“Acto de recoñecemento aos mellores expedientes”. Curso 2012-13
Xoves, 27 de xuño de 2013
Oficina Web
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2013
Estimado/a Director/a:
Unha vez máis desde o Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC” estamos organizando
o Acto de recoñecemento aos mellores estudantes de Centros de Ensino Medio de Galicia. Recórdovos
que estes estudantes son os que acadan unha media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral das
probas de acceso a universidade.
Este acto terá lugar o venres día
5 de xullo ás
18:00 horas
na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela. O auditorio dispón de
aparcadoiro propio e gratuíto.
Pregámosche que, unha vez recibidas as actas das PAAU, te poñas en contacto cos
estudantes do teu centro que cumpran os requisitos, e nos facilites unha relación cos
apelidos e nomes dos alumnos e o número de familiares que os acompañen, así como a túa
presenza ou a da persoa en quen delegues. (Adxúntase modelo para esta comunicación).
Por esixencias de organización, é preciso estar presentes, como mínimo, media hora antes do
comezo do acto. Dado que a capacidade máxima da Sala onde se vai celebrar o acto é de 1000 persoas
unha vez completado o aforo poderase seguir o acto a través de pantallas situadas nos accesos a
mesma.
A confirmación de asistencia deberá facerse
antes das 14 horas do día 2 de xullo, (no modelo de solicitude que se acompaña) remitíndoa
ao correo electrónico
aponte@usc.es ou ben chamando aos números de teléfono 881814576,
881814552.
Recibe un cordial saúdo,
Luís Hervella Torrón
Coordinador do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”
Directores e Directoras de Centros de Ensino Medio de Galicia
Arquivos adxuntos: