Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Persoal de Administración e Servizos  »  CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE GALICIA. (D.O.G. DO 3 DE MARZO DE 1993)

 

 

CONVENIO COLECTIVO PARA O PERSOAL LABORAL DAS UNIVERSIDADES PÚBLICAS DE GALICIA. 
(D.O.G. DO 3 DE MARZO DE 1993)

CAPÍTULO I

ÁMBITO, VIXENCIA E NORMAS XERAIS DE APLICACIÓN

Artigo 1º

As partes que concertan este convenio son a Universidade de Santiago, a de Vigo e a da Coruña, e o seu persoal representado polos respectivos Comités de Empresa, integrados polas organizacións sindicais CIG, UGT e CCOO.

Artigo 2º

Ámbito funcional e territorial. Este convenio é de aplicación ás Universidades Públicas do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, os seus centros de traballo existentes actualmente e aqueloutros que durante a vixencia do convenio se poidan crear ou integrar nelas.

Artigo 3º

Ámbito persoal. As normas do presente convenio aplicaránselle a todo o persoal que, integrado no ámbito funcional do artigo anterior, estea vinculado ás universidades en virtude de relación xurídico-laboral, formalizada polo Rector ou órgano en que delegue, estea suxeito ó poder de dirección delas e perciba as súas retribucións con cargo ás correspondentes consignacións presupostarias de persoal laboral de administracións e servicios.

Artigo 4º

Período de vixencia. O presente convenio entrará en vigor o día seguinte da súa publicación no DOG e terá vixencia ata o 31-12-1994. Os seus efectos económicos aplicaranse desde o 1 de xaneiro de 1992, agás aqueles que se especifican no articulado do presente Convenio.

Artigo 5º

Prórroga e denuncia. O presente convenio prorrogarase de ano en ano a partir do 31 de decembro de 1994 se se produce acordo expreso nese sentido entre as partes cunha antelación mínima de tres meses ó término da súa vixencia ou á de calquera das súas prórrogas. De non se produci-lo citado acordo, entenderase denunciado automaticamente.

Artigo 6º

A parte económica do presente convenio será negociada cada ano en función da existencia de incrementos non previstos no Plan de Financiamento e nos aforros xerados nas partidas que repercutan no persoal laboral, a excepción dos remanentes que se produzan pola non cobertura da oferta pública de emprego e das vacantes.

En todo caso, durante o período de vixencia deste convenio , as condicións retributivas fixadas nel serán revisadas anualmente con efectividade desde o primeiro de xaneiro, en virtude do incremento porcentual que determinen as respectivas leis de presupostos xerais da Comunidade Autónoma Galega, para o persoal sometido ó réxime estatutario da función pública. Igualmente, se nas referidas leis de presupostos se estableceran condicións máis beneficiosas para o citado persoal, estas faranse extensivas ós grupos correspondentes do persoal laboral suxeito ó presente convenio.

Artigo 7º

Compensación e absorción. As condicións económicas establecidas no presente Convenio compensarán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe e natureza.

Se por disposición legal ou regulamentaria se establecesen mellores condicións económicas, só terá eficacia se, consideradas globalmente en cómputo anual resultasen superiores ás previstas neste Convenio.

Artigo 8º

Respectaranse, manténdose estrictamente "ad personam", as condicións particulares que, con carácter global, en cómputo anual, excedan das melloras do presente convenio e veñan derivadas da norma preexistente estatal ou da Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II

COMISIÓN PARITARIA DE VIXIANCIA E INTERPRETACIÓN DO CONVENIO E COMITÉS INTERCENTROS

Artigo 9º

No prazo de un mes, contado desde a publicación do presente convenio constituirase, por iniciativa da Administración, una Comisión Paritaria que terá por funcións as seguintes:

a) a interpretación da totalidade do articulado ou das claúsulas do convenio.

b) a vixiancia do cumprimento do pactado.

c) a facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes.

A dita comisión estará composta por seis representantes das Universidades, dous de Coruña, dous de Santiago e dous de Vigo, e seis representantes dos traballadores.

As reunións celebraranse, por decisión do Presidente, a petición dunha das partes nun prazo máximo de dez días naturais dende a data de presentación da solicitude; a parte solicitante fará consta-los puntos que haxa que tratar.

Os acordos tomaranse por unanimidade entre ámbalas dúas representacións e serán recollidos en acta, e daráselle-la debida publicidade nos taboleiros de anuncios dos centros de traballo das universidades ou, se a súa trascendencia o aconsella, publicaranse no DOG.

A sede da comisión decidirase na primeira reunión desta que se celebrará na Xerencia da Universidade de Santiago.

Na sesión constitutiva procederase a designar, por acordo da comisión, as persoas que exercerán a súa presidencia e a súa secretaría.

Artigo 10º

Cando nalgunha Universidade se dean as condicións que determinan o artigo 63.3 do Estatuto dos Traballadores, poderase constituír nela un comité intercentro, nun prazo de dous meses.

Asimesmo constituirase un Comité intercentros das Universidades Públicas Galegas de doce membros. A súa composición será proporcional os resultados obtidos por cada sindicato ou agrupación nas últimas eleccións sindicais. As súas competencias serán as recoñecidas para esta representación no Estatuto dos Traballadores, sempre que as mesmas afecten a dúas ou máis Universidades Galegas.

CAPÍTULO III

CLASIFICACION PROFESIONAL

Artigo 11º

O persoal comprendido no ámbito de aplicación deste convenio clasificarase atendendo ós seguintes criterios:

-En atención á titulación esixida ou, de se-lo caso, ás condicións xerais esixidas para o desenvolvemento do seu posto de traballo na Universidade, en cinco grupos, integrados por categorías profesionais. A clasificación por grupo determinará as retribucións básicas do persoal e a de categorías profesionais, os sistemas de acceso, translado e promoción.

-En atención ás características (de xornada, dirección, responsabilidade ou xefatura) específicas ou xerais do posto de traballo ocupado, en postos singularizados e non singularizados. A clasificación por posto determinará as retribucións complementarias do persoal.

Artigo 12º

Anualmente cada Universidade publicará as modificacións introducidas na Relación de Postos de Traballo negociadas cos representantes dos traballadores, nas que se indicarán por unidade ou centro de traballo as características esenciais dos mesmos, os requisitos esixidos para o seu desempeño e no seu caso os complementos retributivos que correspondan ós mesmos, así como os turnos que correspondan a cada posto de traballo.

Artigo 13º

O persoal que teña recoñecida legalmente a diminución da súa capacidade será destinado a un traballo axustado ás súas condicións, sen reducción salarial nin profesional, dentro da dispoñibilidade organizativa de cada Universidade.

 

CAPÍTULO IV

ORGANIZACIÓN DO TRABALLO E MODIFICACIÓN DAS SÚAS

CONDICIÓNS

Artigo 14º

A organización do traballo, conforme á lexislación vixente, é facultade exclusiva da Universidade; a súa aplicación práctica correspóndelles ó Rector ou ós titulares da delegación expresa deste das súas competencias en materia de xefatura de persoal de administración e servicios, segundo o establecido nos estatutos das universidades, todo iso sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidos ós traballadores nos artigos 40, 41 e 64.1 da Lei 8/19080, do 10 de marzo, do estatuto dos traballadores.

Artigo 15º

Cambios de quenda:

Cando as necesidades do servicio o fagan necesario poderase proceder ó cambio de quenda dos traballadores, conforme co procedemento establecido no artigo 41 do E.T. Cando por baixa ou servicio haxa necesidade de proceder ó cambio temporal de quenda dun traballador, esta nunca poderá prolongarse máis de dez días. Cando non haxa ningún traballador que acepte o cambio, realizarao o de menor antigüidade na universidade destinado no centro de traballo, cambiando na seguinte vez que ocorra ó segundo e así sucesivamente, non superando nunca esta rotación o tempo de un mes.

