
Erasmus, Europracticum, Erasmus Mundus, Erasmus Mundus Cooperation Windows.
Programas de mobilidade de estudantes da UE entre todos os países membros e para os niveis de Educación Superior (formación de grao, posgrao, prácticas pre-profesionais, prácticas despois do grao, etc.)

Bolsas Banco Santander / USC.
A USC co Banco Santander crea unha convocatoria propia de bolsas para estadías predoctorais con países de América Latina.

Bolsas Internacionais Bancaja.
Programa de Bolsas do Banco Bancaja/USC que promove a mobilidade para os niveis de Educación Superior entre universidades coas que a USC ten formalizados convenios de cooperación en África, América, Asia e Australia.

Bolsas Santander / CRUE.
As bolsas destinaranse a promover a mobilidade internacional de estudantes de grao das universidades españolas con institucións académicas presentes destes países que manteñan convenios de colaboración co Banco Santander.

Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
Programas de bolsas para a mobilidade de estudantes estranxeiros e españois do Ministerio de Asuntos Exteriores para os niveis de Educación Superior.

Sicue / Séneca
Programas de mobilidade do Ministerio de Educación para a formación de grao entre universidades españolas.