ADECUACIÓN DE PROCEDEMENTOS ADMINISTRATIVOS UNIVERSITARIOS LEI 30/1992
(RESOLUCIÓN RECTORAL DO 16 DE MARZO DE 1995)
( D.O.G. DO 26 DE XULLO DE 1995 )
A Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, establece na súa disposición adicional terceira, segundo a redacción dada a esta polo Real Decreto-Lei 14/1993, do 4 de agosto que se adecuarán á mesma as normas reguladoras dos distintos procedementos administrativos, calquera que sexa o seu rango, e sinalando expresamente os efectos estimatorios ou desestimatorios que se produzan pola falta de resolución expresa.
A entrada en vigor do mecanismo das resolucións presuntas dende o 28 de agosto de 1994, fai necesario determinar, respecto de cada procedemento, os prazos para resolver e os efectos desestimatorios ou estimatorios que a falta de resolución expresa produce.
A tal fin e co obxecto de facilitarlles ós administrados un mellor coñecemento dos seus dereitos e de garantirlles unha maior seguridade xurídica, examinados os procedementos administrativos nos que intervén a Universidade de Santiago de Compostela e de acordo coa disposición adicional terceria e co art. 43.5 da devandita lei, efectúase a adecuación dos procedementos administrativos que se tramitan na Universidade de Santiago de Compostela á Lei 30/1992, do 26 de novembro, nos seguintes térmos:
1.- PRAZOS PARA RESOLVER E EFECTOS DA FALTA DE RESOLUCIÓN EXPRESA.
Os procedementos universitarios que se detallan no anexo deberán ser resoltos no prazo máximo indicado no mesmo.
Transcurrido o prazo máximo para resolver o procedemento sen que recaese resolución expresa, poderase entender estimada ou desestimada a solicitude, de acordo co establecido para cada suposto no anexo, requiríndose, para a eficacia das resolucións presuntas, a certificación prevista no artigo 44 da Lei 30/1994, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
2.- RECURSOS
As Resolucións do Rector e os acordos do Claustro Universitario, da Xunta de Goberno e do Consello Social esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa.
As Resolucións dos restantes órganos universitarios colexiados ou unipersonais non poñerán fin á vía administrativa, sendo susceptibles de recurso ordinario no prazo de un mes ante o Rector.
As referencias ó Recurso de Alzada incluídas en regulamentacións ou acordos da normativa propia da Universidade de Santiago de Compostela, entenderanse feitas ó Recurso Ordinario . Asi mesmo as referencias ó Recurso de Reposición teranse por non postas, posto que a dita figura non está vixente no ámbito administrativo universitario.
Así mesmo, contra os acordos e resolucións que non esgoten a vía administrativa, poderá formularse reclamación administrativa cando a normativa específica así o contemple ou cando o esixa a natureza do procedemento e así se indicase ó interesado
na notificación do acto administrativo. En defecto de previsión expresa, o prazo para formular a reclamación será de quince días e para resolvela disporase de trinta días.
3.- EFECTOS.
Apróbase a relación recollida no anexo a esta Resolución dos procedementos administrativos de competencia da Universidade de Santiago de Compostela, nos que a falta de resolución expresa por parte da Universidade nos prazos expresamente previstos para cada un deles, produce efectos desestimatorios ou estimatorios.
Nos restantes procedementos en materia de xestión universitaria e de persoal non incluídos no anexo da presente Resolución, iniciados en virtude de solicitudes formuladas polos interesados e cando non recaese resolución expresa por parte da Universidade no prazo de tres meses sinalado no art. 42.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, entenderanse aquelas desestimadas.
Os procedementos incluídos no ámbito de aplicación da presente Resolución que se iniciaran antes da súa entrada en vigor rexeranse pola normativa anterior.
As resolucións dos procedementos incluídos no ámbito de aplicación desta Resolución, adoptados con posterioridade á súa entrada en vigor, aplicaráselles o sistema de recursos establecido no capítulo II do título VII da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
A presente Resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
| PROCEDEMENTO | ÁMBETO | RESOLUCIÓN | PRAZOS | EFECTOS |
|---|---|---|---|---|
| Revisión cualificación das probas de acceso á Universidade | XESTIÓN ALUMNOS | RECTOR | 1 mes | DESESTIMATORIO |
| Solicitude Preinscrición e de matriculación maiores 25 anos | " " | RECTOR | 2 meses | " " |
| Solicitudes de alumnos de admisión de traslados para realizar probas de acceso, iniciar estudios universitarios sen límite de prazas ou continuar estudios universitarios. | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Ingreso no segundo ciclo en titulacións con limitación de prazas. | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Admisión en programas doutoramento de Terceiro Ciclo | " " | DTOR. DEPART. | 3 meses | " " |
| Matriculación nos tres ciclos de Estudios Universitarios | " " | RECTOR | 6 meses | ESTIMATORIO |
| Validación e Adaptación | " " | RECTOR | 3 meses | DESESTIMATORIO |
| Modificacións de matrícula | " " | RECTOR | 3 meses | DESESTIMATORIO |
| Simultaneidade de Estudios | " " | RECTOR | 3 meses | ESTIMATORIO |
| Devolución de Prezos Públicos | " " | RECTOR | 3 meses | DESESTIMATORIO |
