Simultaneidade de estudos
Curso académico 2011/12
1. Simultaneidade de estudios de titulación non adaptadas ao EEES
Os alumnos da Universidade de Santiago de Compostela poderán simultanear os estudos de dúas titulacións das que imparte esta Universidade, se teñen superados como mínimo os créditos dos que están obrigados a formalizar matrícula no primeiro curso. A acreditación de ter o número de créditos superado será título suficiente para simultanear estudos.
Permitirase a simultaneidade de estudios en titulacións que teñan límite de prazas cando:
a) Se trate de acceso a segundos ciclos.
b) O expediente académico do alumno, calculado ó abeiro das normas de xestión académica, sexa de 1 punto na titulación que está a realizar.
2. Simultaneidade entre Graos ou dun Grao e un Master Oficial
Os alumnos e alumnas que pretendan simultanear dúas titulacións deberán solicitalo na Unidade de Xestión Académica que se corresponda coa titulación onde vaia a iniciar os novos estudos, de acordo co disposto nas normas de xestión académica. Non caso de que se autorice a simultaneidade con ensinanzas de grao, poderase matricular nun máximo de 75 créditos entre ambos estudos. De non ter previamente solicitada a autorización, poderase iniciar o procedemento de anulación dunha das matrículas, previa audiencia ao interesado ou interesada.
Cando ao alumno lle resten unicamente para concluír os estudos a superación do proxecto ou traballo de fin de grao ou de máster, autorizarase a simultaneidade sen que lle aplique, neste caso, o número máximo de 75 créditos entre ambos estudos, senón que se permitirá a matrícula no proxecto ou traballo e nun máximo de 60 créditos nos outros estudos.
3. Simultaneidade entre titulacións adaptadas ao EEES e titulacións non adaptadas ao Real Decreto 1393/2007
Os alumnos e alumnas que pretendan simultanear dúas titulacións deberán solicitalo na Unidade de Xestión Académica que se corresponda coa titulación onde vaia a iniciar os novos estudos conforme á Normativa de Xestión Académica e o establecido na presente Resolución.. Non procederá a autorización cando superen 90 créditos en total. Tamén se permitirá a matrícula no proxecto ou traballo e nun máximo de 60 créditos nos outros estudos.