Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Futuros estudantes  »  Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC  »  Directores e orientadores ensino medio

Directores e Orientadores do Ensino Medio de Galicia

 

Santiago de Compostela, 5 de  novembro de 2012

 

Estimados/as Directores/as e Orientadores/as:

 

Desde o programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” unha vez mais queremos invitarvos a participar nunha primeira reunión a celebrar o mércores día 21 de novembro no Salón Nobre de Fonseca sito no Colexio Fonseca (Praza de Fonseca), coa finalidade de poñer en marcha o programa para o curso 2012-13.

 

Nesta reunión falarase entre outros asuntos das actividades propostas polo Programa “A Ponte” para o presente curso e fixaranse as datas para o desenvolvemento das mesmas.

 

Quero agradecervos o voso interese e colaboración na tarefa de acercar a USC ao ensino medio e agardo poder saudarvos persoalmente ese día.

 

 
Un cordial saúdo
Luís Mª Hervella Torrón
Coordinador do Programa “A Ponte”

                    

XUNTANZA “ A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC”

 

DÍA: 21 de novembro de 2012
HORA: 11,30 horas
LUGAR: Salón Nobre de Fonseca sito no Colexio Fonseca (Praza de Fonseca).

 

Localización: O emprazamento do Colexio de Fonseca está ao carón do pazo de San Xerome (praza do Obradoiro). Os que o precisen, dispoñen dun aparcadoiro soterrado de prezo económico fronte ao antigo Hospital Xeral, na rúa Galeras.

 

ORDE DO DÍA:
 
11:00a 11.30- Recepción de participantes. Entrega de materiais.

 

           
As 11,30h:
 
1. Apertura do acto.
2. Intervención do Coordinador do Programa “A Ponte”.
3. Títulos Propios da USC. Presentación dos mesmos pola Directora do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e do Secretario do Instituto de Criminoloxía
4. Museo de Historia Natural da USC. Presentación a cargo da Directora do mesmo.
5. Participación e integración universitaria. Accións dedicadas á Integración
6. Postgrao e Formación Continua. Intervención do Vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, e do Vicerreitor de Estudantes e Formación Continua”,
7. Probas de acceso á Universidade. Representante da  USC na CIUG.
8. Rogos e preguntas.

  

PRÉGASE CONFIRMAR ASISTENCIA AO ACTO ANTES DO DÍA 19 de novembro de 2012, MEDIANTE CORREO ELECTRÓNICO aponte@usc.es, cumprimentando a ficha que se adxunta, OU NO TELÉFONO 881814576 ou no 881814552. 

 

doc Modelo confirmación de asistencia Directores e Orientadores 2012 [doc - 206 kb][Actualizado: 6/11/12]