Cando un traballador teña interese por cambia-la quenda poderá solicitar da Xerencia o translado a outro centro no que exista vacante na quenda desexada, a cal resultara deserta no concurso de translados inmediatamente anterior. Destes acordos de translado daráselle información ó Comité de Empresa.

Artigo 16º

Traballos de superior e inferior categoría:

1.- Traballos de categoría superior. Cando así o esixan as necesidades do servicio, o Rector, logo da información ó Comité de Empresa, poderá encomendarlles ós traballadores a realización de funcións correspondentes a unha categoría ou posto singularizado superior ó que exerzan, por un período non superior a seis meses durante un ano ou oito, durante dous. Nestes casos, para a cobertura por este sistema da praza inicialmente vacante, terán preferencia os traballadores procedentes dunha lista que se establecerá por orde de puntuación en cada convocatoria de entre aqueles aspirantes non aprobados pola quenda de promoción interna. Os traballadores terán dereito á percepción da diferencia retributiva correspondente. No caso de que, sen autorización expresa do Rector, calquera outra autoridade universitaria ordene o desempeño de funcións superiores, o acto será nulo de pleno dereito e o traballador deberá poñelo en coñecemento do Comité de Empresa e demora-lo cumprimento da orde ata que sexa validada polo órgano competente.

Se, superados eses prazos, existise un posto de traballo vacante da mesma categoría, deberá ser cuberto polos procedementos de provisión establecidos no convenio. Para os efectos do artigo 23.3 do estatuto dos traballadores, os procedementos de provisión de vacantes por quenda de ascenso seran os únicos que permitan modifica-la categoría profesional dos traballadores.

2.- Traballos de categoría inferior. Se por necesidades perentorias e imprevisibles fose preciso destinar un traballador a tarefas correspondentes a unha categoría ou posto singularizado inferior do que exerce, os xefes das unidades poderán propoñelo á Xerencia a través dun informe motivado, á vista do cal a Xerencia poderá facelo por tempo non superior a un mes dentro do mesmo ano e comunicándoo ós representantes dos traballadores. Nestes casos, ós traballadores manteránselle-la retribución e os demais dereitos da súa categoría profesional.

Artigo 17º

Mobilidade Funcional. Rexerá o disposto no artigo 39 do Estatuto dos Traballadores.

CAPÍTULO V

PROVISIÓN DE VACANTES. SELECCIÓN E CONTRATACIÓN.

I. PROVISIÓN ORDINARIA.

Artigo 18

1. Translados de localidade ou centro de traballo na mesma categoría. Os traballadores pertencentes á mesma categoría, e que reúnan os demais requisitos da vacante que se debe cubrir, poderán ocupa-las vacantes producidas na súa e nas outras Universidades mediante translado. Para estes efectos, cada universidade convocará unha vez ó ano o correspondente concurso de méritos, que será resolto pola aplicación dun baremo que previamente negociarán as xerencias e os comités de empresa.

Non se poderá participar en quendas de translado ata que transcorran dous anos desde a obtención do último destino definitivo, salvo que durante ese período variara a quenda de traballo da praza, o translado se solicite para cambio de localidade, se producira un cambio de destino decidido pola Xerencia en uso das súas competencias ou se acollera o traballador ó sistema de cambio de localidade por cobertura provisional.

Na convocatoria respectiva, no suposto de prazas que se correspondan con perfís especificos poderá establecerse a realizacion dunha entrevista ou proba de natureza similar, co obxecto de garanti-la adecuacion do aspirante á praza que pretende ocupar.

As comisións de avaliación constituiranse con representacion do comité de empresa respectivo.

2. Reingreso procedente de excedencias voluntarias. Os traballadores que soliciten o seu reingreso no servicio activo deberán participar obrigatoriamente no concurso de translados do apartado anterior. Non obstante, a Xerencia poderá adscribilos con ocasión de vacante a un destino provisorio ata a celebración do seguinte concurso.

3. Sistema de translado provisional. As vacantes que se produzan con posterioridade á resolución do concurso poderán ser cubertas provisionalmente polas xerencias respectivas no uso das súas funcións de organización do traballo. En todo caso, as prazas así cubertas deberán incluírse no concurso de translados seguinte. Por este procedemento de cobertura provisional, os traballadores poderán solicitar translados de localidade en calquera momento cando existan motivos xustificados de índole familiar ou persoal.

Cando o translado implique cambio de universidade os traballadores deberán presenta-la súa solicitude ante a Xerencia da universidade na que está destinado, a que interesará a conformidade da universidade de destino.

II. SELECCIÓN

Artigo 19

As vacantes resultantes do procedemento descrito no artigo anterior serán ofertadas mediante convocatoria pública e a súa cobertura realizarase polos sistemas de promoción interna e acceso libre de acordo co seguinte réxime:

Primeiro.- A selección farase mediante concurso-oposición, quedando exentos, os de promoción interna, dunha proba das determinadas para a quenda libre. As vacantes non cubertas pola quenda de promoción interna acumularanse á provisión externa.

Os seleccionados pola quenda de promoción terán preferencia sobre a quenda libre para a elección de vacantes.

Segundo.- Para os grupos IV e V establecerase unha quenda inicial de promoción para a que se reservarán a totalidade das prazas convocadas, na que poderán participar tódolos traballadores de calquera universidade e que pertenzan a categoría distinta das prazas obxecto de provisión. As vacantes non provistas por esta quenda serán provistas pola quenda libre. Neste procedemento o contido das probas de promoción e da libre será idéntico.

Terceiro.- Para os grupos I, II e III establecerase unha quenda de promoción para a que se reservaran o 50% das vacantes e unha quenda libre para o resto. Na quenda de promoción poderán participa-los traballadores de calquera universidade que pertenzan a categoría distinta á das prazas obxecto de provisión e que dispoñan da titulación que os habilite para o desenvolvemento profesional das prazas a que aspiran.

Cuarto.- As prazas do grupo III, IV e V poderán quedar exentas do requisito de titulación esixido para o turno libre, agás que na relación de postos de traballo a titulación sexa esixida preceptivamente.

Artigo 20

O contido das probas selectivas e a convocatoria correspondente serán obxecto de informe polo Comité de Empresa, antes da súa aprobación polos órganos competentes establecidos nas normas estatutarias de cada universidade. Nos tribunais que xulguen as probas garantirase o respecto ó criterio de especialización. En calquera caso garantirase a presencia de representantes dos traballadores, determinados polo Comité de Empresa.

Artigo 21

As universidades, de común acordo, poderán acumula-las súas ofertas de emprego e desenvolve-las probas resultantes conxuntamente.

Artigo 22

Os contratos de traballo, que se formalizarán por escrito, incluirán unha claúsula de que o contrato é subscrito polo traballador con coñecemento das obrigas que se derivan da normativa de incompatibilidades e de que o incumprimento da mesma pode supoñe-la rescisión do contrato, sen prexuízo da responsabilidade disciplinaria que se puidese deducir no outro posto de traballo que viñera desempeñando. En calquera caso, a universidade subministrará información ó traballador, antes do asinamento do contrato, das normas sobre incompatibilidades que lle afecten.

Para a fixación do período de proba, terase en conta o disposto no artigo 14 do Estatuto dos Traballadores.

III. DA CONTRATACIÓN TEMPORAL

Artigo 23

1.- O contrato de traballo presúmese concertado por tempo indefinido. Non obstante poderán celebrarse contratos de traballo de carácter temporal ou duración determinada de acordo coa lexislación vixente. Este tipo de contratos deberá formalizarse por escrito dándolle comunicación ó Comité de Empresa.

2.- Para a selección de traballadores contratados temporalmente, as convocatorias de prazas por quenda libre para persoal fixo poderán establece-la constitución de listas de espera dos aspirantes seguindo a orde da puntuación obtida. Igualmente cando non existan listas de espera dispoñibles, poderase proceder á convocatoria dun procedemento selectivo para o establecemento de listas previas.

3.- Nos supostos de que non exista nas listas de espera nin nas previas categoría profesional para os efectos, e fose urxente a contratación de persoal laboral non permanente, solicitarase do INEM, de xeito xenérico, un mínimo de tres traballadores en situación legal de desemprego, que serán sometidos a unha entrevista ou proba de aptitude consonte as funcións requiridas. No órgano de selección estaran presentes representantes do Comité de Empresa da universidade ou universidades respectivas.

IV. PROVISIÓN DE POSTOS DE RESPONSABILIDADE

Artigo 24

1.- Os postos de traballo de natureza singularizada que se definan na relación de postos de traballo polo criterio de responsabilidade serán cubertos segundo estableza a respectiva relación de postos de traballo.

Cando existan determinadas tarefas ou traballos de carácter temporal que supoñan a asunción dunha responsabilidade extraordinaria ou cualificación específica que comporte a percepción do plus correspondente, serán asignadas polo Rector a proposta do xefe da unidade ou centro de traballo correspondente, co visto e prace do xerente informando ó Comite de Empresa.

2.- Remoción no desempeño dun posto singularizado. Se por causas obxectivas un traballador non desenvolve axeitadamente as funcións dun posto singularizado, definido polo criterio de responsabilidade, poderá ser removido del, oído o Comité de Empresa, mediante resolución rectoral motivada e logo do trámite de audiencia e alegacións do interesado, quen poderá solicita-la realización da fase de proba.

CAPÍTULO VI

XORNADA E HORARIO DE TRABALLO

Artigo 25

A xornada de traballo será de 1.637 horas anuais.

Artigo 26

1. A xornada efectuarase, en termos xerais, de luns a venres, de forma continuada, en quendas de mañá, tarde, ou noite para a categoría de vixiantes, garantíndose o funcionamento dos servicios necesarios os sábados á mañá, logo de acordo entre a Xerencia e o Comité de Empresa, manténdose, en todo caso, os xa determinados no período de vixencia do convenio colectivo anterior.

2. O total de horas anuais realizarase cun horario de 35 horas fixas á semana, agás nos meses de xullo e agosto, que será de 25, quedando o resto, ata completa-lo total, que é de 110 horas, como horario dispoñible para a súa realización en momentos en que a acumulación de traballo o faga necesario e respectando o réxime de xornada establecido para o posto. Os xefes das unidades deberanlles comunicar ós traballadores, como mínimo cunha antelación de 48 horas, a necesidade da realización desa xornada adicional. No suposto de que tales horas teñan que utilizarse fóra do réxime ordinario de xornada, logo da aceptación do traballador, deberán ser autorizadas pola Xerencia. En calquera caso, non se lle poderán recoñecer horas extraordinarias ó persoal se non se consumiu a totalidade das 110 horas sinaladas anteriormente, ou cando existan traballadores no centro de traballo que aínda non as consumiron. Exceptúanse da limitación anterior aqueles centros de traballo nos que se determinara, con autorización da Xerencia, logo de acordo co Comité de Empresa, unha repercusión regular das citadas horas ó longo do ano.

Por cada 22 horas traballadas das 110 xa indicadas o traballador terá dereito a 1 día adicional de vacacións, que se incorporará ó período ordinario das mesmas. Para estes efectos, o consumo anual das 110 horas computarase do mes de xullo de cada ano ata o de xuño do seguinte.

A Xerencia informará semestralmente ó Comité de Empresa do uso deste crédito horario por traballador e centro de traballo.

3. Os traballadores terán a obriga de realizar 15 sábados ó ano como máximo e sempre que o centro de traballo no que presten servicios necesite o mantemento de servicios mínimos. A prestación de cada sábado implicará o consumo das 110 horas non repercutidas no horario ordinario e o dereito do traballador a desfrutar de un día libre, ben na semana seguinte á da prestación do sábado ou ben acumulándose ó período ordinario de vacacións anuais. Para estes efectos, os sábados realizados computaranse desde o 1 de xullo de cada ano ata o 30 de xuño do seguinte. O réxime de desfrute do día libre acordarase entre a Xerencia e o Comité de Empresa.

4. Exceptúanse do réxime ordinario de xornada os seguintes casos:

a) Para os conductores, na determinación do exceso de xornada distinguirase entre o traballo efectivo, é dicir, o tempo de conducción e o tempo de presencia por razóns de espera, espectativas de servicio, avarias, comidas en ruta ou outras similares.

O tempo efectivo que exceda da quenda ordinaria, computadas as 110 horas de dispoñibilidade, aboarase como horas extraordinarias.

As horas de presencia que excedan da xornada ordinaria pactada ou da súa distribución segundo o réxime de quenda, non se considerarán dentro da xornada de traballo nin se computarán para o efecto do aboamento de horas extraordinarias, sendo retribuidas coa gratificación de permanencia definida no artigo 32 deste convenio.

Para o control das horas de traballo efectivo, establecerase un parte de control de viaxes realizados fora da xornada ordinaria que será asinado polo responsable da viaxe.

No non previsto neste convenio, aplicarase o determinado no Real Decreto 2001/1983, do 28 de xullo, no seu título III.

b) Os postos de traballo que impliquen a realización da totalidade ou parte da xornada laboral en sábados pola tarde, domingos e días declarados festivos, tanto pola autoridade laboral coma polo Rectorado. A xornada destes postos será fixada pola Xerencia, logo do acordo co Comité de Empresa. En calquera caso, o cómputo das horas traballadas neses días deberá efectuarse como dobre para os efectos de determina-lo réxime de xornada.

c) Os postos de traballo adscritos a servicios de laboratorios e á fonoteca universitaria e os de monitores deportivos, que, logo da aceptación do traballador, poderán ter un réxime de xornada partida, agás durante os meses de xullo e agosto.

Este réxime poderá ser estendido, de forma temporal ou permanente, a aqueles casos nos que se derive da propia función do posto de traballo ou das funcións do servicio no que se encadre a necesidade da xornada partida por non existir posibilidade de facer efectiva a prestación laboral en réxime de xornada continuada de mañá ou tarde ou por ser esta claramente antieconómica. Tal extensión do citado réxime será acordada pola Xunta de Goberno de cada universidade, con base nun informe xustificativo da Xerencia, que previamente deberá ser acordado co Comité de Empresa respectivo.

d) Os postos de traballo de unidades nas que se presten servicios á comunidade universitaria e nas que se recoñeza o dereito a comida, os cales poderán ter un réxime de xornada continuada que non coincida cos horarios ordinarios de inicio e fin das quendas, o cal fixará a Xerencia, logo do informe do Comité de Empresa.

Neste sentido, o persoal técnico da gardería universitaria de Santiago de Compostela terá un horario de 10 da mañá a 6 da tarde, así como a obriga de asistencia fóra dese horario ás sesións de coordinación pedagóxica que se determinen, compensándoselle o exceso de xornada co desfrute dun mes máis de vacacións anuais. Igual réxime lle será de aplicacion, coas adaptacións necesarias, ó persoal de apoio da gardería nos postos en que sexa preciso. Nestes casos a compensación en vacacións será de 21 días naturais, por non ter tal persoal obrigatoriedade de asistencia a sesións de coordenación pedagóxica.

e) Os vixiantes terán a xornada específica acordada pola comisión paritaria na súa sesión do 7 de xuño de 1989 en tanto a referida comisión non o modifique.

Artigo 27

Horas extraordinarias urxentes. Non se terán en conta, para efecto da duración máxima de xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias utilizadas, o exceso das traballadas para previr ou reparar sinistros ou danos ou para atender necesidades extraordinarias e urxentes. Cando non existan traballadores que desexen realizalas voluntariamente, a Xerencia poderá sinalar quen teña que executalas, comunicándollo ó Comité de Empresa.

As horas extraordinarias e a razón da súa urxencia seranlle comunicadas ó Comité de Empresa 48 horas antes, a non ser que non se poida prever, caso no que se comunicará nas 48 horas seguintes.

CAPÍTULO VII

RÉXIME RETRIBUTIVO

Artigo 28

Estructura do salario. O réxime salarial pactado no presente convenio queda estructurado da seguinte forma:

1.- Retribucións básicas.

