Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas
Curso académico 2012/13
OFERTA DE PRAZAS VACANTES.
A adxudicación de praza e por orde de inscripción. O prazo de inscripción (matrícula) ábrese as 00 horas do día 20.
Prazas vacantes por especialidade son as seguintes:
|
ESPECIALIDADE
|
SANTIAGO
|
LUGO
|
|
Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática
|
10
|
10
|
|
Ciencias Sociais e Humanidades
|
5
|
-
|
|
Formación Profesional (Sector Servizos)
|
0
|
-
|
|
Formación Profesional (Sector Primario e Secundario)
|
-
|
4
|
|
Linguas e Literaturas
|
0
|
11
|
|
Artes Plásticas e Música
|
0
|
-
|
|
Orientación Educativa
|
10
|
-
|
Quen pode solicitalo e requisitos
Os titulados universitarios de 1º e/ou 2º ciclo e Grao.
Os titulados por sistemas educativos doutros países deberán ter o título homologado
Requisitos:
a) Acreditar o dominio das competencias relativas á especialización que se desexe cursar. Están exentos de acreditar este dominio os que estean en posesión dunha titulación universitaria que se corresponde coa especialización (
ver correspondencia de titulacións por especialidade)
b) Acreditar o nivel B1 de competencias lingüísticas dunha lingua estranxeira (
ver información)
- Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, pola que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais
- Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, que modifica o Real Decreto 1393/2007
- Real Decreto 1834/2008, de 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obligatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial e establécense as especialidades dos corpos docentes de ensinanza secundaria
- Real Decreto 860/2010, do 2 de xullo, polo que se regulan as condicións de formación inicial do profesorado dos centros privados para exercer a docencia nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato
- Orde Ministerial ECI/3858/2007 do 27 de decembro de 2007 (BOE do 29 de decembro), pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para as profesións de Profesor de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas . Con carácter transitorio, para o curso académico 2009/10, foi modificada pola Orde Ministerial EDU/3424/2009, do 11 de decembro de 2009 (BOE do 21 de decembro)
- Resolución do 17 de decembro de 2007, da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación, pola que se publica o acordo do Consello de Ministros de 14 de decembro de 2007, polo que se establecen las condiciones ás que deberán adecuarse os plans de estudos conducentes á obtención de títulos que habiliten para o exercicio das profesións reguladas de Profesor de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas
- Resolución Reitoral do 6 de xullo de 2012, de acceso e admisión ao Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Barcharelato, Formación Profesional e Ensino de idiomas para o curso académico 2012/2013.
As prazas ofertadas por especialidade para o curso 2012/2013 son as seguintes:
|
ESPECIALIDADE
|
SANTIAGO
|
LUGO
|
|
Ciencias Experimentais, Matemáticas e Tecnoloxía e Informática
|
40
|
20
|
|
Ciencias Sociais e Humanidades
|
40
|
0
|
|
Formación Profesional (Sector Servizos)
|
20
|
0
|
|
Formación Profesional (Sector Primario e Secundario)
|
0
|
20
|
|
Linguas e Literaturas
|
40
|
20
|
|
Artes Plásticas e Música
|
20
|
0
|
|
Orientación Educativa
|
20
|
0
|
Correspondencia de titulacións por especialidade
- Nota media do expediente académico
- En cada especialidade, establécense as seguintes cotas de prazas:
|
ESPECIALIDADE
|
PRAZAS SANTIAGO
|
TITULACIÓNS E COTA
|
|
CC.Experimentais, Matemáticas, eTec. e Informática
|
40
|
10 prazaspara as titulacións deArquitectura;Enxeñarías; Licenciatura enFísica, Licenciatura enMatemáticas
|
|
Ciencias Sociaise Humanidades
|
40
|
5 prazaspara as tit. de L. en AntropoloxlaSociale Cultural; Licenciaturaen Filosofía
|
|
LinguaseLiteraturas
|
40
|
15 prazaspara astitulacións:Licenciatura en FiloloxíaGalega;Licenciaturaen FiloloxíaHispánica; Licenciatura enTeorladaLiteraturaeLiteratura Comparada
5 prazaspara a Licenciaturaen Filoloxía Clásica
|
|
Artes PlásticaseMúsica
|
20
|
10 prazas para as titulacións: Arquitectura; EstudossuperioresdeDeseño(LOXSE); Licenciatura en BelasArtes;Licenciaturaen Comunicación Audiovisual;LicenciaturaenHistoriada Arte
|
|
Nota:no casodenon ocuparse asprazasreservadasás titulaciónsestablecidasnascotassinaladas arriba, acumularanseparao resto dastitulaciónsdaespecialidade
|
Prazos
|
Solicitude de praza
|
9 xullo – 31 agosto
|
|
Publicación 1ª listaxes admitidos
|
7 setembro
|
|
1º prazo matrícula
|
10 – 12 setembro
|
|
Publicación segundas listaxes e 2º prazo matrícula
|
14 - 18 setembro
|
|
Matrícula prazas vacantes *
(Asignación por orde de matrícula)
|
ata o 5 de outubro
|
Solicitude de admisión, adxudicación de prazas e matrícula
Solicitude de admisión
O proceso de acceso e admisión, realizarase por especialidades en función da titulación que se posúe (
ver correspondencia de titulacións por especialidade). Os estudantes indicarán dentro da especialidade, de forma orientativa, o itinerario da súa preferencia. No caso da especialidade de Formación Profesional os itinerarios ofertados terán os mesmos efectos que as especialidades.
