Estimados amigos/as e compañeiros/as:
Comeza un novo curso académico e con él iniciamos o programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, moi valorado nos centros de Ensino Medio e co que pretendemos informar aos futuros universitarios de todo o que a USC lle ofrece.
Gustaríame que colaborárades neste programa, tanto os que o fixestes en anos anteriores, como os que non. Como coordinador do programa “A Ponte” é para min unha satisfación o ver como colaborades co programa dun xeito desinterado. Estas son as cousas que nos fan sentir orgullosos de pertencer a esta institución.
No caso de que te animes a colaborar nestas charlas de presentación , rogámosche que cubras a ficha (
deberédela cubrir tamén os que xa fostes colaboradores en anos anteriores) que poderás descargar da seguinte páxina web: (
FICHA) e nola remitas antes do día 8 de outubro, ben por correo electrónico a:
aponte@usc.es ou por correo postal ao seguinte enderezo:
Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”
Pavillón Estudantil, 2º andar
Campus vida
15782 Santiago de Compostela
Máis adiante teremos unha xuntanza, da que recibirás convocatoria, para unha primeira toma de contacto.
Unha aperta,
Luis Mª. Hervella Torrón
Coordinador
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2012
PDI e PAS de USC