RESOLUCIÓN RECTORAL DO 15 DE DECEMBRO DE 1994
POLA QUE SE APROBA O MÓDULO RETRIBUTIVO DO
PROCEDEMENTO EXTRAORDINARIO DE COBERTURA DE
DOCENCIA
A Xunta de Goberno desta Universidade na súa sesión do 17 de novembro de 1994 aprobou o procedemento extraordinario de cobertura de docencia en prazas paralizadas por recursos. O mesmo baséase fundamentalmente na obriga que teñen os Departamentos de garanti-la cobertura da docencia que teñan asignada, así como a posibilidade que ten a Universidade para retribui-la prestación de esixencias docentes extraordinarias polo procedemento establecido no artigo 46.2 da Lei da Reforma Universitaria.
No artigo 2.2. do citado procedemento establécese que as persoas que ocupen a docencia vacante aboaráselles unha gratificación por servicios extraordinarios por cada hora efectivamente impartida e certificada polo Director do Departamento, segundo un módulo que se aprobará por Resolución Rectoral.
Xa que logo, cómpre dicta-la seguinte Resolución pola que se aproba o módulo retributivo en cuestión, de acordo ós criterios e formas que se indican:
1º No caso en que a docencia vacante sexa cuberta por profesores do mesmo ou doutro Departamento desta Universidade, aqueles serán retribuidos a razón de 11.765/hora, que lles serán aboadas conxuntamente coa súa nómina mensual, séndolle de aplicación a retención do tipo de I.R.P.F. que a cada suxeito lle corresponda.
O importe destas retribucións será imputable ó Capítulo I do Presuposto de Gastos da Universidade, partidas "1212999010 - Complemento Especial Dedicación Docente, para os profesores funcionarios de carreira e interinos e "1411899010 - Complemento Especial Dedicación Docente. Contratados", para o persoal docente contratado.
Para facer efectivos os importes en cada caso devengados polos interesados, polo Servicio de Profesorado comunicarase, a través de acreditacións individuais, á Sección de Nóminas e Seguridade Social os datos dos profesores que cubran docencia extraordinaria a medida que cheguen a dito Servicio as certificacións que en tal sentido expidan os respectivos Departamentos, tales certificacións virán acompañadas da Resolución Rectoral motivada que aprobe a impartición da docencia.
2º En canto o caso contemplado no artigo 2.4 do indicado procedemento a retribución será de 11.765 ptas/hora, séndolle de aplicación a retención do 15% de I.R.P.F.
O importe desta retribución será imputable ó Capítulo II do Presuposto de Gastos da Universidade, partida "2280098452 - Complemento Especial Dedicación Docente".
3º) En todo caso, a contía máxima que poderá percibir unha persoa polo/s concepto/s antes sinalado/s será de 325.000 pts brutas/curso académico.
4º) Trimestralmente darase conta ó Consello Social desta Universidade, para a súa ratificación, dos expedientes tramitados polo procedemento establecido no artigo 46.2 da LRU.