NORMATIVA POLA QUE SE REGULA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR CONTRATADO E INTERINO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
(Aprobada polo Consello de Goberno o 17 de febreiro de 2005)
(Modificada polo Consello de Goberno o 22 de xullo de 2009)
TÍTULO PRELIMINAR
TÍTULO I
TÍTULO II
ANEXOS
Consonte ó establecido no artigo 21 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) correspóndelle ó Consello de Goberno aprobar un regulamento de persoal docente e investigador no marco das bases que estableza o Claustro.
O Claustro na súa sesión do día 2 de decembro de 2004 acordou, ó abeiro da Disposición transitoria décima dos estatutos, que en tanto no se produzan as modificacións normativas anunciadas polo Goberno, o Consello de Goberno aprobe unha normativa provisoria para aqueles aspectos que precisan dunha regulación inmediata axustada ó actual marco normativo.
Tendo en conta que é necesario prover prazas de persoal docente e investigador contratado e interino, cómpre establecer a regulación que permita resolver os correspondentes concursos.
En consecuencia, o Consello de Goberno, na súa reunión do 17 de febreiro de 2005, ACORDOU a presente Normativa pola que se regula a selección do persoal docente e investigador contratado e interino da Universidade de Santiago de Compostela.