RESOLUCIÓN REITORAL DO 24 DE XUÑO DE 2005 POLA QUE SE PUBLICAN AS NORMAS PARA O RECOÑECEMENTO DE ACTIVIDADES E ESTUDOS DE IDIOMAS COMO CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela, na súa sesión do 20 de xuño de 2005, aprobou novas normas para o recoñecemento de actividades e estudos de idiomas como créditos de libre configuración. No dito acordo establécese que o recoñecemento de niveis de estudos de idiomas do Centro de Linguas Modernas para os alumnos da Facultade de Filoloxía, farase por acordo destes Centros. Consultados ambos centros manifestaron o seu acordo coa normativa.
Consonte ó artigo 20 da Ley Orgánica de Universidades, o reitor desenvolve as líñas de actuación aprobadas polos órganos colexiados e executa os seus acordos, e é por isto que,
este reitorado RESOLVEU
PRIMEIRO.- O recoñecemento de actividades e estudos de idiomas como créditos de libre configuración no expediente dos alumnos regularase polas normas que se establecen na presente resolución.
SEGUNDO.- A partir da data do rexistro de saída da presente resolución, quedan sen efecto todas as normas que se opoñan ó disposto nela e, expresamente as resolucións do 3 de febreiro de 2003 sobre normas para o recoñecemento de actividades como créditos de libre elección; do 14 de septiembre de 2001 sobre niveis de idioma recoñecibles dos estudos impartidos no Centro de Linguas Modernas, as resolucions reitorais de 10 de xullo de 1996 e de 14 de setembro de 2001 de recoñecemento de cursos do Instituto de Idiomas; do 18 de novembro de 2003 e 29 de marzo de 2004 sobre recoñecemento dos módulos de auto-aprendizaxe impartidos no Centro de Linguas Modernas.
Santiago de Compostela, a 24 de xuño 2005
O REITOR
Senén Barro Ameneiro
NORMAS SOBRE RECOÑECEMENTO DE ACTIVIDADES
E ESTUDOS DE IDIOMAS COMO CRÉDITOS DE LIBRE CONFIGURACIÓN
I. PROPOSTAS DE RECOÑECEMENTO
A.- QUEN PODE PROPOÑER
1.- Poderán propoñer o recoñecemento como créditos de libre configuración dunha actividade:
- F acultades, escolas, departamentos ou institutos da Universidade de Santiago de Compostela.
- Outros órganos estables con función docente ou académica da Universidade de Santiago de Compostela.
- Os órganos de goberno xerais que se sinalan no artigo 13.a) da Lei orgánica de universidades (LOU).
2.- No caso de que o organizador da actividade sexa distinto do órgano universitario que propón o recoñecemento, este último asume toda a responsabilidade que puidera derivarse da proposta ante a Universidade.
No caso de que na organización da actividade participen empresas ou organizacións de carácter privado, só se autorizará o recoñecemento no caso de que exista unha implicación e compromiso claro por parte do órgano da Universidade de Santiago que propoña o recoñecemento, respecto á organización e control no desenvolvemento da actividade.
3.- O disposto nestas normas é aplicable ao recoñecemento de actividades como créditos de libre configuración organizadas polos centros adscritos para os seus alumnos.
B.- ACTIVIDADES QUE SE RECOÑECEN
4.- As propostas de recoñecemento e os informes que emitan os centros respecto dunha actividade deben valorar, fundamentalmente, a utilidade na formación dos alumnos, as garantías tanto na organización como no control da asistencia e o rendemento, ademais de que o contido da actividade non sexa idéntico ou semellante aos incluídos nalgunha materia troncal, obrigatoria ou optativa das titulacións para as que se propón. Así mesmo, os informes deberán ter en conta se a proposta respecta, ou non, a normativa
5.- Para a autorización dos seminarios e actividades académicas requirirase, con carácter xeral, que teñan unha duración de trinta horas lectivas. Trinta horas lectivas, serán equivalentes a 1 crédito, agás acordo en contrario, que deberá ser expreso e a súa motivación recollerse na proposta.
6.- A partir da entrada en vigor destas normas, o número máximo de créditos que se poderá recoñecer por unha actividade será de 6.
7.- Quedan fóra do ámbito de aplicación destas normas, as actividades que teñan a consideración de prácticas en empresas, traballos academicamente dirixidos ou estadías.
8.- Non serán recoñecibles como créditos de libre configuración os estudos de posgrao nin partes ou módulos deles, nin de ningunha actividade dirixida exclusiva ou fundamentalmente a alumnos titulados.
A COAP, previo informe do órgano universitario encargado da aprobación definitiva, poderá autorizar o recoñecemento das actividades de formación continua que se estimen adecuadas para a formación de alumnos universitarios.
9.- Non se recoñecerá para os alumnos da universidade en xeral ou dun campus, as xornadas, congresos ou encontros especializados de calquera tipo, nos que o recoñecemento só se producirá no caso de que exista estreita relación coa Universidade, e só para os alumnos dos centros directamente vinculados coa temática do congreso ou encontro.
C.- RECOÑECEMENTO DE ESTUDOS DE IDIOMAS
10.- Poderanse recoñecer como créditos de libre configuración nos expedientes dos alumnos os estudos de idiomas que se relacionan no Anexo. Este recoñecemento estará suxeito ao procedemento e límites indicados para cada un en función dos estudos que cursa o alumno, o nivel de idioma alcanzado así como o idioma cursado na ensinanza media.
11.- O total de créditos recoñecidos no expediente dun alumno por estudos dun mesmo idioma entre os recollidos no Anexo non poderá superar o 50 % do total dos créditos que teña establecidos a súa titulación como créditos de libre configuración.
12.- Os alumnos que cursen materias dun determinado idioma como troncais, obrigatorias, optativas ou de libre configuración, non poderán imputar no seu expediente créditos de libre configuración por recoñecemento de estudos da mesma lingua entre os recollidos no Anexo.
De cursar as materias con posterioridade, quedarán sen efecto no expediente do alumno os recoñecementos efectuados, non dando lugar a devolución dos prezos aboados.
13.- Só se poderán recoñecer os estudos efectivamente cursados, non os estudos validados ou as probas e exames de recoñecemento de nivel.
14.- Para os efectos de recoñecemento de créditos de libre configuración, o Centro de Linguas Modernas expedirá certificación dos estudos superados indicando o número de créditos recoñecible en función dos estudos de ensinanza media do interesado.
As unidades de Xestión Académica controlarán os límites de recoñecemento en función da titulación e materias cursadas polo alumno, ademais de verificaren os requisitos e límites indicados no Anexo para os estudos incluídos nel e cursados en centros alleos á Universidade.
II. TRAMITACIÓN DAS PROPOSTAS
15. As propostas de recoñecemento deberán ser únicas por actividade ou seminario e incluirán necesariamente un responsable académico universitario.
16.- As propostas recollerán todos os datos segundo o modelo de solicitude anexo, e no posible, axustaranse ao dito modelo, dirixíndose ao reitor a través do Servizo de Xestión Académica. As ditas propostas acompañaranse da documentación que se estime conveniente sobre o seu contido para o seu estudo e autorización polo órgano correspondente (memoria, trípticos, folleto, etc.).
17.- As propostas de recoñecemento de cursos, seminarios e outras actividades como créditos de libre configuración, deben axustarse aos seguintes prazos:
a.- Actividades para alumnos de toda a Universidade ou dun campus: deberanse tramitar cunha antelación de 45 días naturais ao comezo da actividade.
b.- Actividades para alumnos de centros concretos: as solicitudes de recoñecemento, incluíndo os acordos favorables das facultades ou escolas afectadas, tramitarase cunha antelación de 20 días naturais ao comezo da actividade.
O incumprimento destes prazos producirá a non autorización do recoñecemento da actividade e o arquivo sen mais trámite da solicitude.
18.- O responsable académico da actividade será o encargado da tramitación da proposta, e de achegar todos os informes favorables dos centros afectados no caso das actividades ás que se refire o apartado 17.b).
19.- Recibida unha proposta de recoñecemento, o Servizo de Xestión Académica examinará a documentación achegada e, no seu caso, presentaralle a proposta de recoñecemento á Reitoría no prazo máximo de 10 días.
20.- No caso de que a documentación sexa insuficiente ou que a actividade ou seminario proposto non se axuste ás normas establecidas, darase conta ao órgano propoñente a través do responsable académico para que resolva as deficiencias no prazo máximo de 10 días. De non recibir resposta neste prazo procederase a arquivar a solicitude.