| Reclamacións sobre cualificacións de exames | " " | DECANO OU DIRECTOR | 3 meses | " " |
| Recurso ordinario sobre calificacións de exames | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Modificación actas exames 1º, 2º e 3º ciclo | " " | SECRETARIO XERAL | 3 meses | " " |
| Recoñecemento subvencións prezos públicos por serv. académicos e bolsas | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Admisión a trámite da lectura de teses e traballos fin estudios | " " | COMISION DE DOUTORAMENTO | 3 meses | " " |
| Peticións de alumnos non contemplados nos procedementos anteriores | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Bolsas e axudas de Estudio | " " | PRES.COMISION BOLSAS | 6 meses | " " |
| Outras axudas de estudio | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Permiso polo nacemento dun fillo; morte ou enfermidade dun familiar | XESTIÓN DE PERSOAL | PAS: XERENTE, DECANOS E DIRECTORES
P. DOCENTE: RECTOR OU VICERRRECTOR PROFESORADO |
3 días | ESTIMATORIO |
| Permisos por traslados de domicilio sen cambio de residencia | " " | PAS: XERENTE, DECANOS E DIRECTORES
P. DOCENTE: RECTOR OU VICERRECTOR PROFESORADO |
5 días | " " |
| Permisos para concorrer a exames finais | " " | PAS: XERENTE, DECANOS EDIRECTORES
P. DOCENTE: RECTOR OU VICERRECTOR PROFESORADO |
5 días | " " |
| Permisos para ausencia do traballo para o coidado de fillo menor de 9 meses | " " | " " | 3 días | " " |
| Permisos para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal | " " | " " | 3 días | " " |
| Permisos para maternidade ou adopción | " " | " " | 5 días | " " |
| Permisos para asuntos particulares | " " | " " | 5 días | " " |
| Reducción de xornada por razóns de garda legal | " " | " " | 10 días | " " |
| Permisos sindicais | " " | " " | 3 meses | " " |
| Permisos asistencia a cursos de selección, formación e perfeccionamento | " " | " " | 1 mes | ESTIMATORIO |
| Licencia por matrimonio | " " | " " | 10 días | " " |
| Excedencia para o coidado de fillos | " " | RECTOR | 10 días | " " |
| Excedencia voluntaria por outra actividade no sector público | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Excedencia voluntaria por interese particular | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Servicios Especiais | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Servicios noutras administracións públicas | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Ampliación de xornada por quen a ten reducida por garda legal | " " | XERENTE | 10 días | " " |
| Suspensión contrato traballo por servicio militar ou prest. substit. | " " | RECTOR | 15 días | " " |
| Suspensión contrato traballo por desempeño de posto de alto cargo ou cargo electivo | " " | RECTOR | 15 días | " " |
| Reingreso ó servicio activo de persoal con reserva de praza e destino | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Reingreso procedente de suspensión por tempo inferior a 6 meses | " " | RECTOR | 15 días | " " |
| Renuncias á condición de funcionario | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Solicitude contratación Profesores Eméritos | " " | RECTOR | 3 meses | DESESTIMATORIO |
| Avaliación de Persoal Docente para o recoñecemento do complemento de mérito docente | " " | XUNTA GOBERNO | 3 meses | " " |
| Reclamac. contra propostas das Comisións Selección de profesorado contratado | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Comisións de Servicio do persoal docente | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Nomeamento de Bolseiros con cargo a contrato/convenio e proxectos de investigación | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Reclasificacións profesionais | XESTION DE PERSONAL | RECTOR | 1 mes | DESESTIMATORIO |
| Permiso para desenvolver docencia e investigación | " " | RECTOR | 1 mes | " " |
| Permiso para desenvolver estudios polo persoal docente e investigador | " " | RECTOR | 1 mes | " " |
| Recoñecemento de Servicios Previos a efectos de antigüidade | " " | PAS: XERENTE
P. DOCENTE: RECTOR OU VICERRECTOR DE PROFESORADO |
3 meses | " " |
| Solicitude de cambio de destino do PAS | " " | PAS: XERENTE | 1 mes | " " |
| Recoñecemento do cumprimento de trienios | " " | XERENTE
P. DOCENTE: RECTOR OU VICERRECTOR DE PROFESORADO |
3 meses | " " |
| Recoñecemento de grao | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Prórroga de contratos persoal docente | " " | RECTOR OU VICERRECTOR DE PROFESORADO | 1 mes | " " |
| Cambios de adicación persoal docente | " " | RECTOR OU VICERRECTOR DE PROFESORADO | 3 meses | " " |
| Solicitude de traslado persoal docente | " " | RECTOR OU VICERRECTOR DE PROFESORADO | 3 meses | " " |
| Cambios de área persoal docente | " " | RECTOR OU VICERRECTOR DE PROFESORADO | 3 meses | " " |
| Actualización de prezos nos contratos administrativos | XESTIÓN ECONÓMICA | RECTOR | 3 meses | ESTIMATORIO |
| Revisión de prezos dos usuarios de servicios públicos | " " | RECTOR | 3 meses | " " |
| Solicitude de permutas patrimoniais | " " | CONSELLO SOCIAL | 3 meses | DESESTIMATORIO |
| Solicitude de doazóns patrimoniais | " " | CONSELLO SOCIAL | 3 meses | " " |
| Uso de bens patrimoniais: instalacións dos centros | " " | DECANOS E DIRECTORES | 1 mes | DESESTIMATORIO |
| Uso de bens patrimoniais: instalacións xerais | " " | RECTOR | 1 mes | " " |