Encontros na Zona USC
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2013
Estimado/a director/a, orientador/a:
A Universidade de Santiago de Compostela ten a ben informarlle da celebración dos “Encontros na Zona USC”, no Campus de Santiago, co fin de que os estudantes de 1º e 2º de bacharelato de seu Centro coñezan a nosa Universidade e teñan información de primeira man sobre os estudos que pensan cursar.
Campus de Santiago: Días: 19, 20 e 21 de febreiro
Prazo de inscrición: ata o 8 de febreiro
Axuntámoslle a este escrito a ficha de inscrición, na que se recollen os puntos de encontro e tódolos percorridos dos Campus de Santiago. Se desexan participar nestes encontros, pedímoslle que sinalen na ficha o día escollido e o número de estudantes que acudirán a cada percorrido. Teñan en conta que cada estudante pode escoller o percorrido que máis lle interese, sen ter que ir toda a clase xunta.
O persoal da USC farase cargo de recibir nos puntos de encontro, aos estudantes participantes e acompañalos nos distintos percorridos.
Por esixencias de organización, non será posible admitir inscricións despois das datas sinaladas.
As fichas de inscrición deberán remitilas ao correo electrónico aponte@usc.es Si o desexan tamén poden envialas por correo postal ao seguinte enderezo:
“A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”.
Pavillón Estudantil, 2º andar. Campus Vida.
15782 Santiago de Compostela.
Para calquera aclaración poden poñerse en contacto co Programa “A Ponte” no teléfono: 881814552 e 881814576.
Agradecendo unha vez máis a súa colaboración e interese, reciba un cordial saúdo.
O Coordinador
Luis Mª. Hervella Torrón
Directores/as e Orientadores/as de centro de Ensino Medio de Galicia