Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Estudantes  »  Asociacións de estudantes

 Asociacións Estudantís

A USC, a través da Vicerreitoría que ten delegada a competencia na actividade das Asociacións Estudantís, pretende estimular, por medio dunha convocatoria anual de “Axudas a programas de actividades estudantís”, as iniciativas encamiñadas ao desenvolvemento do tecido asociativo, á xeración de hábitos participativos e ao coñecemento da Universidade por parte do alumnado, establecendo partidas económicas dedicadas ao financiamento dos seguintes programas de actividades: proxectos de dinamización da información e participación estudantil; participación e organización de congresos, charlas, mesas de debate e foros de estudantes; realización de actividades de carácter social no eido da Universidade; axudas para a  publicacións que den a coñecer as asociacións, as súas actividades ou a problemática social dentro do mundo universitario, todo iso co obxecto de fomentar o fluxo e a obtención de información sobre temas de interese entre os universitarios da USC e doutras niversidades nacionais e estranxeiras.

 

Vicerreitoría de Estudantes Cultura e Formación Continua
Casas Reais, 8
15782 Santiago de Compostela
881814582  Extensión: 12861