Estudos de Posgrao Propio
Son aqueles que están encamiñados á formación de especialistas, sobre todo en ramas interdisciplinarias e de interese social, cultural, científico técnico e /ou profesional.
A Lei Orgánica 11/1983 de Reforma Universitaria, recoñece ás Universidades, en uso da súa autonomía, a facultade de impartir ensinanzas conducentes á obtención de títulos ou diplomas, ademais daqueles que teñen validez en todo o territorio español. O Real Decreto 778/1998, que regula a obtención dos títulos de doutor e doutros estudos de posgrao, desenvolve a norma anterior, e di textualmente que as Universidades "poderán impartir ensinanzas para titulados universitarios sobre campos do saber propios da carreira de procedencia ou de carácter intercurricular e especialmente orientados á aplicación profesional dos ditos saberes"
Quen supere estas ensinanzas poderá obter o correspondente título ou diploma propio da Universidade.
Os estudos de posgrao propios da Universidade de Santiago de Compostela poden ser:
Másteres propios
Son estudos que teñen unha duración mínima de 50 créditos entre teóricos e prácticos e unha duración lectiva de, polo menos, un curso académico.
Como norma xeral para acceder a estas ensinanzas é requisito previo unha titulación universitaria correspondente ó 2º ciclo. Excepcionalmente poderán accede-los titulados de primeiro ciclo, cando a especificidade dun Máster concreto e a súa conexión coa formación de posgrao de titulados universitarios estea suficientemente xustificada.
Poderán ser admitidos/as nun Máster, cando así se dispoña na programación deste ou por acordo posterior da Comisión de Posgrao Propio, os/as alumnos/as que teñan superados os créditos do primeiro ciclo das actuais titulacións de dous ciclos, sempre que non lle falten máis de 30 créditos para obter a titulación. En todo o caso, para poder obter o título de Máster, o/a alumno/a deberá posuír a condición de titulado/a antes de acabar o ano académico correspondente ós estudos. Os/as alumnos/as que cursaran estudos nun Master e non tiveran dereito ao título poderán solicitar unha certificación de ditos estudos.
Cursos de especialización
Teñen unha duración mínima 20 créditos, e poderán acceder a estas ensinanzas os/as titulados/as universitarios de primeiro ou segundo ciclo. Tamén poden acceder aqueles/as profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando cumpran os requisitos legais de acceso á universidade, e así se recolla expresamente na convocatoria. Así mesmo, poderán acceder alumnos/as non titulados/as, pero tendo en conta que para poder obter o título de Especialista Universitario deberán posuír a condición de titulados/as antes de acabaro ano académico correspondente ós estudos.
Os/as alumnos/as que obteñan a cualificación global de "apto" terán dereito á expedición dun título propio da Universidade de Santiago de Compostela. Os/as alumnos/as que non obteñan esta cualificación poderán solicitar unha certificación académica das materias cursadas. As solicitudes dos títulos como das correspondentes certificacións se farán na SECCIÓN DE TÍTULOS DA USC (Pavillón estudiantil - 2º andar- Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela), unha vez estean depositadas as actas cubertas polos responsables dos cursos.Para a expedición pola USC de Títulos Propios, Diplomas e certificados é necesario realizar o pagamento das taxas que aprobe o Consello Social para cada ano académico.Os títulos propios de posgrao expedidos pola USC serán asinados polo reitor, polo interesado e polo xefe da dependencia administrativa responsable da tramitación e expedición do título, en modelo normalizado no que poderá figurar impresa a sinatura do reitor, e causarán constancia rexistral nun Rexistro Universitario de Títulos Propios, con análogas condicións de identificación, custodia, certificación e carácter público que o rexistro universitario de títulos oficiais. No reverso do titulo figurará a relación de materias e de créditos superados.
Os/as aspirantes a cursar estudos de Posgrao Propio deberán reuni-los requisitos xerais mencionados e tamén os específicos de cada un dos cursos. As solicitudes de admisión presentaranse nas secretarías dos departamentos, centros ou institutos universitarios que ofrezan estes estudos, nos prazos que se fixen para cada un deles. Na solicitude, que se poderá facer nun modelo normalizado (
P10 [doc - 95Kb]), indicarase se o/a alumno/a desexa ser considerado/a para unha bolsa (no caso de que o curso ofreza a súa concesión).
Unha vez efectuada a admisión pola comisión académica de cada curso, se efectuarán as seguintes xestións:
Os/as alumnos/as deberán formalizar a matrícula na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA (Pavillón estudiantil- Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de Compostela) mediante modelo normalizado (
P11 [doc - 95Kb]), nas datas que se indicarán para cada un dos cursos, e aboarán o importe de matrícula que corresponda coa a folla de liquidación de prezos públicos facilitada pola Sección de posgrao, Terceiro ciclo e Formación Continua no momento de formalizar a matrícula. No caso de non ter resolta a concesión da bolsa de matricula, de ser solicitada polo alumno diante do curso, provisionalmente e sempre que exista indicación polo interesado no formulario de matrícula, emitirase unha liquidación na modalidade de "solicitante de bolsa" que non será firme ate a resolución definitiva por parte da Comisión Académica do curso correspondente, e segundo o establecido na normativa aplicable.
