Curso de Titores
Os alumnos titores
A figura do alumno titor é a dun estudante “veterano”, que, fundamentalmente, orienta e apoia ó novo estudantado que se incorpora a un centro e titulación da USC, estando a disposición deste para facilitarlle a orientación e a súa mellor integración no eido universitario. As funcións do titor poderían resumirse do seguinte xeito:
- Apoiar, informar e orientar ós alumnos na súa integración na USC
- Darlles atención individual e colectiva no momento de acollida na Facultade, informándolles da estrutura física, organizativa e funcional desta.
- Informarlles da estrutura da titulación: cursos, materias, profesores...
- Informarlles, apoialos e estar á súa disposición para dirixilos ós órganos e instancias do centro ou da USC mais apropiadas para xestionar as súas dúbidas, problemas, etc.
- Informarlles das convocatorias de programas europeos, nacionais e trasnacionais, que serven de complemento formativo para os alumnos.
- Recoller as súas suxerencias, queixas, opinións,… e trasladalas ó equipo de dirección do centro
Requisitos e programa de formación dos alumnos titores:
Para ser alumno titor, deben terse superados,como mínimo, 60 créditos da súa titulación, presentarse á convocatoria do programa de alumnos titores que anualmente convoca a USC e ser seleccionado.
Unha vez seleccionado o alumno debe completar un programa de formación que consta de dúas fases:
- No primeiro ano o curso é teórico para preparar ao alumnado para exercer como titor no segundo curso. O programa consta de 10 temas, una parte xeral na que se explica a organización da universidade, e una parte especifica na que se da información de cada centro en particular. O alumnado o remate do curso debe entregar unha memoria.
- As clases teóricas impártenas profesores e persoal de administración da USC.
- Os alumnos que superan o primeiro curso realizarán no seguinte ano a segunda parte que é práctica, e consiste na acollida de alumnos de novo ingreso do centro onde están matriculados, exercendo como titor todo o ano, así como a colaboración no Programa “A Ponte” dentro da actividade de “Encontros” encargándose de acompañar aos alumnos na visita aos Centros da USC, ao Patrimonio Histórico e ao Museo.
- A avaliación positiva das dúas fases dará dereito ao recoñecemento de 6 créditos optativos no expediente do alumno, como participación dos estudantes en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil e de cooperación, dentro das cales está a actividade “ Programa de Titores”.