21.- Recibida unha proposta no Servizo de Xestión Académica, farase pública a través das páxinas WEB da Universidade con indicación do seu estado de tramitación ("en trámite", "autorizada", "non autorizada").
22.- No caso de actividades que se realicen periodicamente sen modificación no seu contido fundamental, poderá dictarse un único recoñecemento para as sucesivas edicións, polo período que se estime conveniente.
III. RESOLUCIÓN DE RECOÑECEMENTO. PUBLICIDADE DE ACTIVIDADES. ACREDITACIÓNS
23.- Corresponde á Comisión de Ordenación Académica e Profesorado do Consello de Goberno (COAP), a autorización de recoñecemento como créditos de libre configuración das actividades que afecten aos alumnos de todos os centros da Universidade, ou a un campus. Tamén lle corresponderá a autorización de propostas xenéricas que afecten a todos os alumnos de distintos centros dunha área determinada.
A Comisión, á vista da documentación presentada poderá solicitar os informes que considere precisos.
24.- Para o recoñecemento de actividades como créditos de libre configuración para os alumnos dun centro ou centros concretos, será suficiente o acordo favorable dos centros afectados.
25.- O recoñecemento de seminarios ou actividades académicas como créditos de libre configuración farao o reitor á vista das propostas e informes preceptivos.
26.- As resolucións polas que se autorice o recoñecemento incluirán un código para identificalas. O responsable académico indicará no certificado oficial de recoñecemento que entregará aos alumnos, este código ademais da data da resolución pola que se autoriza a actividade.
27.- Os organizadores das actividades deberán facer constar na publicidade da actividade na que figure o recoñecemento como créditos de libre elección (carteis, folletos, trípticos, etc.), o código e data da resolución reitoral pola que se autorizou, así como para que titulacións é efectivo o dito recoñecemento.
O responsable académicos da actividade para a que se solicita o recoñecemento será o encargado de facer que se cumpra o disposto nesta normativa.
28.- Ditada a resolución de recoñecemento dunha actividade, será o responsable académico o encargado de entregarlle aos alumnos o certificado acreditativo de superación da actividade, segundo o modelo oficial aprobado pola Secretaría Xeral.
29.- O dito certificado oficial non substituirá en ningún suposto ao diploma ou certificado de asistencia ou superación que entreguen os organizadores, e só deberá expedirse previa petición do alumno interesado. Os exemplares necesarios solicitaranse ao Servizo de Xestión Académica.
30.- O sistema de acreditación mediante certificacións individuais establecido nas normas 26, 28 e 29 poderá ser substituído por unha acta na que se inclúan todo os alumnos que superaron a actividade, mediante autorización expresa da Vicerreitoría de Organización Académica e Profesorado. A dita autorización deberá solicitarse no momento da solicitude de recoñecemento da actividade.
Neste caso e unha vez celebrada a actividade, remitirase a acta ao Servizo de Xestión Académica quen será o encargado da acreditación dos alumnos mediante o procedemento que se estableza.
IV. EFECTOS NOS EXPEDIENTES DO ALUMNADO
31.- Para o recoñecemento de créditos os alumnos presentarán o certificado na unidade de xestión académica onde se lles expedirá, á vista do documento, o impreso de liquidación de prezos públicos. Aboados os prezos públicos o recoñecemento farase de plano e sen máis trámite.
32.- Os recoñecementos dos estudos de idiomas recollidos no Anexo, figurarán coa mención de APTO no expediente e devengarán, tamén, os prezos por crédito establecidos para a titulación que curse o alumno, excepto o recoñecemento de estudos cursados no Centro de Linguas Modernas que devengará o prezo establecido para as validacións.
V. INCUMPRIMENTO DA NORMATIVA
33.- Os organizadores e os profesores que figuren como responsables académicos de calquera actividade da que se faga publicidade como recoñecible con créditos de libre configuración por parte da USC sen o dito recoñecemento, ou ben se a autorización concedida non coincide coa publicada, quedarán inhabilitados para realizaren propostas de recoñecemento durante 3 anos, sen prexuízo doutras medidas que puideran ser adoptadas.
34.- As mesmas medidas poderán tomarse contra quen incumpra de forma grave ou sistemática o establecido no resto das normas, especialmente respecto ao cumprimento dos prazos.
35.- A inhabilitación establecida na norma 33 poderá ser suspendida no primeiro incumprimento e substituída por apercibimento sempre y cando a Reitoría aprecie a ausencia de dolo ou mala fe por parte dos responsables. Dos apercibimentos practicados darase conta á COAP.
VI. NORMAS FINAIS.-
36.- A Reitoría dará conta ao Consello de Goberno a través da Comisión correspondente dos recoñecementos de actividades autorizados por interese universitario, e as que con carácter excepcional non cumpran estritamente estas normas.
37.- Os procedementos de inhabilitación iniciados con anterioridade á aprobación destas normas, terán os efectos do apercibimento recollido na norma 35. A Reitoría fará efectivo o disposto nesta norma mediante notificación aos interesados.
38.- O disposto nestas normas terá efecto dende a data do rexistro de saída da resolución que as faga públicas.
As normas do epígrafe I.C. RECOÑECEMENTO DE ESTUDOS DE IDIOMAS (normas da 10 á 14), terán efectos a partir do inicio do curso 2005-2006, excepto o referente á posibilidade de recoñecemento de estudos cursados en Escolas Oficiais de Idiomas, que será efectivo desde o momento en que se asine o correspondente convenio coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
39.- Á entrada en vigor da presente normativa quedarán sen efecto todas as normas que se opoñan ao disposto nela.
40.- A Reitoría dará a máxima difusión deste Acordo entre a comunidade universitaria e os seus órganos de goberno e administración.
ANEXO.- RECOÑECEMENTO DE ESTUDOS DE IDIOMAS
I. ESTUDOS SUPERADOS NO CENTRO DE LINGUAS MODERNAS (CLM)
A.- CURSOS ORDINARIOS DO CLM
* Con carácter xeral recoñecerase 1 crédito por cada 15 horas. No caso de que o resultado e a transformación sexa un número de créditos non enteiro e distinto de enteiro máis 0,5, redondearase ao múltiplo de 0,5 máis próximo.
* A salvo do disposto na norma 12 Os cursos recoñeceranse a partir do primeiro nivel para os idiomas distintos as linguas cursadas na ensinanza media.
* Os niveis de idiomas dos cursos do CLM recoñecibles para alumnos que cursaran a mesma lingua na ensinanza media (como obrigatoria ou optativa), serán,
|
Francés |
Alemán |
Outros |
|
5º |
3º |
2º |
1º |
B.- MÓDULOS DE AUTOAPRENDIZAJE
* 1 Crédito por cada 15 horas ata un máximo de 5 créditos por cada un dos idiomas.
* Serán aplicables as mesmas limitacións e requisitos que para os cursos ordinarios.
II. ESTUDOS SUPERADOS NA ALIANZA FRANCESA
* O recoñecemento nivel superior inclúe o de niveis inferiores, non son independentes, de forma que se se supera un nivel superior tendo recoñecido xa un inferior só se recoñecerán créditos pola diferenza.
|
DIPLOMA |
NIVEL |
CRÉDITOS RECOÑECIDOS |
|
Diplôme Elémetaire de Langue Française (DELF)
|
1º grado (hasta el A4) |
6 |
|
2º grado (A5 y A6) |
9 |
|
|
Diplôme Approfondi de Langue Française (DALF)
|
Nivel B1 y B2 |
12 |
|
Nivel B3 y B4 |
16 |
III. ESTUDOS SUPERADOS NAS ESCOLAS OFICIALES DE IDIOMAS
* O recoñecemento de cada nivel é independente do resto de forma que se poida recoñecer a un alumno máis dun nivel polo mesmo idioma.
o Estudos a partir do RD 944/2003
|
Nivel Básico |
7.5 créditos para o segundo idioma cursado (1) |
|
Nivel Intermedio |
7,5 Créditos |
|
Nivel Avanzado |
9 Créditos |
(1) Se se cursa un só idioma, o nivel básico non será recoñecido.
o Estudos do primeiro nivel das ensinanzas de idiomas estruturados segundo o R.D. 967/1988
|
Ciclo Elemental |
|
|
Ciclo Superior (certificado de aptitude) |
|