| NUMERO | NOME DO FICHEIRO | NIVEL | RF | FINALIDADE |
|---|---|---|---|---|
| 1 | Xestión académica e alumnado | Alto | Secretaría Xeral | Xestión dos procesos de acceso á universidade, de matrícula, continuación de estudos, traslados, xestión dos expedientes académicos, dos títulos e dos cursos de postgrao, terceiro ciclo e formación continua, tramitación de reclamacións, recursos, queixas e suxestións, control económico de prezos, así como calquera outra actividade que se inclúa na xestión académica administrativa. |
| 2 | Persoal | Medio | Xerencia | Expedientes administrativos de persoal. Cálculos de nóminas e Seguridade Social. Xestión de persoal. |
| 3 | Xestión económica, contabilidade e orzamentos | Básico | Xerencia | Xestión económica e financeira. Contabilidade orzamentaria. O uso será para: Xestión de provedores e acredores.Xestión tributaria e de recadación. Xestión de patrimonio. |
| 4 | Xestión da investigación | Básico | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Base de datos para a xestión da actividade de investigación na USC, así como a xestión automatizada da investigación producida na USC dos currículos profesionais dos investigadores. |
| 5 | Xestión de usuarios da biblioteca | Básico | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Ficheiro de identificación dos usuarios da biblioteca universitaria para a realización de préstamos, así como para a realización dos trámites asociados a solicitudes de reproducións de documentos e/ou préstamo interbibliotecario con outras institucións |
| 6 | Servicio universitario de residencias | Básico | Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua | Ficheiro para concesión e xestión de prazas de aloxamento no Servicio Universitario de Residencias da USC (SUR). |
| 7 | Ficheiro de rexistro de asociacións de estudiantes | Básico | Vicerreitoría de Estudantes | Rexistro de asociacións de estudiantes para os efectos de seren destinatarios de subvencións ou comunicacións universitarias. |
| 8 | Xestión de intercambio | Alto | Vicerreitoría de Comunicación | A finalidade do ficheiro é a de poder axiliza-lo tratamento e xestión dos expedientes dos alumnos e profesores que solicitan a concesión dunha bolsa Erasmus ou unha axuda económica por algún convenio bilateral. |
| 9 | Xestión do voluntariado | Básico | Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua | Ficheiro para o concesión e xestión de programas de voluntariado. |
| 10 | Xestión de bolsas, axudas e subvencions | Medio | Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua | Ficheiro para a concesión e xestión de bolsas e axudas do MECD, da USC e bolsas do Servizo Universitario de Residencias (SUR). |
| 11 | Xestión de investidores e proxectos | Básico | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Base de datos de investidores e promotores coa finalidade de pór en contacto promotores con proxectos empresariais en busca de financiamento con investidores adscritos á rede Uniban. O uso do ficheiro permitirá a xestión de todo o procedemento de recolla da información, circulación dos proxectos con criterios selectivos, e facilitar o encontro entre promotores e investidores. |
| 12 | Persoas interesadas en recibir información sobre a USC | Básico | Secretaría Xeral | Ficheiro para a xestión de persoas físicas e xurídicas interesadas en que a Universidade de Santiago de Compostela lles oferte os seus servizos académicos e outra información institucional relativa á universidade. Os usos previstos son facilitarlle información en soporte papel ou por calquera medio electrónico, incluíndo as mensaxes a móbil a persoas interesadas en recibir información da USC e potenciais estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, e a incorporación automatizada dos datos no ficheiro de xestión académica e alumnado para o caso de que formalicen a súa matrícula na Universidade de Santiago de Compostela. |
| 13 | Usuarios de servicios da USC | Básico | Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua | Ficheiro para a xestión de persoas físicas ás que a Universidade de Santiago de Compostela lles oferte os seus servizos non académicos. Os usos previstos son xestionar as actividades que oferta a estes usuarios e, se é o caso, facilitarlle información sobre servizos e actividades universitarias. |
| 14 | Xestión de pacientes ICA | Alto | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Ficheiro para a xestión das actividades do Instituto de Ortopedia de Banco e Tecidos Muscoesqueléticos, en concreto para o illamento e multiplicación de condrocitos humanos en cultivo. No ficheiro recóllese a información dos pacientes que acompaña ás biopsias en que se inclúe o nome dos pacientes, exames serolóxicos, alerxias, así como o diagnóstico indicativo do tratamento con esta técnica. Os usos previstos son para o illamento e multiplicación de condrocitos humanos mediante a técnica ICA. |
| 15 | Rexistro de documentos | Básico | Secretaría Xeral | A finalidade do ficheiro é ter constancia dos asentos de entrada e saída de documentos dos rexistros xerais e auxiliares da Universidade de Santiago de Compostela. |
| 16 | Xestión de prácticas en empresas e servizos de integración laboral | Básico | Presidente Consello Social | Xestión de actividades organizadas e coordinadas polo Consello Social referentes a prácticas en empresas e institucións e outros servizos para a integración sociolaboral de estudantes e titulados recentes da USC. |
