Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Estudantes  »  Admisión e Matrícula  »  Posgrao  »  Admisión e matrícula formación continua

Admision e matrícula en cursos de Formación  Continua

 

 

Estudos de Formación Contínua 

Son estudos de duración curta orientados á formación continua ou a temas de especialización moi específicos.Os estudos de Formación Continua da Universidade de Santiago de Compostela poden ser tres tipos de cursos:

  1. Cursos Básicos: de 1 ata 3 créditos
  2. Cursos de Perfeccionamento: de 3 ata 10 créditos
  3. Cursos de Experto Universitario: de 10 créditos ou máis

A participación regular nun destes cursos, entendida segundo os criterios que se determinen, dará lugar a un Diploma de Participación. Se o curso inclúe un procedemento de avaliación, aqueles estudantes que o superen recibirán un Diploma de Aproveitamento.

Admisión e matrícula.

 Os/as aspirantes a cursaren estudos de formación continua presentarán a correspondente solicitude de admisión e no lugar e prazo que o director dos estudos fixe, debidamente publicitados a través do Centro de Posgrao, no modelo normalizado doc  Solicitude de admisión en cursos de posgrao propio ou de formación continua (P10) [doc - 95Kb] 

O/a director/a realizará un proceso de selección e efectuará as seguintes xestións:

  • Publicar as listas de admitidos e excluídos.
  • Fixar o prazo de reclamacións.
  • Publicar as listas definitivas de admitidos/as e o horario de impartición dos estudos.
  • Publicar os prazos de matrícula.

Os/as alumnos/as deberán formaliza-la matrícula  na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA, entregando ou enviando o impreso de solicitude normalizado doc Solicitude de matrícula en cursos de posgrao propio ou de formación continua (P11) [doc - 95Kb]    nas datas que se indicarán para cada un dos cursos, e aboarán o importe de matrícula que corresponda mediante o ingreso nunha conta bancaria da Universidade, unha vez recibida a liquidacion de matricula emitida. 

 

Expedición dos diplomas

Os diplomas de aproveitamento e de participación nos cursos de formación continua expedidos pola USC serán asinados polo reitor ou persoa en quen delegue e polo xefe da dependencia administrativa responsable da tramitación e expedición do correspondente título, en modelo normalizado no que poderá figurar impresa a sinatura do reitor, e causarán constancia rexistral nun Rexistro creado para tal efecto. No reverso do diploma figurará a relación de materias e créditos cursados.

As solicitudes de expedición presentaranse na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA (Pavillón estudiantil- Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela), con posterioridade ao depósito das actas cubertas polos responsables dos cursos na mesma,

Para a expedición pola USC de Títulos Propios, Diplomas e certificados é necesario realiza-lo pagamento  previo das taxas que aprobe o Consello Social para cada ano académico.

 

Seguro Obrigatorio

Establecemento Seguro Obrigatorio de Accidentes e Asistencia en viaxe para estudantes da USC (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009).Para garantir que todos/as os alumnos/as teñan subscrito un seguro obrigatorio de accidentes no momento de matricularse, o seu importe inclúese na liquidación da matricula. 

 

Anulación de matrícula

As solicitudes de anulación de matrícula, e a conseguinte devolución do importe aboado atenderase nos seguintes casos:, segundo o establecido na "Instrucción sobre a xestión económica dos cursos de posgrao propio", tras o acordo da Comisión de Posgrao do día 27 de xullo de 2001, onde resolveu

  1. Atenderanse en tódolos casos as solicitudes presentadas antes da finalización do prazo de matrícula.
  2. Atenderanse as solicitudes presentadas logo da finalización do prazo anterior e anteriores ó inicio do curso, sempre que conten con informe favorable da dirección.
  3. As solicitudes presentadas con posterioridade ó inicio das actividades do curso non darán lugar a devolución, salvo causas imputables á Universidade ou motivos extraordinarios e probados que lle ocorreran ó interesado. Neste último caso é preciso ademais informe favorable da dirección do curso.

Deberán ser presentadas por rexistro e dirixirse a Sección de Posgrao, 3º Ciclo e Formación Continua (Pavillon Estudiantil, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela) mediante modelo formalizado (P12)  pdf Solicitude de anulación de matrícula en cursos de Posgrao e de Formación Continua [pdf - 114 kb][Actualizado: 12/7/11].

 

Formularios e Impresos 

doc  Solicitude de admisión en cursos de posgrao propio ou de formación continua (P10) [doc - 95Kb]  Impreso para solicitar a admisión nun curso de posgrao propio (Máster / Especialización) ou de formación continua. Debe remitirse ao Departamento ou Centro que organiza o curso (consultar enderezos)

doc Solicitude de matrícula en cursos de posgrao propio ou de formación continua (P11) [doc - 95Kb]  Impreso para solicitar a matrícula nun curso de posgrao propio (Máster / Especialización) ou de formación continua. Debe presentarse na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA (Pavillón estudiantil - Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela) nos prazos de matrícula publicados para cada curso.

doc Solicitude de bolsa de matrícula en cursos de posgrao propio: Masteres propios e cursos de especialización (P40) [doc - 112Kb]  Impreso para solicitar bolsa de matrícula en cursos de posgrao propio a presentar xunto co formulario de admisión. Máis información

pdf Solicitude de Recoñecemento de estudos de Posgrao Propios da USC [pdf - 122 kb][Actualizado: 12/7/11] .  Impreso para solicitar o recoñecemento de estudos de posgrao propio cursados na USC (Máster, Especialización ou de formación continua) en edicións anteriores aos efectos dunha nova edición, segundo o establecido na "Resolución reitoral do 28 de xullo de 2006 sobre Recoñecemento de Estudos de Posgrao Propios da USC"

 pdf Solicitude de anulación de matrícula en cursos de Posgrao e de Formación Continua [pdf - 114 kb][Actualizado: 12/7/11]. Impreso para solicitar a anulación de matrícula nun curso de posgrao propio (Máster / Especialización) ou de formación continua. Debe remitirse a Sección de Posgrao e Terceiro Ciclo e Formación Continua (Pavillon Estudiantil - Campus Vida- 15782 Santiago de Compostela).