Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Xestión presupostaria  »  INSTRUCCIÓN DA XERENCIA SOBRE APLICACIÓN DO REGULAMENTO DE XESTIÓN PRESUPOSTARIA DOS SERVICIOS CENTRAIS DA UNIVERSIDADE DO 26 DE XULLO DE 1988

INSTRUCCIÓN DA XERENCIA SOBRE APLICACIÓN DO

REGULAMENTO DE XESTIÓN PRESUPOSTARIA DOS

SERVICIOS CENTRAIS DA UNIVERSIDADE

DO 26 DE XULLO DE 1988

Téndose publicado no DOG do 27 de xuño de 1988 a Resolución pola que se aproba o Regulamento de Xestión Presupostaria da Uiversidade, e en aplicación a disposición adicional primeira, esta Xerencia procede a dicta-las instruccións de aplicación do regulamento nos servicios centrais, consistentes en:

PRIMEIRA.-

Tódolos gastos que se vaian orixinar nos servicios centrais deberán ser autorizados polo Xerente ou polo Vicerrector de Asuntos Económicos, mediante a formalización das follas de pedimento establecidas ó efecto, que deberán tramitarse a través do NEGOCIADO DE SERVICIOS E ADQUISICIÓNS do Servicio de Xestión Económica, que as pasará a asinar ós devanditos cargos (antes indicados).

SEGUNDA.-

A folla de pedimento deberá ser cuberta polos Servicios, Seccións, etc. No recadro onde figuran os datos do Centro de Gasto, deberá figurar como Centro de Gasto: RECTORADO (SERVICIO, SECCIÓN DE.......), atendendo a quen propoña o gasto,e como Centro ou Servicio Universitario: Servicio de Xestión Económica.

TERCEIRA.-

Os Vicerrectorados que teñen asignados créditos propios, os gastos que se produzan con cargo a estos créditos específicos deberán ser autorizados polo Vicerrector correspondente e tramitados a través da unidade administrativa adscrita.

CUARTA.-

O Servicio de Control Interno ten as funcións de asesoramento e coordenación na execución do regulamento, polo que deberá ser consultado cando xurdan dúbidas na aplicación do regulamento e instruccións de desenvolvemento.