Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Perfís de acceso
  4. »
  5. Estudantes
  6. »
  7. Presentación

Estudantes

Esta parte do sitio web está orientado fundamentalmente aos estudantes xa integrados ou en fase de integración na USC e para a súa inserción final na sociedade e no mercado laboral, recolléndose a información máis significativa para este colectivo empezando polas xestións e consultas personalizadas que se poden facer a través de Internet, como acceder ao contorno de apoio académico, matrícula e modificacións da mesma, consulta do expediente académico, así como acceder ás Aulas de Informática.

Pódese consultar a convocatoria anual de matrícula dos estudantes de primeiro e segundo ciclo e os procesos de Xestión Académica que conleva a mesma; información xeral; e posibles reclamacións que se poden presentar a través da Oficina de Análise de Reclamacións (OAR) que ten encomendada a función de canalizar e dar resposta ás suxestións e queixas que faga o estudantado en relación ao funcionamento dos servizos docentes, administrativos e de apoio da USC. Tamén ofrece á comunidade universitaria un sistema aberto ás opinións e suxestións en orde a mellorar a xestión académica e, por extensión o servizo público que presta a Universidade de Santiago de Compostela.

É importante estar sempre atentos  aos calendarios e prazos que se establezan nos procesos de xestión e para a obtención de apoio económico tanto da USC como doutros organismos para facer máis doado o logro dunha Formación xeral e complementaria, así como en informática e en tecnoloxías da información;para lograr a formación universitaria e o desenvolvemento persoal os estudantes contan coas bibliotecas e con actividades culturais e deportivas.

Para facilitar o desenvolvemento integral da persoa existen actividades de Voluntariado e Participación, actividades e accións nas que se pode colaborar de maneira activa, Promoción Social, servizos destinados a reforzar o papel da USC no seu contorno, Integración Universitaria a través do Servizo de Participación e Integración Universitaria que é o encargado de establecer e coordinar os mecanismos que a USC pon en marcha para fomentar o seu compromiso coa comunidade universitaria en xeral, mediante propostas e servizos que permitan conciliar a vida laboral e familiar e as relacións e proxectos que favorecen as sinerxías entre a USC e o seu contorno.

Tras lograr a formación universitaria a Universidade de Santiago, dentro da súa preocupación de que os seus titulados se integren na Sociedade, orienta aos estudantes e facilítalles o autoemprego a través dos Servizos de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE).

 
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto