O valedor da comunidade universitaria é o órgano designado polo Claustro para a defensa e garantía dos dereitos dos membros da comunidade universitaria.
Poderá ademais instar e promover ante os órganos correspondentes actuacións e iniciativas para mellorar os dereitos e liberdades da comunidade universitaria así como a calidade en calquera ámbito da Universidade.
É unha institución independente dentro da Universidade, non está sometida a mandato imperativo ningún nin recibe instruccións de ningunha autoridade ou órgano de goberno.