Saltar ao contido principal
Inicio  »  Normativa  »  Profesorado  »  CONCERTO ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O SERVICIO GALEGO DE SAÚDE, PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS NA INVESTIGACIÓN E DOCENCIA UNIVERSITARIAS
CONCERTO ENTRE A UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA E O SERVICIO GALEGO DE SAÚDE, PARA A UTILIZACIÓN DAS INSTITUCIÓNS SANITARIAS NA INVESTIGACIÓN E DOCENCIA UNIVERSITARIAS
(D.O.G. de 29 de xuño do 2001)
(Corrección de erros D.O.G. nº 185, 24-setembro-2001, e nº 194, 5-outubro-2001)
O Excelentísimo Señor don Manuel Fraga Iribarne, Presidente da Xunta de Galicia, o Magnífico e Excelentísimo Señor don F. Darío Villanueva Prieto, Rector da Universidade de Santiago de Compostela, e o Excelentísimo Señor don José María Hernández Cochón, Presidente do Servicio Galego de Saúde,
 
EXPOÑEN
Que a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde veñen colaborando na formación práctica dos estudiantes do eido das Ciencias da Saúde desde hai xa longo tempo. Esta colaboración desenvolveuse no marco do Concerto que no seu día asinaron o delegado general do Instituto Nacional de Previsión, e o rector magnífico da USC para a cooperación entre o daquela Hospital Clínico da Facultade de Medicina e a Seguridade Social.
O lexislador, consciente da importancia que ten o ensino práctico para as disciplinas integradas no eido das Ciencias da Saúde, e da necesidade de que aquela se integre nas estructuras e servicios do sistema sanitario articulou unha serie de previsións básicas para garantir o nivel práctico da docencia nos estudios que a integran.
A disposición adicional sexta da Lei Orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de Reforma Universitaria, encomendou ó Goberno que establecese as "bases xerais do réxime de concertos entre as Universidades e as institucións sanitarias nas que se deba impartir ensino universitario e outras que así o esixiran".
O artigo 104 da Lei 14/1986, do 25 de abril, Xeral de Sanidade garantiu a disponibilidade da estructura asistencial do sistema sanitario para a docencia pregraduada, posgraduada e continuada dos profesionais, e remitiu ás Administracións públicas competentes en educación e sanidade o establecemento do réxime de concertos entre as universidades e as Institucións Sanitarias nas que se deba impartir ensino universitario, para os efectos de garantir a docencia práctica da Medicina e Enfermería e outras ensinanzas que así o esixiran.
Así mesmo o artigo 105 da Lei Xeral de Sanidade, preveu a posibilidade de establecer a vinculación de determinadas prazas asistenciais das Institucións Sanitarias con prazas docentes dos Corpos dos Profesores de
Universidade, no marco da planificación asistencial e docente das Administracións públicas e do réxime de concertos entre as Universidades e as Institucións Sanitarias.
En cumprimento dos mandados anteriores o Goberno dictou o Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño, polo que se estableceron as bases xerais do réxime sobre concertos entre as universidades e as institucións sanitarias e outra normativa de concordante aplicación, a Orde do 31 de xullo de 1987 pola que se estableceron os requisitos das institucións sanitarias que aspiren a ser concertadas coas universidades en virtude do cal procede levar a cabo o presente concerto.
No mesmo prevense os seus obxectivos xerais e o réxime de colaboración entre a USC e as institucións sanitarias que se concertan, de acordo cos principios xerais de participación, coordinación e eficacia respecto do servicio público que constitúa o seu obxecto, isto é, a busca da mellor preparación dos futuros profesionais do eido das Ciencias da Saúde, e a busca da súa excelencia, a adecuada asistencia sanitaria e a potenciación da investigación precisa para o desenvolvemento das referidas ciencias a favor do benestar social no eido da saúde.
De acordo con estes presupostos establécense as seguintes especificacións:
 
Primeira.- Obxectivos xerais.
Sinálanse como obxectivos xerais do presente concerto os seguintes:
1. Docentes:
A. Promover a máxima utilización dos recursos humanos e materiais de
atención especializada e atención primaria que se concertan para a docencia universitaria das diversas ensinanzas sanitarias no nivel de pregrao e posgrao, favorecendo a actualización das mesmas e a súa continua mellora de calidade.
A colaboración estará orientada á formación clínica e sanitaria dos alumnos de calquera dos estudios de pregrao e posgrao naquelas titulacións ou materias relacionadas coas Ciencias da Saúde. No caso de estudios de terceiro ciclo, esta formación estenderase á metodoloxía e ás técnicas da investigación sanitaria.
B. Cooperar no mantemento da cualificación dos profesionais da saúde ó seu máis alto nivel, coidando da súa actualización e reciclaxe e favorecendo a súa incorporación á docencia universitaria.
2. Asistenciais:
A. Cooperar para que as investigacións e ensinanzas universitarias relacionadas coas Ciencias da Saúde, poidan ser utilizadas para a mellora constante da atención sanitaria, preservando en todo momento a unidade de funcionamento asistencial das institucións sanitarias.
B. Prever que coincidan a maior calidade asistencial coa consideración do Hospital Universitario e institucións asociadas coa Universidade, dentro do oportuno sistema de sectorización e rexionalización da asistencia universitaria.
3. De investigación:
  1. Potenciar a investigación das Ciencias da Saúde, coordinando as actividades da Universidade de Santiago de Compostela coas das institucións sanitarias para unha mellor utilización dos recursos humanos e materiais.
  2. Favorecer o desenvolvemento dos departamentos universitarios nas áreas da saúde, potenciando a súa coordinación coas unidades de investigación dos hospitais e demais institucións santiarias, estimulando as vocacións investigadoras.
 
Segunda.-
Para a consecución dos obxectivos definidos no presente concerto deberá alcanzarse unha plena e adecuada coordinación entre os diferentes servicios ou unidades asistenciais e os correspondentes departamentos universitarios, favorecendo, por un lado, a incorporación de profesionais sanitarios á docencia universitaria e, doutro, a de profesores universitarios das áreas de coñecementos relacionadas coas Ciencias da Saúde a actividades docentes, asistenciais e investigadoras dos centros sanitarios concertados. Así mesmo, proveerase, de forma progresiva e de acordo ás actividades desenvolvidas, a necesaria dotación de recursos persoais e materiais e estableceranse fórmulas de motivación e incentivación profesional.
 
Terceira.-
1. En cumprimento do artigo 4 do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, terá a consideración de Hospital Universitario:
Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
2. Así mesmo terán a consideración de servicio de atención primaria asociado:
S.A.P. Vite
S.A.P. Fontiñas
S.A.P. Concepción Arenal
3. Estes centros, no que se refire a actividades docentes e investigadoras, actuarán en coordinación cos departamentos universitarios ós que se vinculen.
 
Cuarta.-
Ós fins do presente concerto poderá outorgarse a consideración de hospitais e/ou centros asociados ás institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, en función dos recursos e dispoñibilidades existentes en cada momento, en atención ás necesidades docentes, investigadoras e asistenciais.
 