- Salario base.

- Pagas extraordinarias.

- Trienios

2.- Retribucións complementarias.

- Plus de nocturnidade.

- Plus de permanencia.

- Plus de perigosidade.

- Plus de dispoñibilidade horaria.

- Plus de dirección.

- Plus de especial responsabilidade.

- Plus de encargados.

- Horas extraordinarias.

Artigo 29

Salario base e pagas extraordinarias. A retribución anual por grupo é a que figura no anexo V, que se fará efectiva en 15 pagos, 12 mensualidades e 3 pagas extraordinarias, que se farán efectivas en xuño, setembro e decembro, de idéntica contía. O seu importe será calculado proporcionalmente ó tempo de servicios efectivamente prestados nos doce meses inmediatamente anteriores ós sinalados para o seu aboamento.

Artigo 30

Antigüidade. Percibirase cada trienio coa cantidade de 4.823 pesetas mensuais, manténdose a contía dos acumulados ata o 1 de febreiro de 1988 na cantidade xa recoñecida, incrementada no 6%. Este concepto aboarase tanto nas pagas ordinarias como nas tres pagas extraordinarias.

Así mesmo recoñecerase para efectos de antigüidade os servicios previos prestados á Administración, os de período de proba a aqueles correspondentes a contratacións temporais de calquera natureza laboral sempre que se adquira a condición de persoal fixo. Este tempo só poderá ser recoñecido por unha soa vez, aínda cando durante el o traballlador prestase servicios simultáneos nunha ou máis esferas da mesma ou distintas administracións públicas. O sistema de recoñecemento de servicios regularase por unha Resolución Rectoral de cada Universidade e terá efectos económicos a partir da data na que se adquira a condición de persoal fixo de calquera Universidade galega.

Artigo 31

Plus de dirección, plus de especial responsabilidade e plus de encargados. Os postos definidos na relación correspondente e que polas súas características de responsabilidade (permanente, por corresponderse co exercicio de funcións de xefatura de unidades consolidadas, ou temporal, por corresponderse co desenvolvemento de funcións de execución ou coordenación de proxectos), ou de especial cualificación técnica, clasificaranse en cinco grupos, coas retribucións anuais seguintes:

1.- 1.137.604

2.- 853.203

3.- 568.802

4.- 284.401

5.- 113.760

O persoal laboral de administración que se vaia extinguir, que desempeñe postos de traballo definidos no cadro funcionarial percibirá, con cargo ós créditos presupostarios deste, a diferencia entre o seu salario base e a retribución do posto, calculada como se o ocupante fose do grupo de clasificación que se corresponde co que teña o laboral.

Ó persoal laboral ó servicio das universidades galegas aplicaráselles a Lei 53/1984, de 26 de decembro e o seu desenvolvemento regulamentario en materia de incompatibilidades.

A teor do artigo 16 da referida Lei, non poderán desempeñar un segundo posto de traballo no sector público nin exercer actividades privadas, os membros do Persoal Laboral das universidades que perciban un complemento de dirección.

Non farán o posto de traballo incompatible a percepción de complementos que impliquen especial responsabilidade.

Se por disposición legal ou regulamentaria, que fose de aplicación nas universidades, se dispuxese a incompatibilidade do referido complemento, poderíase acadar a súa compatibilidade renunciando á percepción do complemento asignado; mediante petición dirixida ó Rector da universidade respectiva, se non da resposta a esta petición de renuncia no prazo de un mes, esta entenderase concedida automaticamente.

En calquera caso, non se poderá percibir máis de un complemento permanente por posto de traballo.

Artigo 32

Plus de permanencia. Os conductores percibirán un plus de permanencia, agás o mes de vacacións, de 39.816 pesetas mensuais, se pertencen ó grupo III, e de 17.064 se pertencen ó grupo IV.

Artigo 33

Plus de dispoñibilidade. O persoal suxeito ó réxime de xornada partida permanente, percibirá un complemento mensual, agás nos meses de xullo e agosto, de 12.514 pesetas.

Artigo 34

Plus de nocturnidade. O persoal que teña a súa xornada en horario de noite, percibirá o plus de nocturnidade, de acordo co que establece o artigo 34.6 do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 35

Plus de perigosidade, penosidade, toxicidade. Os titulares de postos de traballo que, por declaración da autoridade laboral, teñan a condición de perigosos, tóxicos ou penosos, percibirán un complemento mensual equivalente ó 20% do salario base.

Artigo 36

Horas extraordinarias. Tenderase a reduci-lo mínimo imprescindible as horas extraordinarias que se deban a imprevistos e teñan carácter excepcional. Como norma xeral a realización de horas extraordinarias terá sempre un carácter voluntario. O seu limite sera de 80 en cómputo anual.

As horas extraordinarias aboaranse cun 75% do incremento sobre o valor do salario hora, para o cálculo do cal se utilizará a seguinte fórmula:

Retribucións básicas + pluses de perigosidade e de posto de traballo /1637.

CAPÍTULO VIII

VACACIÓNS, PERMISOS E LICENCIAS

Artigo 37

Vacacións. Todo traballador terá dereito a un mes de vacacións retribuídas ó ano, procurando, de acordo coas necesidades do servicio, que sexa desfrutado en xullo, agosto ou setembro.

Artigo 38

Licencias sen soldo. O persoal que teña cumprido polo menos un ano de servicios efectivos poderá solicitar licencia sen soldo por un prazo non inferior a quince días nin superior a tres meses. As ditas licencias seranlle concedidas dentro dos quince días seguintes ó da solicitude, sempre que o permitan as necesidades do servicio. A duración acumulada destas licencias non poderá exceder de tres meses cada dous anos.

Artigo 39

Licencias retribuídas. Os traballadores, logo de xustificacion, se é o caso, terán dereito a licencias retribuídas polas causas e tempos seguintes:

a) Quince días naturais por matrimonio.

b) Catro días en caso de nacemento dun fillo e no de morte ou enfermidade grave dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

c) Para concorrer a exames finais, liberatorios e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais de formación, durante os días da súa celebración, e coa debida xustificación.

d) Polo tempo indispensable por asuntos propios e por causa xustificada, non podendo supera-la quinta parte da xornada computada trimestralmente. No caso de que a causa que motivou a licencia implique o percibo de retribución ou indemnización, descontarase o importe desta do salario ó que teña dereito.

e) As traballadoras, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, pode substituír ese dereito por unha reducción da xornada normal en media hora, coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai o polo pai no caso de que ambos traballen.

f) Ata nove días cada ano natural de traballo efectivo por asuntos particulares non incluídos nos puntos anteriores. Tales días non poderán acumularse, salvo autorización expresa da Xerencia, ás vacacións anuais retribuídas. O persoal poderá distribui-los ditos días á súa conveniencia, logo da autorización da correspondente unidade de persoal. Os traballadores que se incorporen ó longo do ano natural disfrutarán destes días na proporcionalidade que corresponda ó período efectivamente traballado.

g) Os días 24 e 31 de decembro, que, no caso de ser preciso mante-lo servicio, serán substituídos por outros dous días, determinados por acordo entre a Xerencia e o Comité de Empresa.

h) Serán de aplicación as condicións máis beneficiosas que teñan recoñecidas ou se lles recoñezan ó persoal funcionario.

i) Os traballadores que por razón de garda legal, teñan ó seu coidado directo un menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desenvolva ningunha actividade remunerada terán dereito a unha reducción dun tercio ou da metade da xornada de traballo, coa reducción proporcional das súas retribucións. A concesión de reducción de xornada por este motivo será incompatible co desenvolvemento de calquera outra actividade, sexa ou non remunerada, durante o horario que foi obxecto de reducción.

No suposto de incapacidade do cónxuxe ou persoa coa que demostre convivir, do pai ou da nai, se convive co traballador, debidamente xustificado, poderase solicitar reducción de xornada nas mesmas condicións cas establecidas no parágrafo anterior.

