Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Estudantes  »  Asesoramento xurídico a estudantes

Asesoramento Xurídico ao Estudantado

- Asesoramento e Orientación Xurídica (Colexio de Avogados)

O Consello Social, en colaboración co Ilustre Colexio de Avogados, ten en marcha un Servizo de Asesoramento e Orientación xurídica ao alumnado da Universidade de Santiago de Compostela en todas aquelas cuestións en que precisen unha orientación xurídica que non estea comprendida nas actuacións propias do ?servizo de Asistencia Xurídica gratuíta e quenda de oficio? e non estean cubertas polos órganos e unidades da Universidade, en particular sobre asuntos civís, mercantís, laborais e de consumo. Queda excluído deste servizo calquera tipo de asesoramento que sirva para a realización de contenciosos e litigacións contra a Universidade.

Datas: 2º e 4º xoves de cada mes das 18,00 a 20,00 horas

Lugar: Dependencias do Colexio de Avogados
Rúa Eduardo Pondal, nº 4 baixo
15702 Santiago de Compostela
Tfno.: 981 581 713/981 560 543

- Informes xurídicos (Escola de Práctica Xurídica)

Sección de Informes Xurídicos (convenio coa Universidade de Santiago de Compostela). A través desta Sección un grupo de alumnos da Escola realiza estudios e informes xurídicos sobre a base de consultas feitas polos alumnos ou polos distintos Vicerrectorados da Universidade de Santiago de Compostela. Estes informes son supervisados polos profesionais que colaboran coa Escola, e que serven para a práctica dos alumnos.

Lugar: Escola de Práctica Xurídica
Facultade de Dereito
Campus Vida
15782. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 58 17 13 / 981 56 31 00 Ext.14634
Fax: 981 59 15 54 - 981 58 11 32