Quinta.-
1. Dentro do mes seguinte á aprobación do presente concerto, constituirase unha Comisión Mixta Universidade de Santiago (USC)-SERGAS para interpretar e velar polo seu cumprimento, segundo prevé o artigo 4, base sexta, do Real Decreto 1558/1986.
2. A Comisión Mixta estará composta por un total de dez membros, que actuarán en representación da Universidade de Santiago de Compostela e do Servicio Galego de Saúde, en idéntica proporción por cada unha das entidades concertantes.
3. A composición da Comisión Mixta será a seguinte:
a) Por parte da USC:
Rector ou persoa en quen delegue
Decano da Facultade de Medicina
Tres membros da Universidade designados polo rector
b) Por parte do SERGAS:
Presidente do Servicio Galego de Saúde, ou persoa en quen delegue
Director xeral de Asistencia Sanitaria
Director xeral de Recursos Económicos
Director xeral de Recursos Humanos
Xerente xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
Se por razón da modificación da estructura orgánica do Sergas se alterase a actualmente vixente, a composición da Comisión Mixta adaptarase correlativamente á nova estructura orgánica que se cree.
Cada membro, agás o rector e o presidente do Sergas, terá os seus respectivos suplentes, que serán designados pola máxima autoridade de cada unha das Administracións representadas e debidamente notificadas á Comisión Mixta.
Cando os asuntos que se vaian tratar na orde do día afecten ó resto de centros concertados deberá ser convocado á reunión o director xerente dos mesmos, neste caso terá voz e voto nos asuntos que o afecten, respectando a composición numérica da dita comisión.
4. O regulamento interno de funcionamento será aprobado no prazo de seis meses desde a súa constitución.
5. A Comisión Mixta reunirase con carácter ordinario cada semestre e con carácter extraordinario cando o decida o presidente, por propia iniciativa ou a instancia de polo menos tres dos seus membros.
En todo caso, para a válida constitución, esixirase, previa convocatoria, a asistencia, como mínimo, da maioría simple de cada unha das partes.
6. Para a válida adopción de acordos, unha vez constituída, requirirase, como regra xeral, o voto favorable de oito dos seus membros, salvo que no presente Concerto ou no regulamento de réxime interno, expresamente, se determine outra cousa.
7. Actuará como presidente da Comisión Mixta o rector da Universidade ou persoa en quen delegue ou o Presidente do SERGAS ou persoa en quen delegue, de forma alternativa, con carácter anual, desde a data da súa constitución.
A presidencia incial será exercida polo rector da USC
Son funcións do presidente:
  1. Convocar as reunións da Comisión Mixta
  2. Sinalar a orde do día
  3. Dirixir e moderar as reunións
  4. Velar polo cumprimento dos acordos que se adopten no seo da Comisión
  5. Cursar a invitación a expertos, cando se acorde a súa participación para os efectos de seren oídos en materias nas que, por estimalo así a Comisión Mixta, se considere necesario o seu asesoramento.
8. O presidente será asistido por un secretario de actas con voz pero sen voto, que será persoal funcionario ou estatutario da Administración Sanitaria, nomeado pola Comisión Mixta, segundo proposta do Sergas e previo informe da mesma ó rector.
A Comisión Mixta determinará por acordo a sede da Secretaría.
A Secretaría custodiará toda a documentación que se desprenda da tarefa da Comisión Mixta e fará chegar os acordos adoptados ás partes afectadas.
9. Serán competencias da Comisión Mixta, as seguintes:
  1. Velar polo cumprimento do concerto, tendo en conta a estructura deparatamental prevista na LRU, Lei Xeral de Sanidade e nos Estatutos da USC, así como a estructura funcional das institucións sanitarias, favorecendo en todo caso o normal desenvolvemento das actividades asistenciais, e a correcta aplicación dos programas docentes e de investigación.
  2. Establecer fórmulas de coordinación entre actividades asistenciais, docentes e investigadoras, coordinar a organización das prácticas clínicas de pregrao e posgrao, respectando as competencias da Universidade e das institucións sanitarias na planificación e organización dos seus servicios e unidades, e a prestación do servicio de asistencia sanitaria.
  3. Sen prexuízo das competencias atribuídas legal e regulamentariamente ós órganos respectivos, corresponde á Comisión Mixta adoptar os acordos sobre propostas de vinculación de prazas. Así mesmo, a Comisión Mixta poderá elaborar informes e estudios relativos á necesidade de reducir ou ampliar o número de prazas vinculadas e de profesor asociado destinadas ó persoal de institucións sanitarias concertadas, así como analizar os informes que os departamentos universitarios emitan ó respecto. A Comisión Mixta poderá cursar propostas de modificación deste cadro de persoal ós órganos competentes na materia.
  4. Designar os membros da Comisión de Investigación que coordinará as actividades das comisións de investigación dos centros asociados.
  5. Propoñer anualmente, dentro dos límites orzamentarios, as cantidades destinadas a cofinanciar as infraestructuras ou requirimentos mínimos para a investigación e o seu mantemento.
  6. Elaboración de informes sobre o número de alumnos que deban de acceder ás carreiras sanitarias da USC en función das necesidades asistenciais do sector, sen prexuízo da competencia de proposta da USC ó Consejo de Unversidades.
  7. Propoñer, oída a Comisión de Investigación, a colaboración e actuación conxunta na investigación e desenvolvemento naquelas áreas que se consideren estratéxicas e prioritarias no ámbito do presente concerto.
  8. Propoñer e promover a implantación daquelas innovacións no campo da sáude que esixan esforzos conxuntos de ámbalas dúas institucións ou que polo seu custo ou outras razóns deban limitarse a centros cualificados da rede, sen prexuízo das competencias que en materia de custo e investimentos atribúa a lexislación vixente ós órganos respectivos.
  9. Sen prexuízo das competencias que en materia de persoal corresponda a cada Administración, a Comisión Mixta supervisará o réxime de prestación de servicios e as condicións de dedicación profesional dos profesores vinculados e asociados, respectando sempre a súa dedicación docente, asistencial e de investigación, podendo establecer fórmulas de coordinación entre as tres actividades, sen que implique menoscabo de ningunha delas, atendendo ó carácter singular da actividade docente-asistencial.
  10. Promover o desenvolvemento conxunto dunha biblioteca de ciencias da saúde unindo recursos das Administracións implicadas co fin de satisfacer as necesidades dos profesionais asistenciais, docentes e investigadores.
  11. Establecer, oída a Comisión de Dirección da institución, a forma de acceso e participación nos servicios das institucións concertadas, do persoal académico da Universidade que, sen pertencer ó cadro das ditas institucions, necesite intervir nos referidos servicios por razón da súa actividade docente ou investigadora -no marco dun proxecto concreto-, e sempre baixo a autorización da Dirección do centro.
  12. Propoñer ás autoridades competentes as modificacións do concerto que se estimen convenientes.
  13. Interpretación do presente concerto, sen que en ningún caso poida introducir alteracións ó mesmo. Os acordos que se adoptaran vulnerando está regra serán nulos de pleno dereito.
  14. Calquera outras establecidas no presente Concerto
 
Sexta.-
1. As institucións comprométense a coordinaren as actividades de investigación que realicen os departamentos universitarios e os servicios sanitarios concertados, de acordo co establecido na Lei de Reforma Universitaria e na Lei Xeral de Sanidade. Ámbalas dúas institucións comprométense a garantir o dereito e a obriga de realizar as actividades de investigación que son inherentes á condición de profesores universitarios. En particular:
  1. Promoveranse plans de investigación conxunta nas áreas das ciencias da saúde, elaborándose, de común acordo, por parte das institucións concertantes.
  2. Promoverase a formación de equipos de investigación integrados por persoal de ámbalas dúas institucións.
  3. Facilitarase a utilización conxunta dos recursos humanos, materiais e institucionais destinados á investigación en cada institución.
  4. Garantirase a organización de servicios básicos comúns de apoio á investigación.
  5. Establecerase un sistema de intercambio de información sobre as actividades de investigación que se desenvolvan, os inventarios de medios materiais e instrumentais de que se dispoña, a producción científica que se xere, os programas de financiamento que se obteñan e calquera outra información que permita unha maior coordinación e cooperación entre as institucións concertantes.
2. A Comisión de Investigación estará integrada por cinco profesores numerarios da área de ciencias da saúde a proposta da USC, e cinco profesores doutores con funcións asistenciais, a proposta do Sergas. Tódolos membros estarán en posesión do grao de doutor.
Garantirase a representación na dita comisión dos responsables das comisións de investigación dos centros ou institucións concertadas ou que no futuro se adscriban ó ámbito do presente concerto.
A Comisión de Investigación estará presidida por un profesor-doutor con funcións asistenciais, nomeado polo Sergas, de acordo co rector da Universidade, por un período máximo de catro anos.
3. Para a válida constitución da Comisión de Investigación esixirase, previa convocatoria, a asistencia, como mínimo, da maioría simple de cada unha das partes.
Para adopción de acordos, unha vez constituída, requirirase como regra xeral o voto favorable de oito dos seus membros, agás que expresamente se determine outra cousa.
4. O presidente estará asistido por un secretario de actas, persoal da administración sanitaria, nomeado polo Sergas previo informe do rector. O secretario non terá a condición de membro da Comisión.
O secretario de actas custodiará toda a documentación que se desprenda da tarefa da Comisión de Investigación e fará chegar os acordos adoptados ás partes afectadas.
5. Serán funcións da Comisión de Investigación:
  1. Confeccionar e supervisar o inventario dos recursos e necesidades de investigación.
  2. Realizar o seguimento da actividade investigadora no ámbito do presente concerto.
  3. Articular fórmulas de coordinación da actividade desenvolvida nos distintos centros concertados.
  4. Elaborar unha memoria anual da actividade desenvolvida, do grao de execución do orzamento e dos traballos realizados que será presentada ante a Comisión Mixta
  5. Avaliar os programas e traballos científicos que se propoñan para o seu financiamento con cargo ós fondos derivados do disposto na letra e) do parágrafo 9 da cláusula quinta, emitindo os correspondentes informes técnicos e económicos.
  6. Deseñar as liñas básicas da investigación bio-sanitaria.
  7. Propoñer á Comisión Mixta programas concretos de investigación que se considere necesario desenvolver no ámbito deste concerto.
  8. Propoñer e promover a integración de departamentos de ciencias básicas da Saúde nos proxectos de investigación que se considere oportuno.
  9. Colaborar e facilitar a información reciproca da política de bolsas e proxectos de investigación que leven a cabo as institucións incluídas no ámbito do presente concerto.
  10. Propoñer a participación e colaboración dos profesores de departamentos básicos coas unidades de investigación dos centros concertados.
  11. Propoñer a adscrición temporal ás unidades de investigación da USC de profesionais sanitarios non vinculados nin asociados de acordo coa normativa de aplicación na USC.
  12. Sen prexuízo das atribucións encomendadas ó Comité Ético, corresponderalle o seguimento dos programas de investigación co fin de que se axusten ás normas éticas e deontolóxicas contidas no R.D. 561/1993, do 16 de abril, polo que se establecen os requisitos para a realización de ensaios clínicos con medicamentos.
  13. Propoñer a colaboración con outros proxectos de investigación.
6. A fin de facilitar a xeración de equipos conxuntos de investigación e sen prexuízo do cumprimento das tarefas docentes e asistenciais que lle corresponda ós profesores asociados e colaboradores pertencentes ós servicios concertados, as institucións concertadas recoñécenlles:
  1. A capacidade de acceso ós medios materiais, instrumentais e institucionais de investigación en igual medida que o persoal propio.
  2. O dereito a accederen ás fontes de financiamento da investigación das institucións concertadas.
7. Os bolseiros das institucións concertantes poderán realizar o seu traballo de investigación indistintamente en calquera delas en función das necesidades do seu programa de acordo coas normas dos departamentos e servicios. Os bolseiros dos servicios concertados poderán ser equipados como bolseiros da Universidade, de acordo coa normativa e as condicións que estableza a USC.
8. A Comisión de Investigación regulada na presente claúsula, constituirase no prazo de seis meses dende a constitución da Comisión Mixta.
 
Sétima.-
O Servicio Galego de Saúde garantirá que as institucións sanitarias concertadas reúnan os requisitos que, tal e como se sinala na base 3 do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, deben reunir as institucións de conformidade co establecido na Orde do 31 de xullo de 1987 ou norma que a substitúa.
 
Oitava.-
Para a axeitada harmonización dos obxectivos asistenciais, docentes e investigadores, as institucións sanitarias facilitarán á Universidade, de acordo coas súas dispoñibilidades, as infraestructuras necesarias segundo as recomendacións da normativa vixente sobre necesidades docentes e investigadoras que deben ser atendidas polas institucións sanitarias concertadas.
 
Novena.-
Nas institucións sanitarias poderase impartir docencia de forma descentralizada procurándose a coordinación harmónica entre a planificación asistencial e a planificación docente dos centros e departamentos universitarios.
Xa que é obxectivo garantir a axeitada formación dos estudiantes, axustarase a distribución dos mesmos en cada institución sanitaria ós seus recursos docentes e asistenciais.
 
