Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Estudantes  »  Admisión e Matrícula  »  Admisión  »  Estudos de Doutoramento: etapa de tese

Admisión nos Estudos de Doutoramento

Admisión nos Estudos de Doutoramento  (regulado polo Real Decreto 778/98 e polo Real Decreto 1393/2007)

Prema no seguinte formulario para inscribirse
 

Formulario de solicitude de admisión 

 

Quen pode solicitalo?

a) Os licenciados/as, enxeñeirosa/as ou arquitectos/as que teñan o Diploma de Estudos Avanzados (DEA), ou a suficiencia investigadora, ou teñan concedida prórroga indefinida para a presentación e defensa da tese ou os alumnos que realizaron cursos monográficos de doutoramento con anterioridade a entrada en vigor do Real Decreto 185/1985 e se lles concedera a exención do requisito de posesión do DEA para acceder a etapa de tese, consonte a normativa anterior ao Real Decreto 56/2005. Tamén poderán acceder os estudantes estranxeiros que teñan títulos equivalentes aos anteriores, expedidos por unha universidade ou centro de ensino superior estranxeiros e sempre que se determine pola Universidade a súa equivalencia.

b) Os que estean en posesión dun título oficial de Máster Universitario, ou outro do mesmo nivel expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior. Os que superaran un Máster non orientado ao doutoramento, poderán matricularse condicionadamente á superación dun período de formación en investigación que estableza a universidade e que se determinará por resolución reitoral, previa proposta da comisión académica. A súa superación será requisito previo para proceder a lectura da tese.

Así mesmo, poderase acceder cumprindo algunha das seguintes condicións:

1) Ter superado 60 créditos incluídos nun ou varios Másters Universitarios, de acordo coa oferta da Universidade. De maneira excepcional, poderán acceder ao período de investigación aqueles estudantes que acrediten 60 créditos de nivel de posgraos que foran configurados, de acordo coa normativa que estableza a Universidade, por actividades formativas non incluídas en Másters Universitarios. Este suposto poderá darse por criterios de interese estratéxico para a Universidade ou por motivos científicos que aconsellen a formación de doutores nun ámbito determinado. En todo caso, para a aprobación deste tipo de período de formación, será necesario contar cun informe favorable da axencia avaliadora de acordo co establecido no artigo 24 do real decreto 1393/2007.

2) Estar en posesión dun título de graduado ou graduada cuxa duración, consonte normas de dereito comunitario, sexa de, polo menos, 300 créditos.

c) Os que superaran un Máster orientado ao doutoramento cursado conforme ao Real Decreto 56/2005 e sempre que teñan un titulo de grao ou equivalente.

d) Os que estean en posesión de título obtido consonte sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior, sen necesidade da súa homologación, pero previa comprobación de que o título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos españois de Máster Universitario e que faculta no país expedidor do título para o acceso a estudos de Doutoramento.

e) Os titulados universitarios que, previa obtención de praza en formación na correspondente proba de acceso a prazas de formación sanitaria especializada, superaran con avaliación positiva alomenos dous anos de formación dun programa para a obtención do titulo oficial dalgunha das especialidades en ciencias da saúde.

Os alumnos e alumnas con estudos estranxeiros de acceso deberán presentar copias compulsadas, traducidas e legalizadas, segundo o caso, dos documentos acreditativos, consonte á normativa da USC. 

Adscripción aos programas de doutoramento (RD 778/1998  ou RD 1393/2007) 

1.- os alumnos que acrediten a titulación de acceso establecida no apartado a), poderán elixir entre solicitar a adscripción nun programa de doutoramento regulado polo RD 778/1998 ou nun programa de doutoramento regulado polo RD 1393/2007.

2.- os alumnos que acrediten a titulación de acceso establecidas nos apartados b), c), d) e e); SÓ PODERAN solicitar a adscripción nos programas de doutoramento regulados polo RD 1393/2007. 

Prazos de solicitude e documentación

A admisión deberá solicitarse a través da secretaría virtual (prema no formulario de solicitude de admisión), declarando a titulación universitaria que posúe nos seguintes prazos:

1º Prazo: do 16 ao 26 de setembro de 2011

2º Prazo: do 2 ao 10 de febreiro de 2012 

Os solicitantes, unha vez formalizada a súa solicitude na secretaría virtual, deberán entregar a documentación académica xustificativa na secretaria administrativa do centro/departamento/instituto no que solicitan a admisión, dentro do prazo de solicitude de admisión.

