Quen pode solicitar a validación parcial de estudos estranxeiros?
Os estudantes que xa iniciaron estudos universitarios noutro país, poden solicitar a validación para continuar os mesmos estudos na USC
Requisitos
- Unicamente se admitirán solicitudes de validación parcial para os mesmos estudos universitarios xa iniciados noutro país. Para estes efectos, no caso de diferente denominación da titulación, a comisión de validacións deberá informar se os estudos cursados outorgan as mesmas competencias académicas e profesionais que a titulación de Grao para a que se solicita a validación.
- Para proceder á admisión destes alumnos e alumnas, deberá recoñecérselles previamente un mínimo de 30 créditos en materias do Grao para o que se solicita a admisión. Nas titulacións que teñan establecida unha cota de prazas para este colectivo, as prazas adxudicaranse por orde do maior número de créditos recoñecidos.
- Dende o curso académico 2010/11, non se admiten solicitudes de validación parcial de estudos estranxeiros para plans de estudos en proceso de extinción.
- O alumnado que accede á universidade polo procedemento xeral de ingreso, e cursara estudos universitarios oficiais noutro país, poderán solicitar o recoñecemento parcial dos estudos superados para os estudos de Grao nos que se matricularan, de acordo coas normas e requisitos establecidos para o recoñecemento de estudos.
Titulacións con cota de prazas
Campus de Santiago
Campus de Lugo
Nas demais titulacións de Grao non se estableceu cota de prazas, polo que se admitirán todas as solicitudes que cumpran os requisitos.
Prazos e lugares de presentación
- Para todas as titulacións: entre o 1 e o 31 de xullo, ou entre o 10 e o 24 de febrero de 2012 na Unidade de Xestión Académica correspondente á titulación
Efectos
- A validación parcial de estudos estranxeiros só permitirá cursar na USC os estudos para a que se conceda. Non se poderá cursar outros estudos distintos.
Incompatibilidade
- Os titulados universitarios por outro país poden optar entre solicitar a homologación de estudos no Ministerio ou solicitar a validación parcial de estudos nesta universidade, pero non se poderá facer simultaneamente. Se tivera solicitada a homologación do título, deberá esperar a que se resolva. En caso de que fora negativa, poderá solicitar a validación parcial de estudos