Actividades que organiza a USC
Reunión da Asociación Universitaria Iberoamericana de Posgrao (AUIP). A USC acolle o encontro para planificar as próximas actividades da asociación nas que participan a directiva da asociación e os directores rexionais en Brasil, Colombia, Cuba, Ecuador, Arxentina e España.
A AUIP, constituída en 1988 como unha entidade dependente da Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación, a Ciencia e a Cultura (OEI), presta servizos de información e divulgación sobre os posgraos que se ofrecen, colabora en procesos de avaliación interna e externa, acreditación e harmonización curricular desa oferta académica, facilita a mobilidade e intercambio de profesores e estudantes, e incentiva ou traballo académico e investigador a través de redes de centros de excelencia en diversos campos do coñecemento, entre outros asuntos.
Seminario de Formación Tempus Canqa. Neste seminario participan representantes de institucións educativas de ensino superior de países asiáticos como Taxikistán, Kazajistán e Kirguistán. Entre os seus obxectivos, o seminario pretende desenvolver unha rede centroasiática de axencias de acreditación e garantía da calidade, así como introducir unha serie de parámetros, ferramentas e pautas dentro das institucións de Educación Superior para garantir a calidade interna e externa. Os participantes no encontro pretenden ademais propiciar a creación dun rexistro de información sobre as medidas e sistemas de acreditación centroasiáticos e desenvolver centros de información sobre recoñecemento académico dentro das axencias de acreditación.
Reunión do Organismo Autónomo Programas Europeos en León.Xornadas de mobilidade Erasmus, dirixidas aos vicerreitores e directores de relacións internacionais das universidades e institucións de ensinos artísticos superiores que participan no Programa Erasmus, celebrada os días 29 e 30 de xuño na Universidade de León.
Reunión entre Reitores hispano-luso.Este encontro bilateral entre a Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) e o Consello de Reitores de Universidades Portuguesas (CRUP) permitirá avanzar na creación dun espazo ibérico do coñecemento no campo da investigación así como no establecemento doutras formas de colaboración entre España e Portugal no ámbito educativo. As sesións contemplan o intercambio de puntos de vista e experiencias en materia de avaliación dos sistemas de calidade e acreditación, avances europeos na garantía de calidade ou sobre o papel dos estudantes no proceso de avaliación, entre outros.
Visita Oficial do Comisionado Europeo, D. Leonard Orban, responsable do multilingüismo. O Vicerreitor de Política Internacional manifestou o seu apoio e o das universidades de Vigo, Santiago e Minho (Centro de Estudos Humanisticos da Universidade do Minho, CEH) ao proxecto Yogote.
Visita do Embaixador de Australia, Sr. D. Noel Campbell, para tratar a colaboración existente entre a USC e Australia e futuros acordos. A USC mantén intercambio coas Universidades de La Trobe, Sydney e Adelaide.
Visita de Persoal de Administración de Servizos de universidades europeas. A USC recibe a un grupo de integrantes do programa de mobilidade e intercambio dirixido ao Persoal Administrativo e de Servizos (PAS) de universidades europeas. Os visitantes seguen un programa xenérico deseñado pola Oficina de Relacións Exteriores (ORE) e outro específico acomodado ás características profesionais dos convidados. Dentro do programa xeral cóntase coa participación de representantes do Centro de Linguas Modernas (CLM), das Residencias Universitarias, da área de Deportes, Bibliotecas, Investigación, Integración Universitaria, Cultura, Cursos Internacionais e Xerencia e Xestión Económica.