Décima.-
1. Co fin de garantir os obxectivos docentes e investigadores da Universidade de Santiago de Compostela nas áreas relacionadas coas Ciencias da Saúde, de conformidade co previsto no artigo 105 da Lei Xeral de Sanidade, establécense, no presente concerto, as prazas das institucións sanitarias dependentes do Sergas, que quedarán vinculadas con prazas docentes do cadro de persoal dos corpos de profesores da Universidade de Santiago de Compostela, tal e como se recolle no anexo II.
Mentres teñan tal carácter, as ditas prazas consideraranse para tódolos efectos como un só posto de traballo e supoñerán para os que as ocupen, o cumprimento das funcións docentes e asistenciais nos termos establecidos no Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño.
2. Cando un titular de praza vinculada cesase na súa actividade por calquera motivo, perdendo a dita titularidade, a Comisión Mixta adoptará acordo expreso para manter ou non a vinculación da praza e a necesidade da súa cobertura como tal.
De manterse esta, a vinculación entenderase no nivel básico asistencial da praza.
3. En caso de existiren prazas vacantes, a Comisión Mixta poderá adoptar un acordo motivado de vinculación de prazas, procurando a correspondencia entre a praza docente e asistencial. O acordo de vinculación realizarase sempre en relación co nivel básico de cada praza asistencial. Calquera acordo que contraveña este mandato será nulo de pleno dereito.
4. A convocatoria dos procesos selectivos para a cobertura das prazas vinculadas será efectuada conxuntamente por ámbalas dúas institucións e irá asinada polo rector da Universidade, este será responsable da súa execución e toma de posesión.
As convocatorias de prazas vinculadas realizaranse de conformidade co establecido no Real decreto 1558/1986.
5. De conformidade co establecido no Real decreto citado e disposición adicional decimocuarta da Lei 30/1999, sen prexuízo da provisión das prazas vinculadas na forma descrita no parágrafo anterior, o acceso ós postos de carácter directivo e de xefatura de unidade nas Institucións Sanitarias realizarase polos procedementos establecidos legal e regulamentariamente pola normativa estaturaria de aplicación. Sen prexuízo da adscrición funcional do candidato seleccionado á praza convocada, en todo caso, manterase a vinculación no nivel básico da praza asistencial.
A cobertura das prazas de catedrático de universidade realizarase polo procedemento que a Unversidade de Santiago determine e resolverase de acordo co artigo 38 da Lei Orgánica 11/1983, do 25 de agosto, de Reforma Universitaria. Cando un profesor ocupe unha praza vinculada e acceda por concurso a unha praza docente de categoría superior, na mesma área de coñecemento á que estaba adscrito, manterase a situación da praza asistencial vinculada.
En todo caso, informarase á Comisión Mixta da provisión dos referidos postos.
 
Undécima.-
1. Atendendo ó disposto no artigo 105 da Lei Xeral de Sanidade e Real decreto 1558/1986, as prazas de profesor asociado de ciencias da saúde pertencentes ó cadro de persoal da Universidade, con actividade docente nas institucións sanitarias dependentes do Sergas, serán cubertas obrigatoriamente por persoal das mesmas. A determinación das prazas de profesor asociado con actividade docente nas institucións sanitarias corresponderá á Comisión Mixta, sen prexuízo das competencias que teñan os órganos correspondentes de cada Adminstración en materia de fixación de cadros de persoal.
2. A Universidade, a proposta da Comisión Mixta USC-Sergas, previo informe da Xunta de Goberno da USC, convocará anualmente as prazas de profesores asociados referidas no punto anterior, cos seus correspondentes perfís, destinos e criterios de selección.
3. A duración destes contratos, será dun curso académico, renovable anualmente tralo informe favorable do departamento responsable da docencia. As condicións destes contratos e as da súa renovación serán as que esixe a normativa vixente e os Estatutos da USC.
4. Os profesores asociados cesarán como tales cando, por calquera motivo, causen baixa na praza asistencial correspondente.
5. Cando algún dos profesores asociados acceda a unha praza vinculada mediante a superación do proceso selectivo que corresponda, resolveranse os contratos por razón da nova situación.
6. Co fin de que os servicios e unidades hospitalarias concertadas, relacionados no anexo I, teñan a conveniente participación nas actividades docentes e investigadoras, a Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá a cada un dos servicios e unidades asistenciais, que á entrada en vigor do presente concerto non dispoñan de persoal docente, polo menos un contrato de profesor asociado nas mesmas condicións que para o resto destes profesores, a partir do momento en que o servicio se incorpore á docencia universitaria, sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan.
 
Duodécima.-
1. Seguindo o establecido na base 10 do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, a Universidade de Santiago de Compostela, a proposta da Comisión Mixta Universidade-Sergas, establecerá un número de axudantes de ciencias da saúde (ACS) no seu cadro de persoal, que se cubrirán mediante concurso público entre aqueles profesionais das ciencias da saúde co título de especialista que se corresponda coa área de coñecemento do departamento que proceda, de acordo coa normativa vixente. O axudante non terá relación xurídica ningunha co Sergas. En consencuencia este organismo non contraerá ningunha obriga xurídica, económica nin doutro tipo.
2. A ocasional tarefa asistencial que poida realizar o dito persoal, levarase a cabo, previa autorización do xerente do centro, de acordo coa normativa vixente e as decisións que adopte a Comisión Mixta.
 
Decimoterceira.-
1. Sen perxuízo da normativa vixente establecida pola USC, a eventual incorporación de profesionais en condición de visitantes á institución sanitaria a iniciativa dun departamento universitario realizarase, previa comunicación á Comisión Mixta, de conformidade coa normativa vixente en materia de ordenación das profesións sanitarias e pola propia da administración sanitaria receptora sobre acceso ós servicios e unidades asistenciais das súas institucións.
2. De acordo coas directrices xerais do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, segundo as cales "todo servicio concertado serao na súa totalidade", todo facultativo ou enfermeiro ou calquera outro profesional que de forma habitual participe na docencia universitaria, poderá ter o correspondente recoñecemento da Universidade como colaborador, de cumprir os requisitos e condicións que determine a Comisión Mixta. Ademais, este recoñecemento poderase consignar nas súas publicacións ou comunicacións científicas.
Os ditos colaboradores desenvolverán o seu labor docente sen detrimento do seu labor asistencial. Esta actividade non determinará relación contractual coa USC nin obriga de aboamento de retribucións.
 
Decimocuarta.-
1. O persoal que ocupe unha praza vinculada desenvolverá o conxunto de funcións docentes, asistenciais e de investigación nunha mesma xornada co réxime de dedicación conxunta e distribución horaria que estableza a normativa vixente.
As diverxencias que puideran xurdir na planificación e desenvolvemento desta xornada, serán dirimidas pola Comisión Mixta que terá en conta, en todo caso, as necesidades da programación asistencial ós usuarios como criterio de ordenación, sen prexuízo do axeitado desenvolvemento da actividade docente para a ineludible harmonización.
Así mesmo, a Comisión Mixta establecerá os criterios para a ordenación da actividade dos profersores asociados de forma que se eviten as interferencias entre a actividade docente e a asistencial, tendo en conta a especificidade do persoal docente que estea suxeito a quendas no exercicio da súa actividade asistencial.
2. Os profesores que desempeñen praza vinculada terán os dereitos e deberes inherentes á súa condición de membros dos corpos docentes universitarios e de persoal sanitario de réxime correspondente. As competencias adminstrativas en materia de situacións administrativas, incompatibilidades, etc. corresponden sen prexuízo da coordinación necesaria entrambalas dúas institucións ó rector da USC.
Para os PACS, estas competencias corresponderán ó órgano respectivo das institucións sanitarias, sen prexuízo da alegada coordinación coa USC.
3. De conformidade co establecido na base decimoterceira do Real Decreto 1558/1986, modificada por Real Decreto 1652/1991, o persoal que ocupe praza vinculada percibirá as súas retribucións nunha única nómina, que será aboada pola USC.
4. O persoal sanitario que desenvolva funcións docentes no Hospital ou calquera outro centro concertado, deberá cumprir a normativa de funcionamento establecida en cada momento polos órganos directivos do mesmo.
5. A aplicación do réxime disciplinario correspondente, en cada caso ás funcións docentes e asistenciais, tanto o persoal que desempeña praza vinculada, como ó sanitario que exerza funcións como profesor asociado, farase de acordo co establecido na lexislación vixente.
Da incoación dun expediente disciplinario e da súa resolución por calquera das Administracións Públicas, darase oportuna comunicación á outra, na medida en que puidera resultar afectada.
 
Decimoquinta.-
1. A USC, de acordo co establecido na base undécima do artigo 4º do Real Decreto 1558/1986, do 28 de xuño, comprométese a reservar, como mínimo, o 25 por cento de prazas nos seus programas de doutoramento no ámbito das Ciencias da Saúde para o persoal sanitario das institucións concertadas, xa sexa para facultativos con contrato docente de posgrao (MIR), xa de cadro de persoal e, en todo caso, organizar programas de doutoramento específicos para as ditas institucións.
Con este mesmo fin a Universidade, de acordo coa súa normativa, poderá convalidar cursos e seminarios asignándolles os créditos que correspondan nos respectivos programas de doutoramento. Así mesmo, establecerá módulos de validación de créditos para os facultativos con contratos docentes de posgrao.
 
Decimosexta.-
1. Os Estatutos da USC incluirán a participación dun representante do Sergas na Xunta de Goberno da Universidade, cando se traten temas relacionados co presente concerto.
En tanto non se proceda a modificar os Estatutos no indicado sentido, o rector da USC invitará a asistir a un representante do Sergas na Xunta de Goberno cando se traten temas relacionados co presente concerto.
2. A participación da USC no órganos de dirección do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en tanto non se modifique a súa estructura orgánica, garantirase polo desempeño da Subdirección Operativa de Investigación e Docencia por un profesor con praza vinculada e/ou profesor asociado con praza asistencial, nos termos do Real decreto 1558/1986, de 28 de xuño, designado polo Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais a proposta do Rector, durante un período de dous anos, prorrogables por acordo expreso.
A USC designará, previo informe ó Sergas, ós coordinadores da docencia universitaria para cada curso académico nas institucións asociadas ó presente concerto. Os ditos coordinadores serán nomeados entre os profesores da USC que presten servicios na respectiva institución sanitaria. Estes coordinadores terán voz e voto na Comisión de Dirección cando os asuntos a tratar afecten á docencia que a USC desenvolve no centro.
 
Decimosétima -
1. As actividades lectivas normais como poden ser as clases, seminarios ou outras modalidades de ensinanza teórica poderán ter lugar nas dependencias do Hospital. Estas dependencias poderán tamén utilizarse para actos administrativos ou académicos propios da actividade universitaria e hospitalaria, previa autorización da dirección do centro. En calquera caso, a dispoñibilidade das dependencias para actividades que non sexan lectivas e/ou asistenciais nunca poderá interferir no desenvolvemento normal dos programas, docentes e da actividade asistencial.
2. As dependencias propias das institucións concertadas que, de acordo con este concerto, serán empregadas pola USC para as actividades docentes da práctica clínica, son tódalas da área asistencial, coas limitacións propias das normativas de funcionamento interno do centro. O acceso dos estudiantes a estas áreas regulamentarao e determinarao a Comisión Mixta, oída a Dirección do centro.
 
Decimoitava.-
Así mesmo, os estudiantes que reciban as súas ensinanzas nunha institución concertada deberán someterse ás regras de funcionamento e disciplina tanto da institución como da Universidade.
 
Decimonovena.-
1. As partes concertantes comprométense a promoveren a constitución e funcionamento dunha biblioteca conxunta de Ciencias da Saúde, co obxecto de poderen satisfacer as necesidades docentes, asistenciais e de investigación dos profesores, alumnos e persoal das institucións sanitarias. A sede desta biblioteca estará nas dependencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Esta biblioteca encadraríase na rede de bibliotecas de Galicia cun sistema unificado promovido pola Xunta de Galicia.
Ata a existencia da dita biblioteca única, garántese a utilización das bibliotecas existentes nos centros asistenciais docentes para as necesidades antes expostas, así como as da USC. Ámbalas dúas institucións asegurarán, entre tanto, a dotación e mantemento das súas respectivas bibliotecas.
2. Igualmente o Sergas posibilitará a utilización do estabulario/animalario ós fins docentes e de investigación, por parte da USC, nos termos que autorice a Dirección do centro.
 
Vixésima.-
A fin de evitar a duplicidade do espacio destinado ó desenvolvemento das actividades do persoal que desempeñe funcións docentes e asistenciais, dotarase ós profesores dun único despacho na sede da institución na que desenvolva a dita actividade a maior parte do tempo, na medida en que llo permitan as dispoñibilidades das respectivas institucións. Para tal efecto a Comisión Mixta adoptará acordo sobre os criterios de distribución de espacios.
 
Vixésimo primeira.-
A atribución da titularidade do material inventariable existente nos centros concertados así como o que desde agora poidan adquirir unha ou outra parte corresponderá á institución que o adquira.
Os criterios para o investimento no financiamento das obras que se realicen, así como, para a amortización e imputación de custos serán establecidos mediante acordo da Comisión Mixta, para cada actuación concreta.
 
Vixésimo segunda.-
A contribución do Servicio Galego de Saúde ós custos de persoal derivados do presente concerto realizarase conforme ós criterios de financiamento e compensación orzamentaria seguintes:
  1. En consonancia cos termos de dedicación de xornada laboral dos profesionais ás tarefas asistenciais que se establecen no presente concerto, o Servicio Galego de Saúde aportará a contía resultante de aplicar a porcentaxe do setenta por cento sobre os conceptos retributivos fixos e periódicos que non teñan carácter persoal, establecidas na normativa retributiva do persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.
  2. Así mesmo o Servicio Galego de Saúde aportará a contía resultante de aplicar a porcentaxe do tres corenta por cento (3.40%) sobre o importe obtido, conforme o disposto no apartado a) anterior, en concepto de compensación polos desaxustes financeiros que na dita contribución se poidan producir.
  3. Ademais das cantidades resultantes da aplicación do previsto no apartado anterior, o Sergas transferirá á Universidade, para a súa acreditación en nómina, as cantidades que correspondan en concepto de, incentivos ó rendemento, conceptos derivados da antigüidade que houbesen sido recoñecidos polo Sergas ou aqueles que procedan pola participación dos profesionais en quendas de garda, atención continuada ou en programas especiais de natureza asistencial, nos termos establecidos para o persoal estatutario do Sergas.
  4. Sergas financiará á Universidade o cincuenta por cento do custo empresarial das cotizacións ó Réxime Xeral da Seguridade Social do persoal que desempeñe praza vinculada que, conforme á normativa de aplicación quede incluído en dito réxime.
 
Vixésimo terceira.-
1. De acordo co establecido na cláusula anterior, o Sergas transferirá mensualmente as cantidades que se determinen en concepto de compensación.
Para iso, o Sergas, procederá da seguinte forma:
  1. Sergas remitirá antes do día 10 de cada mes á USC certificacións acreditativas tanto da execución do concerto relativa ó período mensual de referencia, ós efectos do financiamento establecido nos apartados a), b) e d) da cláusula vixésimo segunda como das cantidades devengadas polas incidencias referenciadas no apartado c) da dita cláusula vixésimo segunda correspondentes ó mes anterior, todo esto ós efectos da correcta elaboración da nómina por parte da USC.
  2. Simultaneamente o Sergas adoptará as medidas necesarias para formalizar a transferencia das cantidades correspondentes a cada mensualidade, conforme ós termos de financiamento establecido na cláusula vixésimo segunda e ós datos obrantes nas certificacións ás que se fixo referencia no apartado a) anterior.
  3. Por períodos trimestrais procederase á liquidación das diferencias entre as cantidades transferidas en cada trimestre e ó gasto relativo ás retribucións correspondentes pola actividade asistencial do persoal que desempeñe as prazas vinculadas no dito período.
Esta liquidación abonarase ou descontarase no pago mensual inmediato seguinte á mesma.
2. O importe correspondente ás obrigas que, como consecuencia deste concerto deba asumir o Sergas, imputarase con cargo á aplicación 2223 15 71 440.0 do orzamento de gastos do Sergas.
 