Criterios para concesión de bolsas de matrícula para alumnos de cursos de posgrao propio
Non será de aplicación ningún tipo de exención, reducción ou subvencion de prezos públicos das establecidas na convocatoria oficial de matricula da USC, aos alumnos e alumnas que se matriculen en titulacións propias da USC
Os requisitos e o procedemento estan regulados na
Resolución Reitoral 28 xullo 2006 sobre Recoñecemento de Estudos de Posgrao Propios da USC [pdf - 214 kb][Actualizado: 12/7/11] .
O prazo para formalizar a solicitude de recoñecemento total ou parcial de estudos de posgrao propios da USC, será o do período de formalización da matrícula nos ditos estudos que se estean a impartir na USC no curso académico 2011-2012, segundo a oferta aprobada na Comisión de Posgrao desta Universidade.
As solicitudes deberán ser presentadas por rexistro e dirixirse a Sección de Posgrao, 3º Ciclo e Formación Continua (Pavillon Estudiantil, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela) mediante modelo formalizado ( P13)
Solicitude de Recoñecemento de estudos de Posgrao Propios da USC [pdf - 122 kb][Actualizado: 12/7/11] .
O alumnado que se atopen en posesión dun título estranxeiro, e que desexen realizar estudos de Posgrao Propio (Máster ou Especialización) na Universidade de Santiago de Compostela, poderán facelo sen necesidade de homologar previamente o seu título. Para estes efectos será suficiente a autorización outorgada polo reitor. Estes/as alumnos/as, ademais de solicitar a admisión polo procedemento establecido, deberán acreditar a titulación que posúen, que haberá de ser equivalente ós españois de licenciado/a, enxeñeiro/a ou arquitecto/a ou diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a e arquitecto/a técnico/a. A autorización do reitor, que se expedirá previa comprobación da correspondencia do título estranxeiro presentado.Esta autorización unicamente será válida para realizar o curso no que sexa admitido.Para a formalización da matrícula nestes caso ademais de todo o reflectido no apartado de matrícula, estes alumnos deberán entregar copia da solicitude de equivalencia xunto co formulario de matrícula na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA.
Establecemento Seguro Obrigatorio de Accidentes e Asistencia en viaxe para estudantes da USC (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009).Para garantir que todos/as os alumnos/as teñan subscrito un seguro obrigatorio de accidentes no momento de matricularse, o seu importe inclúese na liquidación da matricula.
As solicitudes de anulación de matrícula, e a conseguinte devolución do importe aboado atenderase nos seguintes casos:, segundo o establecido na "Instrucción sobre a xestión económica dos cursos de posgrao propio", tras o acordo da Comisión de Posgrao do día 27 de xullo de 2001, onde resolveu
Deberán ser presentadas por rexistro e dirixirse a Sección de Posgrao, 3º Ciclo e Formación Continua (Pavillon Estudiantil, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela) mediante modelo formalizado (P12)
Solicitude de anulación de matrícula en cursos de Posgrao e de Formación Continua [pdf - 114 kb][Actualizado: 12/7/11].
Solicitude de admisión en cursos de posgrao propio ou de formación continua (P10) [doc - 95Kb] Impreso para solicitar a admisión nun curso de posgrao propio (Máster / Especialización) ou de formación continua. Debe remitirse ao Departamento ou Centro que organiza o curso (consultar enderezos)
Solicitude de matrícula en cursos de posgrao propio ou de formación continua (P11) [doc - 95Kb] Impreso para solicitar a matrícula nun curso de posgrao propio (Máster / Especialización) ou de formación continua. Debe presentarse na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA (Pavillón estudiantil - Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela) nos prazos de matrícula publicados para cada curso.
Solicitude de bolsa de matrícula en cursos de posgrao propio: Masteres propios e cursos de especialización (P40) [doc - 112Kb] Impreso para solicitar bolsa de matrícula en cursos de posgrao propio a presentar xunto co formulario de admisión. Máis información
Solicitude de Recoñecemento de estudos de Posgrao Propios da USC [pdf - 122 kb][Actualizado: 12/7/11] . Impreso para solicitar o recoñecemento de estudos de posgrao propio cursados na USC (Máster, Especialización ou de formación continua) en edicións anteriores aos efectos dunha nova edición, segundo o establecido na "Resolución reitoral do 28 de xullo de 2006 sobre Recoñecemento de Estudos de Posgrao Propios da USC"
Solicitude de anulación de matrícula en cursos de Posgrao e de Formación Continua [pdf - 114 kb][Actualizado: 12/7/11]. Impreso para solicitar a anulación de matrícula nun curso de posgrao propio (Máster / Especialización) ou de formación continua. Debe remitirse a Sección de Posgrao e Terceiro Ciclo e Formación Continua (Pavillon Estudiantil - Campus Vida- 15782 Santiago de Compostela).