Libre elección
Curso académico 2011/12
Matrícula en materias de libre elección.
Poderán matricularse en materias de libre elección os alumnos que cursen estudos de titulacións non adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior (Diplomaturas, Enxeñarías, Enxeñarías Técnicas, Licenciaturas e Mestres).
Os alumnos e alumnas que vaian cursar estudos noutra universidade no marco de convenios ou programas de intercambio interuniversitario non poderán matricularse en materias de libre elección, que se impartan no período en que están realizando o intercambio. Estes alumnos e alumnas deberán matricularse nos créditos de libre elección, de acordo disposto no regulamento de intercambios interuniversitarios (ver apartados 10 e 13 do artigo 9º do
regulamento de intercambios interuniversitarios de estudantes).
Límite de prazas: As materias tanto específicas para libre configuración curricular como as pertencentes a titulacións oficiais, teñen o límite de prazas que se establece na oferta académica.
Poderase formalizar matrícula en todas as materias sen necesidade de inscrición previa (preinscrición), indistintamente que sexan específicas ou non, de acordo co procedemento de xestión das listas que se indica.
Todas as materias estarán sometidas aos requisitos, prelacións e exclusións que se determinan na oferta de materias específicas ou no plan de estudos ao que pertencen. Non se admitirá a matrícula nas materias que teñan prelación, agás que xa se teña superada a materia que fai prelación. Este impedimento non será de aplicación aos alumnos doutras universidades que cursen estudos nesta en virtude dun programa de intercambio, sempre que así figure no acordo académico ou compromiso de estudos.
Criterios específicos para as materias impartidas na Facultade de Filoloxía
Para poder matricularse da “Ampliación da Segunda Lingua...” deberá terse superada a “ Segunda Lingua...” correspondente.
Para poder matricularse da “Literatura da Segunda Lingua II” deberá terse superada a “Segunda Lingua I” correspondente.
Materias de titulacións de centros adscritos: Diplomatura en Traballo Social de Santiago de Compostela, Diplomatura en Relacións Laborais de Lugo e Diplomatura en Enfermaría de Lugo.
A matrícula destas materias liquidaranse de acordo co prezo fixado polo centro adscrito máis o 25% dos prezos públicos establecidos no Decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Procedemento de matrícula e asignación de prazas
A matrícula formalizarase conxuntamente coa matrícula ordinaria nos prazos establecidos na convocatoria de matrícula, que se indican a continuación.
Poderase matricular en todas as materias sen necesidade de solicitude previa, xunto coa matrícula ordinaria, nos seguintes prazos:
a) Todas as materias superadas en xullo:
Do 1 de agosto ao 21 de outubro
b) Con materias pendentes para setembro:
Do 3 ao 21 de outubro
c) Prazo de matricula no segundo cuadrimestre
Do 20 ao 23 de marzo 2012
d) Modificación da matrícula:
1. Do 21 ao 31 de outubro
- Nas materias nas que a demanda é superior á oferta de prazas, non se autorizará a ampliación da matrícula nesas materias, pero si a anulación por parte dos alumnos matriculados.
- Nas materias en que a demanda é inferior á oferta, autorizarase a modificación de matrícula (ampliación ou anulación) ata cubrir as prazas ofertadas, por orde temporal.
2. Do 16 ao 30 de marzo
- Só se ofertarán as materias do segundo cuadrimestre que tiveran prazas vacantes. A prioridade será por orde temporal de modificación de matrícula e ata cubrir as prazas ofertadas.
d) Asignación de prazas:
Farase tras o remate do primeiro prazo de modificación de matrícula, nas materias nas que a demanda supere á oferta de prazas, en función da nota media do expediente. Os alumnos que sexan admitidos xa non poderán anular a matrícula nesas materias, nin siquera no segundo cuadrimestre. Procederase á anulación da matrícula nesas materias aos alumnos que non fosen admitidos, e terán un prazo de 10 días para substituílas por outras.