Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Perfís de acceso
  4. »
  5. Estudantes
  6. »
  7. Admisión e Matrícula
  8. »
  9. Admisión

Admisións

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/matricula

Os alumnos que fixeron as PAAU no distrito universitario galego, no presente ano, non teñen que solicitar a admisión para iniciar estudos en titulacións sen límite de prazas, poden matricularse directamente. (Ver sección de Matrícula)

Os alumnos que xa están a cursar estudos na USC matricularanse directamente sen solicitar a admisión. (Ver sección de Matrícula)

Os alumnos que fixeron as PAAU noutro distrito universitario ou que xa iniciaron estudos universitarios noutra universidade (incluídas as universidades da Coruña e Vigo) teñen que solicitar a admisión para iniciar ou continuar estudos na USC.

Os titulados universitarios, titulados de formación profesional ou con outros títulos que permitan o acceso directo aos estudos universitarios teñen que solicitar a admisión para iniciar estudos en titulacións sen límite de prazas. Tamén teñen que facer a solicitude de admisión os alumnos da USC que non completaron os estudos dunha titulación e desexan iniciar outros estudos sen límite de prazas. (Ver admisión para inicio de estudos en titulacións sen límite de prazas).

Os alumnos da USC de plans de estudos extinguidos para continuar os seus estudos deberán solicitar previamente a adaptación ao novo plan de estudos na Unidade de Xestión Académica correspondente, dentro do prazo de matrícula.

 
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto