Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Estudantes  »  Admisión e Matrícula  »  Adaptación ao Grao para os alumnos dun plan en proceso de extinción

Adaptación ao Grao para os alumnos dun plan en proceso de extinción

 

 Curso académico 2011/12

 
Os alumnos e as alumnas que cursan estudos nesta universidade dun plan en proceso de extinción poderán optar entre continuar estudos neste plan ou adaptarse aos novos estudos do Grao que substitúe á titulación que cursan.
Non obstante, os que teñan pendente de superar algunha materia xa totalmente extinguida, sen dereito a exame, para continuar os seus estudos deberán adaptarse obrigatoriamente ao Grao.
A adaptación ao Grao farase a través da Secretaría Virtual da USC, nos prazos que se indican a continuación, de acordo coa convocatoria de matrícula. Unha vez feita a adaptación xa se poderá realizar matricular a matrícula no Grao neses mesmos prazos.
Para facer a adaptación, prema sobre o enlace da secretaría virtual.

 

Quen pode solicitar a adaptación

Adaptación voluntaria: os alumnos e as alumnas da USC que cursan estudos nun plan en proceso de extinción e non teñan pendente de superar materias xa extinguidas (sen dereito a exame), poden optar entre continuar os estudos neste plan ou adaptarse ao Grao que substitúe á titulación que cursan.
Adaptación obrigatoria: os alumnos e as alumnas da USC que cursan estudos nun plan en proceso de extinción e teñen pendente algunha materia xa extinguida (sen dereito a exame).
 
A matrícula no Grao será irreversible, de tal xeito que os estudantes non poderán reincorporarse a plan de estudos en extinción. 
 

Prazos de adaptación e matrícula

 
Do 3 ao 21 de outubro.
 
Os alumnos e as alumnas de centros que se acolleron no curso académico anterior ao calendario de Grao e Máster, é dicir, os que cursan titulacións en proceso de extinción que non teñen convocatoria de setembro, poderán facer a solicitude de adaptación e a matrícula do 1 de agosto ao 9 de setembro.
 
Acordo do Consello de Goberno da USC do 14 de maio de 2009
 
Información sobre estudos de Grao