Vixésimo cuarta.-
A duración do presente concerto establécese por un prazo de cinco anos. Nembargantes, os termos deste acordo poden ser revisados a petición de calquera das dúas partes, se ben as modificacións que se propoñan terán que ser acordadas antes do 30 de xuño de cada ano e non serán efectivas ata o curso seguinte, salvo que se acorde o contrario.
Seis meses antes de que expire a duración do concerto as institucións asinantes terán que decidir respecto da súa prórroga, renegociación ou o seu remate, en caso de non se chegar a un acordo considerarase automaticamente prorrogado ata o establecemento dun acordo.
 
Disposición adicional primeira:
O importe estimado correspondente á aportación do Servicio Galego de Saúde será no exercicio 2001 de 240.000.000 Ptas., computadas dende a data da entrada en vigor ata o 31 de decembro de 2001.
 
Disposición transitoria primeira:
Co fin de garantir a ensinanza universitaria, asegúrase a continuidade da docencia correspondente á Licenciatura de Medicina, nas condicións que estableza a Comisión Mixta, naquelas institucións nas que a USC ven desenvolvendoa de acordo coa normativa legal e regulamentariamente vixente.
 
Disposición transitoria segunda:
Serán prazas vinculadas ás que á entrada en vigor do presente Concerto estén desempeñadas por profesores pertencentes ós corpos docentes da USC, que viñesen desempeñando labores asistenciais con anterioridade á súa formalización.
Sen perxuízo do nivel da praza asistencial que actualmente desempeñen os profesionais, as prazas quedarán vinculadas, con carácter xeral, no seu nivel básico asistencial.
Non obstante o anterior, cando o profesional acredite a titularidade dunha praza asistencial de nivel superior mediante o correspondente nomeamento definitivo, a vinculación realizarase co nivel da praza asistencial da que sexa titular.
O carácter da praza vinculada e o seu nivel de vinculación manterase como tal durante o período de tempo en que a dita praza sexa desempeñada polo facultativo que en orixe motivou a mesma.
 
Diposición transitoria terceira:
1. Sen prexuízo do disposto na cláusula anterior, no prazo dos tres meses seguintes á publicación do presente concerto, os profesionais, relacionados no anexo II, que non desexasen prestar servicios en réxime de vinculación, poderán exercer o dereito de opción por unha das dúas prazas que ata agora viñan desempeñando, quedando na outra, se así correspondese, na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade.
2. Así mesmo, os profesionais que a entrada en vigor do presente concerto desempeñasen unha praza docente e outra asistencial, que non resulten vinculadas por mor do mesmo, deberán exercer a opción por unha das dúas, se así correspondese, nos termos establecidos pola normativa reguladora do réxime de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas.
 
Disposición final:
O presente concerto entrará en vigor a partir do primeiro día do mes seguinte ó da súa publicación no DOG.
   
Asdo.: Manuel Fraga Iribarne
PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
  
Asdo.: Darío Villanueva Prieto
RECTOR MAGFCO. DA USC
   
Asdo.: José María Hernández Cochón
PRESIDENTE DO SERGAS
 
ANEXO I: SERVICIOS E/OU UNIDADES QUE SE CONCERTAN E DEPARTAMENTOS OU ÁREAS DE COÑECEMENTO CON QUE SE RELACIONAN
 
COMPLEXO HOSPITALARIO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
Servicio e/ou unidade
Áreas de coñecemento
Área asistencial de medicina
Medicina interna
Medicina
Neuroloxía
Medicina
Nefroloxía
Medicina
Aparello dixestivo
Medicina
Oncoloxía médica
Medicina
Reumatoloxía
Medicina
Endocrinoloxía, nutrición e dietética
Medicina
Cardioloxía
Medicina
Neumoloxía
Medicina
Hematoloxía Clínica
Medicina
 
Área asistencial de cirurxía
Cirurxía xeral e aparello dixestivo
Cirurxía
Traumatoloxía e ortopedia
Cirurxía
Uroloxía
Cirurxía
Neurocirurxía
Cirurxía
Cirurxía vascular
Cirurxía
Cirurxía cardíaca
Cirurxía
Cirurxía plástica
Cirurxía
Cirurxía maxilofacial
Cirurxía. Estomatoloxía
Cirurxía torácica
Cirurxía
 
Área asistencial médico-cirúrxica
Dermatoloxía médico-cirúrxica
Dermatoloxía médico-cirúrxica-
Veneroloxía
Otorrinolaringoloxía
Otorrinolaringoloxía
Oftalmoloxía
Oftalmoloxía. Fisioloxía
Odontoestomatoloxía
Estomatoloxía
 
Área asistencial materno-infantil
Obstetricia e xinecoloxía
Obstetricia e xinecoloxía
Pediatría e as súas áreas específicas.
Cirurxía Pediátrica
Pediatría
 
Área asistencial de saúde mental
Psiquiatría
Psiquiatría. Personalidade, avaliación e tratamento psicolóxico
 
Área asistencial de servicios centrais e comúns
Laboratorios centrais
Bioquímica e bioloxía molecular.
Fisioloxía
Anatomía patolóxica
Anatomía patolóxica
Ciencias morfolóxicas
Microbioloxía
Microbioloxía
Radiodiagnóstico e radioterapia
Radioloxía e medicina física
Medicina preventiva e saúde pública
Medicina preventiva e saúde pública
Neurofisioloxía clínica
Fisioloxía. Ciencias morfolóxicas.
Radioloxía e medicina física
Farmacia hospitalaria
Farmacia e tecnoloxías
farmacéuticas
Farmacoloxía clínica
Farmacoloxía
Rehabilitación
Ciencias morfolóxicas. Radioloxía e
Medicina física
Urxencias
Medicina. Cirurxía
Medicina nuclear
Farmacoloxía. Radioloxía e medicina
Fisica
Anestesioloxía
Farmacoloxía. Cirurxía
 
Área de coidados de enfermería
Coidados de enfermería
Enfermería
 
SERVICIOS DE ATENCIÓN PRIMARIA
Os servicios de atención primaria concertados relaciónanse cos seguintes departamentos universitarios:
Medicina
Pediatría
Odontoloxía
Psiquiatría
Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
 
APELIDOS E NOME
Categoría Universitaria
DPTO.UNIVERSIDADE
PRAZA A VINCULAR
ESPECIALIDADE
ACUÑA CASTROVIEJO, CARLOS
CATEDRATICO
FISIOLOXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
NEUROFISIOLOXIA CLINICA
AGUILAR FERNANDEZ, JAIME
CATEDRATICO
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
XEFE DEPARTAMENTO (AD PERSONAM)
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
ALONSO MARTINEZ, M. PILAR
PROF. TITULAR
CC.MORFOLOXICAS
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
REHABILITACION
ALVAREZ ESCUDERO, JULIAN
PROF. TITULAR
CIRURXIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
ANESTESIOLOXIA E REANIMACION
ALVAREZ PRECHOUS, ANGEL
PROF. TITULAR
MEDICINA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
APARELLO DIXESTIVO
BARREIRO MORANDEIRA, FRANCISCO
PROF. TITULAR
CIRURXIA
MEDICO ADXUNTO
CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO
BARROS DIOS, JUAN MIGUEL
PROF. TITULAR
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
MEDICINA PREVENTIVA E SAUDE PUBLICA
BEIRAS IGLESIAS, ANDRES
CATEDRATICO
CC.MORFOLOXICAS
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
ANATOMIA PATOLOXICA
BERNARDEZ HERMIDA, M ISABEL
CATEDRATICO
MICROBIOLOXIA E PARASITOLOXIA
MEDICO ADXUNTO
MICROBIOLOXIA E PARASITOLOXIA
BRENLLA GONZALEZ, JULIO B.
CATEDRATICO E.U.E
ENFERMERIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
PSIQUIATRIA
CABANAS GANCEDO, RODRIGO
PROF. TITULAR
PEDIATRIA E AS SÚAS ÁREAS ESPECÍFICAS
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
PEDIATRÍA E AS SÚAS AREAS ESPECÍFICAS
CABEZAS CERRATO, JOSE
CATEDRATICO
MEDICINA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
ENDOCRINOLOXIA E NUTRICION
CAINZOS FERNANDEZ, MIGUEL ANGEL
CATEDRATICO
CIRURXIA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO
CAPEANS TOME, M. DEL CARMEN
PROF. TITULAR
CIRURXIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
OFTALMOLOXIA
CASANUEVA FREIJO, FELIPE
CATEDRATICO
MEDICINA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
ENDOCRINOLOXIA E NUTRICION
CASTILLO SANCHEZ JOSE A.
CATEDRATICO
MEDICINA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
NEUROLOXIA
CASTRO GAGO, MANUEL
CATEDRATICO
PEDIATRIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS
CASTRO GARCIA, ALFONSO
PROF. TITULAR
MEDICINA
MEDICO ADXUNTO
NEUROLOXIA
CES BLANCO, JOSE ANTONIO
CATEDRATICO E.U.E
ENFERMERIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
COUCEIRO FOLLENTE, JOSE
PROF. TITULAR
CIRURXIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
TRAUMATOLOXIA E CIRURXIA ORTOPEDICA
COUSELO SANCHEZ, JOSE M.
PROF. TITULAR
PEDIATRIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS
CRESPO ABELLEIRA, ANTONIO
PROF. TITULAR
CC.MORFOLOXICAS
MEDICO ADXUNTO
NEUROFISIOLOXIA CLINICA
CUEVAS ALVAREZ, JUAN
PROF. TITULAR
CC.MORFOLOXICAS
MEDICO ADXUNTO
ANATOMIA PATOLOXICA
DEVESA MUJICA, JESUS
CATEDRATICO
FISIOLOXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
BIOQUIMICA CLINICA
DOMINGUEZ SANTOS, DOLORES
PROF. TITULAR
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PÚBLICA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
PSIQUIATRIA
FERNANDEZ LORENZO, JOSE R.
PROF. TITULAR
PEDIATRIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS
 
FERNANDEZ REDONDO, PIEDAD VIRGINIA
PROF. TITULAR
DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA
MEDICO ADXUNTO
DERMATOLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA
FORTEZA VILA, JERONIMO
CATEDRATICO
ANATOMIA PATOLOXICA E CC FORENSES
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
ANATOMIA PATOLOXICA
FRAGA BERMUDEZ, JOSE M.
PROF. TITULAR
PEDIATRIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS
GARCIA CABALLERO, TOMAS MODESTO
CATEDRATICO
CC.MORFOLOXICAS
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
ANATOMIA PATOLOXICA
GARCIA CIUDAD, PEDRO
PROF. TITULAR
ENFERMERIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO
GARCIA GARCIA, ABEL
PROF. TITULAR
ESTOMATOLOXIA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
CIRURXIA MAXILOFACIAL
GARCÍA RIESTRA, CARLOS (*)
POF. TITULAR
MICROBIOLOXÍA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA
MICROBIOLOXÍA
GARCIA SOTO, NICOLAS
PROF. TITULAR
DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
OTORRINOLARINGOLOXIA
GARCIA-BENGOECHEA GONZALEZ-MORO, B
PROF. TITULAR
CIRURXIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
CIRURXIA CARDIOVASCULAR
GELABERT GONZALEZ, MIGUEL
PROF. TITULAR
CIRURXIA
MEDICO ADXUNTO
NEUROCIRURXIA
GESTAL OTERO, JUAN JESUS
CATEDRATICO
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PÚBLICA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
MEDICINA PREVENTIVA E SAUDE PUBLICA
GOMEZ-ULLA IRAZAZABAL, FRANCISCO
PROF. TITULAR
CIRURXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
OFTALMOLOXIA
 
GONZALEZ BORRAS, CARLOS
PROF. TITULAR
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PÚBLICA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
PSIQUIATRIA
GONZALEZ GARCIA, FRANCISCO
PROF. TITULAR
FISIOLOXIA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
OFTALMOLOXIA
GONZALEZ JUANATEY, JOSE RAMON
CATEDRATICO
MEDICINA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
CARDIOLOXIA
GONZALEZ QUINTELA, ARTURO
PROF. TITULAR
MEDICINA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
MEDICINA INTERNA
IGLESIAS DIZ, MANUEL
CATEDRATICO
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
JIMENEZ GOMEZ, ENRIQUE
PROF. TITULAR
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
JORGE BARREIRO, FCO JAVIER
CATEDRATICO
CC.MORFOLOXICAS
MEDICO ADXUNTO
REHABILITACION
LABELLA CABALLERO, TORCUATO
CATEDRATICO
DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
OTORRINOLARINGOLOXIA
LEMA BOUZAS, MANUELA
PROF. TITULAR
MEDICINA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
NEUROLOXIA
LOPEZ PAZ, JOSE MANUEL
CATEDRATICO E.U.E
ENFERMERIA
ATS/DUE
 
LORENZO LAGO, M. ANGELES
PROF. TITULAR
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PUBLICA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
PSIQUIATRIA
LORENZO ZUÑIGA, VICENTE
PROF. TITULAR
MEDICINA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
MEDICINA INTERNA
MACIA CORTIÑAS, MANUEL
PROF. TITULAR
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
 
MARTIN MARTIN, CARLOS
PROF. TITULAR
DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
OTORRINOLARINGOLOXIA
MARTINEZ PEREZ, MANUEL JOSE
PROF. TITULAR
CIRURXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
ANXIOLOXIA E CIRURXIA CARDIOVASCULAR
MARTINEZ VAZQUEZ, JOSE MANUEL
CATEDRATICO
MEDICINA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
MEDICINA INTERNA
MARTINON SANCHEZ, JOSE M.
PROF. TITULAR
PEDIATRIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS
MATEOS ALVAREZ, RAIMUNDO
PROF. TITULAR
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
PSIQUIATRIA
MIGUEZ FREIRE, ANA MARIA
PROF. TITULAR E.U.E.
ENFERMERIA
ATS/DUE
 
MORA BERMUDEZ, MARIA JESUS JOSE
PROF. TITULAR
ESTOMATOLOXIA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
ESTOMATOLOXIA
NAVARRINA GAMEZ, FERMIN
CATEDRATICO
CC.MORFOLOXICAS
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
REHABILITACION
NOVO DOMINGUEZ, ALEJANDRO
CATEDRATICO
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
OBSTETRICIA E XINECOLOXIA
NOYA GARCIA, MANUEL
CATEDRATICO
MEDICINA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
NEUROLOXIA
OTERO COSTA, JESUS B
CATEDRATICO
FISIOLOXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
NEUROFISIOLOXIA CLINICA
PAVON BELINCHON, M PILAR
CATEDRATICO E.U.E
ENFERMERIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS
PELETEIRO FERNANDEZ, MANUEL
PROF. TITULAR
FISIOLOXIA
MEDICO ADXUNTO
NEUROFISIOLOXIA CLINICA
PEREZ BECERRA, EUGENIO
PROF. TITULAR
ANATOMIA PATOLOXICA E CC FORENSES
MEDICO ADXUNTO
ANATOMIA PATOLOXICA
PEREZ MOREIRAS, JOSE VICENTE A
PROF. TITULAR
CIRURXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
OFTALMOLOXIA
PETEIRO GARCIA, M. CARMEN
PROF. TITULAR
DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA
MEDICO ADXUNTO
DERMATOLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA
POMBO ARIAS, MANUEL A
CATEDRATICO
PEDIATRIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS
PORTO VAZQUEZ, M. CARMEN
PROF. TITULAR
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
ONCOLOXIA RADIOTERAPICA
POTEL LESQUEREUX, JOAQUIN
CATEDRATICO
CIRURXIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO
PUGA MARTINEZ, AMALIA
PROF. TITULAR
ENFERMERIA
ATS/DUE
 
PUMAR CEBREIRO, JOSE M
CATEDRATICO
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA
MEDICO ADXUNTO
RADIODIAGNOSTICO
REGUEIRO GARCIA, BENITO JOSE
CATEDRATICO
MICROBIOLOXIA E PARASITOLOXIA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
MICROBIOLOXIA
RODRIGO SAEZ, ELENA
CATEDRATICO E.U.E
ENFERMERIA
MÉDICO ADXUNTO
PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS
RODRIGUEZ ARES, Mª TERESA
PROF. TITULAR
CIRURXIA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
OFTALMOLOXIA
RODRIGUEZ LOPEZ, ANTONIO
CATEDRATICO
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
PSIQUIATRIA
RODRIGUEZ SEGADE VILLAMARIN, STGO
CATEDRATICO
BIOQUIMICA E BIOLOXIA MOLECULAR
MEDICO ADXUNTO
BIOQUIMICA CLINICA
RODRIGUEZ SUAREZ, JOSE R
CATEDRATICO E.U.E
ENFERMERIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
NEUMOLOXIA
RUBIO ALVAREZ, JOSE
PROF. TITULAR
CIRURXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
CIRURXIA CARDIOVASCULAR
SANCHEZ SEBIO, PILAR
PROF. TITULAR
ENFERMERIA
SUPERVISORA UNIDADE (AD PERSONAM)
 
SANTOS PÉREZ , SOFIA
PROF. TITULAR
DERMATOLOXÍA E OTORRINOLARINGOLOXÍA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE ÁREA
OTORRINOLARINGOLOXÍA
SOBRINO NOGUEIRA, ADOLFO
PROF. TITULAR
ANATOMIA PATOLOXICA E CC FORENSES
MEDICO ADXUNTO
ANATOMIA PATOLOXICA
SUAREZ QUINTANILLA, JUAN ANTONIO
PROF. TITULAR
CC.MORFOLOXICAS
ODONTOESTOMATOLOGO
ODONTOESTOMATOLOXIA
TATO HERRERO, FERNANDO
PROF. TITULAR
FARMACOLOXIA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
FARMACOLOXIA CLINICA
TOJO SIERRA, RAFAEL
CATEDRATICO
PEDIATRIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
PEDIATRIA E AS SUAS AREAS ESPECIFICAS
TORIBIO PEREZ, JAIME
CATEDRATICO
DERMATOLOXIA E OTORRINOLARINGOLOXIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
DERMATOLOXIA MEDICO-CIRURXICA E VENEREOLOXIA
TORRE CARBALLADA, JOSE A.
PROF. TITULAR
MEDICINA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
MEDICINA INTERNA
TORRES COLOMER, MANUEL SALVADOR
PROF. TITULAR
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
NEUROFISIOLOXIA CLINICA
VARELA CIVES, RAMIRO
PROF. TITULAR
PEDIATRIA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
CIRURXIA PEDIATRICA
VARELA DURAN, JUAN ANTONIO
CATEDRATICO
ANATOMIA PATOLOXICA E CC FORENSES
XEFE SECCION (AD PERSONAM)
ANATOMIA PATOLOXICA
 
VARO PEREZ, EVARISTO
PROF. TITULAR
CIRURXIA
FACULTATIVO ESPECIALISTA DE AREA
CIRURXIA XERAL E APARELLO DIXESTIVO
VIDAL CARREIRA, JUAN J
CATEDRATICO
PSIQUIATRIA, RADIOLOXIA E SAUDE PBCA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
RADIODIAGNOSTICO
VILA JATO, JOSE LUIS
CATEDRATICO
FARMACIA E TECNOLOXIA FARMACEUTICA
XEFE SERVICIO (AD PERSONAM)
FARMACIA HOSPITALARIA
VILLEGAS CERQUEIRO, Mª DEL CARMEN
PROF. TITULAR.
ENFERMERIA
ATS/DUE
 
  
(*)Plaza vinculada condicinada
DOG nº 185, 24 setembro de 2001. Corrección de erros.- Orde do 18 de xuño de 2001 pola que se ordena a publicación do concerto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde.
Advertido un erro no texto da citada orde, publicada no DOG nº 126, do 29 de xuño de 2001, compre face-la oportuna corrección:
Na páxina 8.789, dentro da relación de prazas vinculadas, onde di: "Apelidos e nome: Rodrigo Sáez, Elena. Praza para vincular: Facultativo especialista de área". Debe dicir:  "Apelidos e nome: Rodrigo Sáez, Elena. Praza para vincular: Médico adxunto".
DOG nº 194, 5 outubro de 2001. Corrección de erros.- Orde do 18 de xuño de 2001 pola que se ordena a publicación do concerto entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servicio Galego de Saúde.
Advertido un erro no texto da citada orde, publicada no DOG nº 126, do 29 de xuño de 2001 compre face la oportuna corrección:
Na páxina 8.789, dentro da relación de prazas vinculadas, onde di: "Apelidos e nome: Santos Pérez, Sofía. Especialidade: dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía". Debe dicir: "Apelidos e nome: Santos Pérez, Sofía. Especialidade: otorrinolaringoloxía".