Os alumnos e alumnas que xa foron admitidos en cursos anteriores non terán que presentar unha nova solicitude de inscrición, e deberán matricularse directamente, a traves da Secretaría Virtual, nos períodos establecidos para a matrícula.

Admisión: procedemento e publicación de listaxes

A comisión académica do máster ou os órganos de dirección do departamento ou instituto universitario, segundo o caso, seleccionará aos alumnos e publicará as listaxes provisorias de admitidos.

1º Período

O día 3 de outubro de 2011 publicarase a relación provisoria de admitidos e excluídos na secretaría virtual e taboleiros dos centros/departamentos/institutos no que solicitaron a súa admisión.

Do 5 ao 13 de outubro de 2011 abrirase o prazo de reclamación nas secretarias administrativas dos centros/departamentos/institutos no que solicitaron a súa admisión.

O 19 de outubro de 2011 publicarase a relación definitiva de admitidos na secretaría virtual e taboleiros dos centros/departamentos/institutos no que solicitaron a súa admisión.

No caso de que queden prazas vacantes no prazo ordinario, excepcionalmente poderán autorizarse admisións de solicitudes presentadas fóra do prazo de solicitudes do primeiro período, ata cubrir as prazas ofertadas, con data límite do 30 de novembro de 2011. Estas solicitudes de admisión formalizaranse directamente polos interesados diante do órgano responsable da admisión que procederá a dar de alta a dita solicitude na aplicación informática e á súa autorización de se-lo caso, sempre dentro do prazo do 1º período de matrícula establecido no calendario de matrícula da USC. 

2º Período
 
O día 15 de febreiro de 2012 publicarase a relación provisoria de admitidos e excluídos na secretaría virtual e taboleiros dos centros/departamentos/institutos no que solicitaron a súa admisión.
 
Do 17 ao 23 de febreiro de 2012 abrirase o prazo de reclamación nas secretarias administrativas dos centros/departamentos/institutos no que solicitaron a súa admisión.
 
O 28 de febreiro de 2012 publicarase a relación definitiva de admitidos na secretaría virtual e taboleiros dos centros/departamentos/institutos no que solicitaron a súa admisión.

As comisións académicas, departamentos ou institutos universitarios deberán enviar á Sección de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua as solicitudes e a documentación académica acreditativa dos títulos de acceso de todos os alumnos e alumnas admitidos na etapa de doutoramento por primeira vez, que acrediten unha titulación de acceso obtida fóra da USC.  

Complementos Formativos nos programas de doutoramento RD 1393/2007

Segundo o establecido no procedemento de admision na etapa de doutoramento no curso 2009-2010 polo Centro de Posgrao da USC, os alumnos que sexan autorizados polas Comisións Académicas dos Programas de Doutoramento do RD 1393/2007 ofertados no presente curso académico 2011-2012 e que deban cursar complementos formativos de investigación, como condición da súa admisión na etapa de doutoramento, e sendo súa superación  requisito previo para proceder a lectura da tese, poderan formalizar a súa matricula no doutoramento no prazo correspondente e deberan solicitar a matricula neses complementos formativos.
 
Nestes casos o/a Coordinador/a do Programa de Doutoramento regulado polo RD 1393/2007, deberá comunicar ao alumno as condicións da admisión na etapa de doutoramento e debera comunicar por escrito á Sección de Posgrao e Terceiro Ciclo da USC, o acordo de autorización de matrícula neses complementos formativos (materias ou módulos de Máster) de pertencer ao seu Máster Oficial.
 
De pertencer os complementos formativos a un master oficial diferente, deberá obter do/a Coordinador/a do dito Máster Oficial, a autorización expresa da dita matrícula.
 
Asemade, entregará a cada un dos alumnos unha credencial na que indicará as materias nas que se debe matrícular no presente curso académico 2011-12 e indicara ao alumno que ten que solicitar por escrito a dita matrícula nos complementos formativos na Sección de Posgrao e Terceiro Ciclo.