CAPÍTULO IX

SUSPENSIÓN DE CONTRATO DE TRABALLO

Artigo 40

Sen prexuízo do establecido nos artigos 45 e 48 do Estatuto dos Traballadores, o persoal incluído no ámbito de aplicación deste convenio terá dereito á suspensión do seu contrato, con reserva do seu posto de traballo, nos seguintes casos:

a) Maternidade da muller traballadora, ou adopción de menores de cinco anos. No suposto de parto, por unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliables por parto múltiple ata dezaoito semanas, distribuídas a opción da interesada e sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto; poderá facer uso destas o pai, para o coidado do fillo, no caso de falecemento da nai. A pesar do anterior, no caso de que o pai e a nai traballen, aquela ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai desfrute de ata catro das últimas semanas de suspensión, sempre que sexan ininterrompidas e ó remate do citado período, agás que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña risco para a súa saúde.

No suposto de adopción, se o fillo adoptado é menor de nove meses terá unha duración máxima de oito semanas, contadas a partir da resolución oficial pola que se constitúe a adopción. Se o fillo adoptado é menor de cinco anos e maior de nove meses, terá unha duración máxima de seis semanas. No caso de que o pai e a nai traballen soamente un deles poderá exercitar este dereito.

Nestes casos manterase o dereito á percepción do 100% do salario.

b) Cumprimento do servicio militar, obrigatorio ou voluntario, ou servicio social substitutorio ou equivalente, con reincorporación ó traballo no prazo máximo de dous meses, a partir da terminación do servicio. Durante a prestación do servicio militar ou servicio social substitutorio ou equivalente, manterase o dereito á percepción das pagas extraordinarias.

c) Exercicio de cargo público representativo ou de funcións sindicais electivas, de acordo cos estatutos do sindicato, de ámbito provincial ou superior, suposto en que será de aplicación a situación de excedencia forzosa, con cómputo de antigüidade, sempre que o dito exercicio imposibilite a asistencia ó traballo ou sempre que se perciban retribucións por el. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo ou función sindical.

d) Privación de liberdade do traballador, mentres non exista sentencia condenatoria firme, incluídas tanto a detención preventiva como a provisional.

Artigo 41

A excedencia voluntaria poderá ser solicitada polos traballadores que teñan un ano, polo menos, de antigüidade ó servicio da universidade. A duración desta situación non poderá ser inferior a un ano, nin superior a cinco, e o dereito a esta situación só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreran dous anos desde o final da anterior excedencia voluntaria, agás nos supostos de que se solicite para atende-lo coidado dun fillo, que comezará a contar desde a data de nacemento deste, casos nos que o período de excedencia non poderá ser superior a tres anos e nos que a iniciación dun novo período de excedencia por un novo fillo porá fin, se é o caso, ó que se viña desfrutando.

Artigo 42

O traballador que, como aplicación da normativa de incompatibilidades, deba optar por un posto de traballo pasará á situación de excedencia voluntaria no posto que viña desempeñando sen que lle sexa esixible a permanencia dun ano nel. Permanecerá nesa situación como mínimo un ano, e conservará indefinidamente o dereito preferente ó reingreso en vacante de igual ou similar categoría á súa que haxa ou se produza na universidade.

Artigo 43

O traballador excedente voluntario que solicite a súa reincorporación terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na súa categoría ou, no caso de estar extinguida, no mesmo grupo. Se, non existindo vacante na súa mesma categoría ou grupo, existise nunha inferior á que exercía, poderá optar a ela ou agardar a que se produza aquela.

Artigo 44

A excedencia forzosa, que dará dereito á conservación do posto e ó cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público ou función sindical electiva, de acordo cos estatutos do sindicato, de ámbito provincial ou superior, que imposibilite a asistencia ó traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público ou función sindical, e a reincorporación producirase inmediatamente.

 

CAPÍTULO X

SEGURIDADE E HIXIENE NO TRABALLO

Artigo 45

As universidades comprométense a cumprir estrictamente as disposicións vixentes na materia, de conformidade co establecido na Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo do 9 de marzo de 1971 e nos artigos 19 e 64 do Estatuto dos Traballadores e demais lexislación vixente.

No caso de non teren Servicio Médico as Universidades asegurarán a realización dunha revisión médica anual para tódolos traballadores.

Artigo 46

En materia de roupa de traballo, a partir do ano 1993, as universidades proporcionaranlles anualmente ós traballadores as seguintes pezas:

- Persoal de mantemento e mozos:

2 fundas e 1 par de botas profesionais ó ano. O calzado subministrarase en atención ás necesidades concretas de cada posto de traballo.

- Auxiliares Técnicos de biblioteca, conserxes e auxiliares de servicios:

2 batas ó ano.

- Auxiliares de laboratorio e persoal de limpeza:

2 batas e 1 par de zocos profesionais ó ano. O calzado subministrarase en atención ás necesidades concretas de cada posto de traballo.

- Persoal de cociña:

2 batas brancas e 1 par de zocos ó ano.

- Mestras/es e educadoras/es:

2 chándales ó ano.

- Xardineiros:

1 traxe de pana, 1 traxe de mahón, 1 par de botas de pel, 1 par de botas de goma profesionais e 2 pares de guantes de xardinería ó ano.

- Médicos, A.T.S., enfermeiros e auxiliares de clínica:

2 batas brancas ó ano.

- Técnicos especialistas de imprenta, de deportes, de laboratorio e de apoio á investigación:

2 batas brancas ó ano.

- Monitores deportivos:

2 chándales e 1 par de tenis ó ano.

- Vixiantes:

2 uniformes cada 2 anos e 1 abrigo cada 3 anos para os vixiantes de noite.

- Conductores:

2 uniformes cada ano.

- Persoal de correos:

2 batas e 1 chuvasqueiro cada 2 anos.

- Socorristas:

2 bañadores, 2 gorros de baño, 1 albornoz e 1 par de zapatillas de goma ó ano.

- Persoal de apoio a actos oficiais:

1 uniforme cada 2 anos.

A subministración de vestiario implica o uso obrigatorio do mesmo durante a xornada de traballo.

Cada uniforme comprende: traxe, camisa, garabata, carpíns e zapatos.

En todo caso entre a Xerencia e o Comité de Empresa determinaranse aquelas necesidades de roupa de traballo que non estean incluídas nos puntos anteriores.

Os traballadores deberán presenta-la súa solicitude, para a subministración das pezas recollidas neste artigo, no servicio de PAS. durante os meses de xaneiro e febreiro de cada ano; entenderanse decaídos nos seus dereitos aqueles traballadores que non fagan a súa solicitude dentro do prazo establecido, agás que isto se deba a causas debidamente xustificadas.

 

CAPÍTULO XI

RÉXIME DISCIPLINARIO

Artigo 47

Nesta materia aplicarase o disposto no artigo 58 do Estatuto dos Traballadores, no título correspondente do Acordo Marco para o persoal laboral da Administración Civil do Estado e os seus organismos autónomos e demais normativas supletorias.

Artigo 48

En calquera caso entenderase que a interrupción do prazo de prescrición das faltas se producirá por calquera acto propio do expediente disciplinario instruído ou da información reservada previa á instrucción do expediente.

 

CAPÍTULO XII

FOMENTO DO EMPREGO

Artigo 49

Dentro da política de promoción do emprego, a xubilación será obrigatoria ó cumpri-lo traballador a idade de sesenta e cinco anos, comprometéndose as universidades a constituíren bolsas de emprego coas vacantes que se produzan por esta causa, incluíndo nas súas ofertas de emprego prazas de idéntica categoría profesional ou outras de distinta categoría que se creen por transformación das citadas vacantes.

As Universidades, a pedimento do Comité de Empresa, informarán das previsións de xubilacións con un ano de antelación á representación sindical, co obxecto de planifica-las futuras vacantes. Esta información e previsión realizarase por centros, reflectindo a categoría profesional e clasificación do posto ou servicios.

Artigo 50

A idade de xubilación establecida no artigo anterior considerarase sen prexuízo de que todo traballador poida completa-los períodos de carencia para a xubilación, supostos nos cales a xubilación obrigatoria se producirá ó completa-lo traballador os ditos períodos de carencia na cotización á Seguridade Socia1.

Artigo 51

O persoal afectado por este convenio poderá xubilarse a partir dos sesenta anos, concedéndoselle unha gratificación, por unha soa vez e polo referido feito, de acordo coa seguinte escala:

 

EDADE

GRATIFICACIÓN

70 anos

220.000 pts.

71 anos

200.000 pts.

72 anos

180.000 pts.

73 anos

145.000 pts.

Artigo 52

Coa previa conformidade do traballador afectado, poderá producirse a xubilación ós 64 anos, segundo o establecido no Real Decreto 1194/1985, do 17 de xullo, naqueles. casos en que a contratación simultánea doutro traballador, esixida no citado Real decreto, sexa aconsellable por circunstancias do servicio ou da función, apreciadas pola Xerencia co informe favorable do Comité de Empresa.

 

CAPÍTULO XIII

ASISTENCIA E ACCIÓN SOCIAL

Artigo 53

Cada Universidade creará no segundo semestre do ano 1992 unha comisión, constituída de forma paritaria, de asistencia e acción social, formada por 3 representantes da universidade e 3 do Comité de Empresa do persoal laboral de administración e servicios, co obxecto de desenvolver unha política nese campo.

Artigo 54

Sen prexuízo das medidas que se desenvolvan, manterase a efectividade das seguintes:

- Ensino universitario. As Universidades habilitarán os medios para conseguir que, a matrícula nos centros universitarios dependentes das Universidades Públicas Galegas, sexa gratuíta para os traballadores activos e xubilados, para o seus cónxuxes ou persoa coa que convivan maritalmente e para fillos ó seu cargo.

- Gardería infantil. Os traballadores da Universidade de Santiago terán os mesmos dereitos de admisión e réxime económico co resto do persoal da universidade no uso da gardería infantil para os seus fillos.

- Incapacidade laboral transitoria. Cada universidade completará as percepcións do traballador durante a situación de ILT ata o 100 por 100 das súas retribucións mensuais durante os 18 meses da ILT.

- Xubilación. Ó se produci-la xubilación dun traballador que teña como mínimo 15 anos de antigüidade recoñecida en calquera das tres universidades que asinan este convenio, percibirá da súa o importe íntegro de tres mensualidades e unha máis por cada cinco anos ou fracción que exceda dos quince de referencia.

- Indemnización por falecemento. Os herdeiros do traballador da Universidade percibirán, en concepto de indemnización por falecemento, a cantidade de 136.500, compatibles con calquera tipo de axuda por esta causa.

- Instalacións deportivas. Os traballadores terán para si, o seu cónxuxe e fillos ó seu cargo, dereito á utilización das instalacións deportivas da súa universidade, nas mesmas condicións cás establecidas para o resto dos membros da comunidade universitaria.

- Anticipos reintegrables. Cada universidade poderá conceder anticipos reintegrables ó seu persoal laboral nas mesmas condicións cás establecidas para os funcionarios públicos.

Artigo 55

Co obxecto de financiar accións dirixidas ó persoal que se acorden na Comisión de Acción Social, ou ben que se complementen ás adoptadas nela, decididas entre a Xerencia e o Comité de Empresa respectivos, constitúese en cada universidade un fondo de acción social para o persoal laboral equivalente, cada ano, ó 1% da masa salarial do ano anterior. Tal fondo dedicarase, prioritariamente, ó:

l.- Financiamento dun seguro por invalidez e morte e mais responsabilidade civil derivada do exercicio profesional para o persoal, incluíndo un seguro complementario para a compensación de accidentes en vehículos automóbiles de propiedade dos traballadores utilizados en actos de servicio.

2.- Financiamento de gratuidade no uso de instalacións e servicios da universidade.

3.- Financiamento de medidas de apoio a traballadores que teñan ó seu cargo fillos diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais.

4.- Financiamento de sistemas complementarios de axudas ó estudio.

5.- Financiamento de anticipos reintegrables.

No suposto de que nalgunha Universidade se chegue a un acordo co Comité de Empresa respectivo, no senso de adicar parte ou todo deste fondo a financiar un plano de pensións, tal fondo quedaría reducido na cantidade que a universidade promotora se comprometa a achegar con caracter premanente ó devandito plano.

 

CAPÍTULO XIV

DEREITO DE REPRESENTACIÓN COLECTIVA DO PERSOAL

Artigo 56

Ningún traballador poderá ser discriminado en razón da súa afiliación sindical e todos poderán expoñer libremente no centro as súas opinións sobre o particular.

Artigo 57

Todo traballador poderá ser elector e elixible para exercer cargos sindicais, sempre que reúna os requisitos previstos no artigo 49 do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 58

Todo traballador poderá dispoñer de vinte horas laborais ó ano como permiso retribuído para asistir a reunións sindicais ou de entidades legalmente constituídas e relacionadas coa súa profesión e á que fose oficialmente citado. Para o uso deste dereito, daráselle comunicación á Xerencia con corenta e oito horas de anticipación e achegando a correspondente citación.

Artigo 59

Sen prexuízo do disposto nos artigos 77 a 81 do Estatuto dos Traballadores, poderá ser constituída a asemblea dos traballadores de cada universidade, dun centro ou de varios centros da mesma. Deberá ser convocada polo Comité de Empresa ou por un 20% dos traballadores do seu cadro de persoal.

Terán dereito a reunirse nun local da súa universidade facilitado pola Xerencia, sen presencia desta. A Xerencia debera recibir comunicación previa de corenta e oito horas e manteranse cubertos, en todo caso, os servicios mínimos.

Artigo 60

No caso de estar negociando un convenio colectivo, poderá reunirse dentro do horario de traballo cun límite de seis horas no período dun mes e con só vintecatro horas de preaviso.

Artigo 61

Os Comités de Empresa e os delegados de persoal poderán acumula-las horas sindicais dos seus membros en un ou en varios deles. O pedimento de acumulación deberá facerse por escrito, con autorización tanto do cedente como do cesionario, resolvendo a xerencia de cada Universidade.

O crédito horario é de caracter persoal, retribuído, mensual e para o exercicio exclusivo de funcións de representación.

Non se poderán acumular nin suma-las horas non utilizadas dun mes para outro.

A acumulación de horas sindicais terá unha duración mínima de 6 meses, debéndose comunicar cunha antelación mínima de 20 días hábiles ó seu inicio. Non obstante, poderanse autorizar acumulacións inferiores cos mesmos requisitos para a realización de actividades concretas sempre que exista credito horario e non fose previamente acumulado.

Artigo 62

Delegados sindicais. Recoñécese o dereito das centrais sindicais a seren representadas por un delegado da súa universidade. O delegado deberá ser traballador en situación de activo da universidade correspondente.

Os sindicatos que aleguen este dereito deben acreditalo de modo que faga fe diante da universidade correspondente, recoñecéndolle esta, acto seguido, ó citado delegado a súa condición de representante do sindicato para tódolos efectos.

Artigo 63

Os membros dos Comités de Empresa e os Delegados/as de Persoal terán os dereitos que lle recoñece a lei e os seguintes:

- Dereito á libre difusión na universidade correspondente das súas publicacións, avisos ou opinións, que lles poidan interesar ós respectivos afiliados ó sindicato e ós traballadores en xeral.

- Dereito de reunión nos locais da súa universidade nas mesmas condicións que se sinalan para a asemblea dos traballadores.

- Os membros dos Comités de Empresa e os Delegados/as de Persoal dispoñerán de tempo retribuído para realizar xestións conducentes á defensa dos intereses do persoal. As horas mensuais necesarias para cubrir esta finalidade fíxanse de conformidade coa seguinte escala:

 

TRABALLADORES/AS

HORAS

Campus de ata 250

35

Campus de 251 a 700

50

Campus de 701 en adiante

60

Dereito a seren informados dos asuntos da súa universidade nos termos fixados para o Comité de Empresa no Estatuto dos Traballadores, debendo observa-lo sixilo profesional recollido no artigo 65.2 do Estatuto dos Traballadores.

Artigo 64

Cada universidade, na medida das súas posibilidades, facilitará un local para a actividade sindical e o material de oficina necesario. Así mesmo dispoñerase de taboleiros de anuncios reservados á libre comunicación sindical en tódolos centros onde sexan precisos.

 

CAPÍTULO XV

FORMACIÓN E PERFECCIONAMENTO DO PERSOAL

Artigo 65

Coa finalidade de desenvolver un Plano anual para a formación e perfeccionamento do persoal créase unha Comisión de Formación para cada universidade, tendo como funcións a análise e a elaboración do Plano de Formación Profesional.

Artigo 66

Os traballadores que cursen estudios oficiais de perfeccionamento profesional, dispensados por centros oficiais terán preferencia para elixir quenda de traballo, así como a adaptación da xornada ordinaria de traballo á asistencia ós cursos, sempre que as necesidades do servicio e a organización do traballo o permitan.

 

ANEXO I

DEFINICIÓNS DE GRUPOS E CATEGORÍAS

ENCADRADAS NO PRESENTE CONVENIO

Grupo I

Nel encadraranse os traballadores titulares de postos de traballo dos que as funcións consistan no desenvolvemento de tarefas propias dunha profesión para o exercicio da cal sexa preciso posuír unha titulación habilitante de licenciado universitario ou equivalente, ou que requiran esa titulación baseándose na cualificación das funcións que se van realizar.

Grupo II

Nel encadraranse os traballadores titulares de postos de traballo dos que as funcións consistan no desenvolvemento e tarefas propias dunha profesión para o exercicio da cal sexa preciso posuír unha titulación habilitante de diplomado universitario ou equivalente ou requiran esa titulación baseándose na cualificación das funcións que se van realizar.

Grupo III

Neste grupo encadraranse os traballadores que desenvolvan funcións propias de actividades profesionais ou de oficios para os que se requira unha formación cualificada ou unha titulación habilitante de Formación Profesional de Segundo Grado ou equivalente, que estará integrado polas categorías relacionadas no anexo II

Grupo IV

Auxiliar técnico de biblioteca. Son as súas funcións, con independencia da potestade de organización que a lexislación vixente lles confirme ás universidades:

1.- Reproducción de encabezamentos de fichas.

2.- Intercalado de ficheiros de usuarios.

3.- Entrega, control, reclamación e renovación de empréstitos.

4.- Expedición, renovación, ordenación e control dos carnés da biblioteca.

5.- Comprobación do estado dos fondos e preparación deles para a súa encadernación, comunicando á dirección da biblioteca o que se encontra na devandita situación.

6.- Orientación ós usuarios sobre o manexo de ficheiros e información xeral dos servicios da biblioteca.

7.- Rexistro e control das fotocopias realizadas e cobranza directa, se é o caso, delas.

8.- Elaboración de estadísticas:

- Empréstitos de libro en sala.

- Empréstitos de libro a domicilio.

- Empréstitos de revistas.

- Fotocopias.

9.- Ordenación de catálogos de editoriais e librerías e control do empréstito.

10.- Reproducción e distribución do boletín de novidades e do boletín de sumarios.

11.- Signaturización de fichas e obras.

12.- Reconto de fondos documentais.

13.- Asumi-las funcións definidas para a categorías de auxiliar de servicios, área de biblioteca e de axudantes de biblioteca a extinguir, na medida en que sexa necesario para o bo funcionamento do servicio.

- Especialistas de oficios. Nesta categoría encadraranse os traballadores que desenvolvan funcións propias de actividades profesionais ou oficios que non estean comprendidos noutros grupos.

- Conserxes. Nesta categoría encadraranse os traballadores que desenvolvan funcións de mando, organización e supervisión en centros de traballo sobre o persoal das categorías de auxiliar de servicios da área de conserxería, vixiante, limpador e mozo de servicio, así como a supervisión do servicio de limpeza, e que desenvolvan funcións de reparacións menores e control das condicións de seguridade e mantemento de edificios e instalacións.

Grupo V

- Telefonistas. Nesta categoría encadraranse os traballadores que atendan servicios xerais de telefonía.

- Vixiantes. Son os traballadores que teñen, ó seu cargo a custodia e vixiancia dos edificios ou espacios coutados, suplindo, se é o caso, ós conserxes e auxiliares de servicios nas súas funcións de apertura e peche de locais, e que atenden a funcións derivadas do control de instalacións de seguridade ou cumprimento de normas de uso de espacios e instalacións.

- Mozos de servicio. Son os traballadores que realizan as funcións de atención e servicio de comedores, a atención e acomodamento dos locais para actividades culturais e espectáculos, a realización de traballos manuais de almacenamento e conservación de materiais, coidado, e alimentación dos animais necesarios para a experimentación, o coidado de instalacións deportivas, limpeza de material e utensilios e en xeral tódalas actividades manuais que non integran propiamente un oficio.

- Auxiliar de servicios. Son as súas funcións as seguintes:

- Na área de conserxería:

1.- Custodia-lo mobiliario, máquinas, instalacións e locais.

2.- Controla-la entrada de persoas alleas ó servicio, recibi-las súas peticións relacionadas con el e darlles información sobre a unidade ou oficina á que deben dirixirse.

3.- Custodia-las chaves dos despachos, oficinas e servicios.

4.- Recibir, conservar e distribuí-los documentos, obxectos e correspondencia.

5.- Atende-las chamadas telefónicas

6.- Manexa-las máquinas fotocopiadoras e outras análogas para as funcións derivadas da actividade administrativa dos negociados e secretarías.

7.- Manexar automóbiles cando sexa necesario para realizar calquera outra función das citadas como propias da categoría.

8.- Colaborar no mantemento ordinario das instalacións en xeral e dos seus sistemas de calefacción, electricidade, fontanería etc. facendo reparacións menores e comunicando ós superiores aqueloutras que non se poidan solucionar directamente.

9.- Atende-lo alumnado nos centros.

10.- Abrir e pecha-los locais.

11.- Realiza-las xestións que se lle encomenden no exterior do edificio tales como previsión e recepción de correo, recollida e entrega de documentación en institucións bancarias ou administrativas, etc.

- Axudantes de bibliotecas "a extinguir" e auxiliar de servicios, na área de Biblioteca " a extinguir".

Son as súas funcións con independencia da potestade de organización que a lexislación vixente lle confire á Universidade:

1.- Atención de consulta en sala e empréstito a domicilio.

2.- Colocar etiquetas en libros e selar estes.

3.- Recollida, transporte e colocación de libros nos seus depósitos e estantes correspondentes.

4.- Vixiancia da orde na sala e do material de publicacións prestadas.

5.- Recepción e entrega do correo da biblioteca.

6.- Recepción e entrega do material da biblioteca. (Encadernacións, material de oficina, etc.).

7.- Encadernación por medio de máquina de canoto dos boletíns informativos das bibliotecas.

8.- Realización de fotocopias dos fondos que non poidan ser reproducidos directamente polos usuarios e, se procede, cobro delas.

Persoal de limpeza " a extinguir". É o encargado de face-la limpeza en aulas, despachos, servicios e demáis dependencias e recintos da institución.

ANEXO II

CLASIFICACIÓN POR GRUPOS E CATEGORÍAS

Grupo I

- TITULADO SUPERIOR

- Profesor de Educación Física.

- Técnico Documentación Informática.

- Periodista.

- Técnico en Actividades Culturais.

- Técnico en Publicacións.

- Técnico Normalización Lingüística.

- Técnico en Orientación Estudiantil.

- Asesor Técnico C.O.I.E.

- Técnico de Emprego.

- Analista Informático.

- Médico de Empresa.

- Arquitecto.

- Traductor.

Grupo II

- DIPLOMADO UNIVERSITARIO

- Técnico en Medios Audiovisuais

- Auxiliar técnico en Documentación Informática.

- Diplomado Servicio de Publicacións.

- Diplomado Normalización Lingüística.

- Arquitecto Técnico.

- Diplomado en Enfermería.

- Técnico de Seguridade.

- Enxeñeiro Técnico.

- Técnico Xestor de Sistemas.

- Encargado técnico do Servicio de Radioisótopos.

- Documentalista.

Grupo III

- Conductor.

- Encargado Instalacións deportivas.

- Técnicos Especialistas en Actividades Deportivas.

- Técnicos Especialistas en Medios Audiovisuais.

- Resonancia Magnética.

- Análise Elemental.

- Raios X.

- Crioxenia.

- Microscopia Electrónica.

- Espectrometría de Masas.

- Vibracional.

- Herbario.

- en Soprado de Vidrio.

- do Museo de Historia Natural.

- da Gardería.

- en Electrónica.

- en Cine e Luminotecnia.

- en Cine e Luminotecnia da Imprenta.

- en Cine e Luminotecnia da Imprenta de informática (Programadores, Operadores)

- en Cine e Luminotecnia da E.U. Óptica.

- Encargado de Actividades Culturais.

- Oficial Administración a extinguir.

- Encargado Mantemento.

- Encargado Xardinería.

- Protésico Dental.

Grupo IV

- Conserxe.

- Encargado de Correos.

- Encargado de Seguridade.

- Monitor Deportivo.

- Especialista das Unidades Deportivas.

- Socorrista.

- Administrativo " a extinguir".

- Carpinteiro.

- Cociñeiro.

- Auxiliar Técnico de Bibliotecas.

- Oficial de Laboratorio.

- Especialista Soprado de Vidrio.

- Almaceneiro.

- Especialistas dos Animalarios.

- Especialista Servicio de Publicacións.

- Intendente da Imprenta.

- Especialistas de Imprenta.

- Delineante.

- Conductor.

- Electricista.

- Pintor.

- Fontaneiro.

- Calefactor.

- Xardineiro.

- Especialista de Prácticas da Facultade de Medicina e Odontoloxía.

Grupo V

- Auxiliar de Servicios.

- Persoal de limpeza " a extinguir".

- Telefonista.

- Mozo de Servicio.

- Vixiantes.

- Calquera outra que se cree durante a vixencia deste Convenio e se encadre dentro de calquera dos grupos a través da correspondente relación de postos de traballo.

 

ANEXO III

PLUSES POR POSTO DE TRABALLO

a) Pluses por especial responsabilidade:

CATEGORIAS

GRUPO

CONTÍA ANUAL

Analistas

3

568.802

Técnicos do C.O.I.E.

3

568.802

Encargados de mantemento e desenvolvemento de aplicacións

4

284.401

Técnicos Xestores de Sistemas

4

284.401

Arquitectos técnicos

4

284.401

Mestres

4

284.401

Diplomados en enfermería

4

284.401

Técnicos especialistas de informática (Programadores e Operadores)

5

113.760

Delineantes

5

113.760

Especialistas SERVIMAV

5

113.760

Telefonistas dos Servi. Xer. de Tel.

5

113.760

Conserxes

5

113.760

b) Pluses de dirección:

CATEGORIAS

GRUPO

CONTÍA ANUAL

Director do SEIN

1

1.137.604

Xefe da unidade técnica

1

1.137.604

Subdirector do SEIN

2

853.203

Xefes de mant., seguridade, obras e proxectos.

2

853.203

Responsable do servicio de medicina de empresa.

2

853.203

Xefe do gabinete de prensa

2

853.203

Director da área deportiva

3

568.802

Director área cultural

3

568.802

Director gardería

3

568.802

Director técn. serv. publicac.

3

568.802

Director técnico SERVIMAV

3

568.802

Rexente imprenta

3

568.802

Resp. Servic. Normal. Lingüíst.

3

568.802

Xefe de Servicio de tradución

3

568.802

c) Pluses de encargados e xefaturas

 

CATEGORIAS

GRUPO

CONTÍA ANUAL

Subdirector área deportiva

4

284.401

Subdirector área cultural

4

284.401

Subdirector técn. serv. publicac.

4

284.401

Sub-rexente imprenta

4

284.401

Encargados unidade teledocument.

4

284.401

Operadores xefes de sala

4

284.401

Encargados de inst. deport.

5

113.760

Encargados instalac. culturais

5

113.760

Encargados serv. interc. cient.

5

113.760

Encargado do parque móbil

5

113.760

Encargado da unidade de correos

5

113.760

Encargados dos animalarios

5

113.760

Encargado do soprado de vidro

5

113.760

Encargado de taller

5

113.760

Encargado de xardinería

5

113.760

Encargado de vixiantes

5

113.760

ANEXO IV

RETRIBUCIÓNS BÁSICAS

15 pagas

GRUPO

SOLDO ANUAL

SOLDO MENSUAL

PLUS PERIGOSIDADE

1

3.193.592

212.906

42.581

2

2.670.489

178.033

35.607

3

2.149.114

143.274

28.655

4

1.824.874

121.658

24.332

5

1.638.263

109.218

21.844

 

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS:

Disposición Transitoria Primeira:

Aquelas universidades que aínda non teñan definida e aprobada a súa relación de postos de traballo do persoal laboral, procederán á súa aprobación e publicación antes do 31 de decembro de 1992.

Disposición Transitoria Segunda:

As universidades elaborarán o manual de funcións do persoal laboral antes do 31 de decembro de 1993, o cal será aprobado polos órganos competentes, logo de acordo da comisión paritaria. Unha vez aprobado, substituirá ás definicións contidas no anexo I do presente Convenio.

Disposición Transitoria Terceira:

As funcións descritas no anexo I deste convenio permanecerán vixentes en tanto non se aprobe o manual de funcións.

Disposición Transitoria Cuarta:

A relación de pluses de postos de traballo contida no anexo III do presente convenio manterase en vigor en tanto en canto non sexa modificada a través das correspondentes relacións de postos de traballo.

Disposición Transitoria Quinta:

O persoal do Servicio de Traducción, unha vez que este se adscriba ós Servicios Xerais da Universidade de Santiago, pasarán a integrarse no presente Convenio nos grupos que corresponda de acordo coa titulación esixida e as funcións do posto de traballo, todo isto con efectos dende a data da súa aprobación polo órgano competente.

DISPOSICIÓN ADICIONAL:

Aqueles traballadores que no momento da sinatura do presente Convenio, estean a disfrutar dunha cesión de uso gratuíta dalgunha das vivendas situadas nos inmobles de titularidade das Universidades Galegas, estarán suxeitos ás seguintes normas:

A cesión de uso estará directamente vencellada á ocupación efectiva dun posto de traballo, sen que poida existir posibilidade de sub-rogación, alugueiro, ou sub-alugueiro por parte do traballador.

O traballador estará obrigado a ocupa-la vivenda. No caso de non facer uso dela durante o período de dous meses ó ano, sen causa debidamente xustificada, a Universidade pode proceder a dar por rematada a cesión de uso.

Serán por conta do traballador os gastos correntes derivados da utilización da vivenda obxecto da cesión; tales como luz, auga, teléfono, calefacción e outros que puidesen existir. Para tal fin a Universidade posibilitará a instalación de contadores que permitan unha efectiva imputación deses gastos ó titular da cesión.

DISPOSICIÓN FINAL:

1.- En todo o non recollido no presente convenio atenderase á lexislación laboral que lle é de aplicación. En defecto desta, atenderase ó acordo entre ambas partes, formalizado mediante pacto. No caso de non chegar a un acordo aplicarase, sempre que a natureza do tema o permita, como criterio interpretativo supletorio o réxime legalmente establecido para os funcionarios".

2.- Se por disposición legal ou regulamentaria ó persoal funcionario das Universidades se lle recoñecera melloras no seu réxime de xornada e horario, vacacións, permisos, licencias e asistencia social, estas aplicaranse automaticamente ó persoal suxeito a este convenio".