Os estudantes que posúan unha titulación que lles dea acceso a máis dunha especialidade poderán solicitar varias especialidades indicando a orde de preferencia, que será vinculante para a asignación das prazas.
Nas especialidades nas que se oferten prazas nos Campus de Santiago de Compostela e de Lugo, poderá solicitarse praza en ámbolos dous, indicando a orde de preferencia do campus. Neste caso a orde de preferencia será vinculante, de xeito que se a praza se adxudica no Campus de maior preferencia non poderá optar pola praza do outro campus.
Só se poderá solicitar prazas nas especialidades nas que se estea exento da realización da proba para a acreditación do dominio de competencias.
Rematado o proceso de matrícula determinaranse os itinerarios que se impartirán en función da preferencia sinalada na solicitude de admisión. Os Itinerarios só se impartirán cando o número de alumnos, que de xeito orientativo indicaron a preferencia, sexa igual ou superior a 10 estudantes, neste caso os estudantes deberán matricular as materias específicas dos itinerarios que se impartan. No caso contrario, que non se impartan as materias específicas do itinerario indicado como preferente, por non acadar o número de alumnos, os estudantes afectados deberán matricular as materias específicas dos itinerarios ofertados que se impartan na especialidade, ou solicitar a anulación de matrícula, de selo caso.
En relación con estes casos, a Universidade podería ditar unha instrución que permitise ofertar estas materias aos estudantes mediante un sistema de titoría e docencia asistida.
A solicitude de praza realizarase a través da secretaría virtual da USC declarando os datos da titulación de acceso e do expediente académico, indicando por orde de preferencia as especialidades que solicita.
Adxudicación de prazas
Nas especialidades do máster en que a matrícula sexa superior ás prazas ofertadas, para a adxudicación de prazas teranse en conta as cotas de reserva, as preferencias manifestadas polo alumno e a valoración do expediente académico.
Para realizar a selección do alumnado, as solicitudes ordenaranse dentro de cada especialidade/campus e nos cupos reservados por titulación segundo a nota media do expediente académico, aplicando a declarada polos solicitantes no momento de cumprimentar os datos para a súa solicitude de praza.
No primeiro prazo de matrícula convocarase aos alumnos admitidos. No caso de que non se matricularan todos os admitidos neste primeiro prazo, convocaranse aos seguintes da listaxe de agarda para que se matriculen no segundo prazo. No caso de que quedasen prazas vacantes despois de rematar o período do 2º prazo de matrícula, e o solicite a Comisión Académica do Máster, abrirase un prazo ata o 5 de outubro na que asignación das prazas vacantes farase exclusivamente por orde temporal de matrícula.
Se transcorrido o prazo de adxudicación de prazas nunha especialidade, ou en varias, non se cubren as prazas ofertadas, as que queden libres (vacantes) acumularanse ás especialidades nas que exista maior demanda, seguindo criterios de proporcionalidade.
Nas especialidades do máster en que existen cotas reservadas e que, unha vez adxudicadas as prazas dun determinado grupo, resultaran prazas vacantes, estas acumularanse ao resto dos grupos.
Matrícula
A matrícula deberá formalizarse a través da secretaría virtual da USC.
Os prezos que se aplicarán por cada crédito será o establecido no Decreto da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sobre prezos correspondentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o curso académico 2012/13.
A matrícula deberá realizarse nos 60 créditos que integran o Máster, de acordo coa oferta do programa de estudos da especialidade.
Os solicitantes que cursaron os estudos declarados para o acceso ao máster noutra universidade, deberán remitir ou entregar na
Unidade de Xestión Académica correspondente, no prazo de dez días seguintes ao de realización da matrícula, a seguinte documentación:
- Fotocopia compulsada do título universitario ou da certificación acreditativa do pagamento dos dereitos para a súa expedición.
- Certificación académica dos estudos cursados na que figuren todas as materias cursadas e as cualificacións obtidas na titulación declarada para o acceso ao máster
- Os titulados universitarios por outro país deberán presentar a credencial de homologación expedida polo Ministerio de Educación español
- Acreditación do nivel B1 dunha lingua estranxeira. Os que fixeron a proba de nivel na USC non terán que acreditalo (ver información)
Os solicitantes que cursaron os estudos de acceso na USC non terán que achegar ningunha documentación sobre estes estudos.
Calquera omisión ou falsidade na declaración dos datos da titulación de acceso ou do expediente académico que induza a facer unha valoración de expediente incorrecta, poderá dar lugar á anulación da matrícula, e, cando proceda, a ser excluído do proceso de adxudicación de prazas