Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Estudantes  »  Admisión e Matrícula  »  Admisión  »  Continuación de estudos en titulacións con límite e cota de prazas

Continuación de estudos en titulacións con límite e con cota de prazas

Curso académico 2011/12

 

Os alumnos que iniciaron os mesmos estudos noutra universidade española deberán solicitar a admisión para continuar estes estudos en titulacións con límite e con cota de prazas.

  

Formulario de solicitude de admisión
 

Titulacións

IMPORTANTE: ver apartado de requisitos

Campus de Santiago de Compostela

Graos (estudos adaptados ao Espazo Europeo Educación Superior)
Titulacións en proceso de extinción
Grao en Medicina: 20 prazas
 Grao en Odontoloxía: 2 prazas  

Grao en Enxeñaría Química: 6 prazas

 
Grao en Xornalismo: 5 prazas  

Campus de Lugo

Graos (estudos adaptados ao Espazo Europeo Educación Superior)
Titulacións en proceso de extinción
 
 
 

   

Prazos

Para titulacións sen con cota de prazas para continuar estudos consulte as seguintes páxinas:

 

Estudos con cota de prazas para traslados
Estudios sin límite de plazas para traslados

CONTINUACIÓN ESTUDIOS GRADO

Estudos iniciados na USC

 

Prazo Xeral

1 agosto – 9 setembro

Non matriculados período anterior (só materias anuais e do 2º cuadrimestre)

13 – 17 febreiro 2012

Estudos iniciados noutra universidade

 

Solicitude de admisión en titulacións sen cota para traslados

1 xullo - 9 setembro

Solicitude de admisión en titulacións sen cota (2º cuadrimestre)

10 - 24 febreiro 2012

Solicitude en titulacións con cota para traslados  

1 – 31 xullo

Solicitude de validación parcial de estudos estranxeiros

1 xullo - 31 xullo

10 – 24 febreiro de 2012

 

CONTINUACIÓN ESTUDIOS TITULACIÓNS EN EXTINCIÓN

Estudos iniciados na USC

 

Prazo Xeral (alumnos con todo superado en xuño)

1 agosto - 21 outubro

Alumnos con materias pendentes na convocatoria de setembro

3 outubro - 21 outubro

2º Cuadrimestre (alumnos non matriculados nos períodos anteriores e só materias anuais e do segundo cuadrimestre

20 - 23 marzo de 2012

 Estudos iniciados noutra universidade

 

Admisión en titulacións sen cota para traslados 

1 xullo - 21 outubro

Solicitude de admisión en titulacións sen cota para traslados 2º Cuadrimestre (só materias anuais e do 2º cuadrimestre)

20 - 23 marzo de 2012

Solicitude en titulacións con cota para traslados   (prazo preferente)

1 - 31 xullo

Solicitude en titulacións con cota para traslados   (non preferente)

1 agosto - 21 outubro

 

Quen ten que solicitar a admisión

Os alumnos que iniciaron e non remataron os mesmos estudos noutra universidade española.

Requisitos

  • Os alumnos que iniciaron estudos de Grao só poderán solicitar continuar nos mesmos estudos de Grao, non poderán solicitar en titulacións en proceso de extinción. Requisito: ter superados 30 créditos de formación básica

  • Os alumnos que cursaron estudos en titulacións non adaptadas ao EEES (Enxeñaría, Diplomatura, Licenciatura, Mestre, Enxeñaría Técnica) poderán optar entre continuar estudos en proceso de extinción ou solicitar a admisión para os estudos de Grao que substitúen á titulación que estaban cursando. Requisito: ter superados 60 créditos propios da titulación (troncais, obrigatorios ou optativos) ou o primeiro curso completo, se a titulación non está estruturada en créditos.

  • Non se admitirán solicitudes para continuar estudos en Graos nos que só se implante o primeiro curso (estas titulacións xa non se inclúen na relación)

Ademais dos requisitos anteriores, os que procedan de universidades privadas deberán ter unha nota de acceso á universidade igual ou superior á do último alumno que accedeu no ano anterior.

As prazas adxudícanse por nota media simple de expediente (protocolo de colaboración coa Xunta de Galicia).

Para estes efectos os solicitantes deberán aportar unha certificación académica completa na que figuren todas as materias cursadas, superadas ou non superadas, o número de créditos, as cualificacións e o número de convocatorias, na que se incluirá a primeira convocatoria ordinaria do curso inmediatamente anterior ao que solicitan a admisión.

Traslado de expediente

Os alumnos que cursaron estudos noutra universidade e non remataron estes estudos, terán que facer traslado de expediente, logo de seren admitidos.