Os fillos dos galegos emigrados teñen a mesma consideración e dereitos que os fillos dos galegos residentes en Galicia tal e como se define en:
Estatuto de Galicia (art. 3.2)
Como galegos, gozan de dereitos políticos definidos neste Estatuto os cidadáns españois residentes no estranxeiro que tivesen a súa última veciñanza administrativa en Galicia, e acrediten esta condición no correspondente Consulado de España. Gozarán tamén destes dereitos os seus descendentes inscritos como españois, se así o solicitan na forma que determine a lei do Estado
Estatutos da USC (art. 2.2)
Dada a existencia dunha comunidade natural e lingüística alén dos límites da actual Comunidade Autónoma de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela recoñeceralles ós galegos da emigración e ós seus fillos os mesmos dereitos cós galegos residentes, nos termos recollidos no art. 3.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia.
O acceso á universidade española dos alumnos procedentes de sistemas educativos de estados membros da Unión Europea ou os de outros estados cos que se teñan subscrito acordos internacionais aplicables a este respecto, en réxime de reciprocidade, sempre que ditos alumnos cumplan os requisitos académicos esixidos nos seus sistemas educativos para acceder as súas universidades.
Os estudantes que teñan acceso a unha Universidade estranxeira dun país que non sexa membro da Unión Europea ou que non teña subscrito algún acordo de recoñecemento dos requisitos de aceso á Universidade terán que solicitar a correspondente validación dos seus estudos de bacharelato e/ou das materias das súas probas e logo realizar as probas de acceso.
As validacións parciais de estudos universitarios solicítanse na correspondente Universidade, e no caso de non ser validada polo menos unha materia, teranse que facer as probas de acceso.