumento favorecedor do traslado, valorarase cando o traballador poida acreditar mediante declaración censal indicando, alomenos, unha antigüidade de dous anos, que o seu domicilio se atopa á distancia indicada e comprendida na área de influencia do lugar de traballo ó que solicite o seu traslado.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 14.45 horas do día dous de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Visto e prace

Aureliano García Glez.-Llanos

Presidente

Antón García

Secretario