| 17 | Arquivo de Xestión Documental e de Usuarios do Arquivo Histórico Universitario (Ahus) | Básico | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Xestión de fondos documentais, xestión de usuarios e dos procesos técnicos dos arquivos pertencentes ao Ahus. |
| 18 | Xestión de usuarios do Laboratorio de Microbioloxía do Instituto de Investigación e Análises Alimentarias | Básico | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Ficheiro para a xestión de persoas físicas e xurídicas interesadas en que o Laboratorio de Microbioloxía do Instituto de Investigación e Análises Alimentarias lles oferte os seus servizos e asesoramento. |
| 19 | Xestión do directorio da USC | Básico | Secretaría Xeral | Ficheiro para a xestión do directorio telefónico, de correo electrónico e de enderezos de IP do persoal da Universidade de Santiago e dos seus alumnos. |
| 20 | Xestión de pacientes e historias clínicas na saúde bucodental de odontoloxía | Alto | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Xestión de datos da historia clínica, médica e odontolóxica do paciente para o seguimento deste, xestión da actividade odontolóxica, docente, de investigación, estudos de morbilidade e produción de estatística de xestión. |
| 21 | Xestión de servizos de integración laboral | Básico | Presidente Consello Social | Xestión de servizos para a integración sociolaboral de estudantes e recentemente titulados da USC. |
| 22 | Vixilancia e control de accesos | Básico | Xerencia | A finalidade do ficheiro é velar pola seguridade das instalacións mediante controis de acceso e videovixilancia. Os usos previstos serán a seguridade e o control de acceso a edificios e instalacións da USC. |
| 23 | Xestión de usuarios dos servizos do Laboratorio de Análise de Radiacións | Básico | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Ficheiro para a xestión de persoas físicas e xurídicas interesadas en que o Laboratorio de Análise de Radiacións (LAR) lles oferte os seus servizos e asesoramento e para a utilización estatística dos resultados das medicións efectuadas en publicacións científicas e congresos. |
| 24 | Xestión de usuarios dos servizos do Instituto de Medicina Legal | Alto | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Ficheiro para la xestión dos datos de persoas físicas interesadas en que o Instituto de Medicina Legal lles oferte os seus servizos, relacionados coa identificación xenética, contrapericias e asesoramento científico-técnico e informes de ADN. |
| 25 | Xestión de datos de usuarios e historias clínicas de exames optométricos realizados no Servizo de Optometría da Escola de Óptica e Optometría | Alto | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Xestión de datos da historia clínica nos exames optométricos dos usuarios do Servizo de Optometría para a xestión da actividade optométrica, docente, de investigación así como o estudo, e produción estatística e da xestión. |
| 26 | Servizo vixilancia da saúde | Alto | Xerencia | Xestión e control sanitario laboral. Valoración do estado de saúde do persoal da Universidade. Prevención de riscos. Control de altas e baixas médicas. |
| 27 | Ficheiro de investigación histórica sobre os procesos de represión política durante a Guerra Civil para crear unha base de datos de persoas afectadas e vítimas da Guerra Civil. | Alto | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Xestión da investigación histórica sobre os procesos de represión política durante a Guerra Civil en Galicia para crear unha base de datos con fins científicos sobre vítimas da Guerra Civil. |
| 28 | Ficheiro para a xestión do Servizo de Psicoloxía e das súas unidades | Alto | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Xestión dos datos clínicos dos usuarios e das tarefas de xestión e de investigación do Servizo de Psicoloxía da Facultade de Psicoloxía con fins científicos e de investigación. |
| 29 | Xestión do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico | Básico | Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua | Ficheiro de xestión dos autores e/ou xestores e usuarios das obras monográficas e revistas editadas polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. |
| 30 | Xestión de actividades culturais | Básico | Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua | Xestión dos congresos e reunións científicas, proxectos e actividades culturais, xestión de proxectos culturais: difusión e divulgación de actividades culturais a través de publicacións impresas, web, radio e televisión etc. |
| 31 | Xestión da tarxeta universitaria | Básico | Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua | Xestión da expedición, renovación, cancelación e atención de incidencias relacionadas coa tarxeta universitaria de identificación, que permite o acceso a servizos e dependencias universitarias. |
| 32 | Ficheiro da sede electrónica da USC | Básico | Secretaria Xeral | Xestión dos datos persoais asociados aos servizos de sede electrónica da USC que non figuren noutros ficheiros de datos de carácter persoal da USC. |
| 33 | Xestión dos datos da investigación | Básico | Vicerreitoría de Investigación e Innovación | Xestión dos datos das investigacións en actividades científicas, históricas, culturais e lingüísticas para crear resultados de investigación con fins científicos. |