Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Portal internacional  »  Programas de cooperación

Programas e iniciativas de cooperación

  • PCI. Programa de Cooperación Interuniversitaria e Investigación Científica entre España e outros países
  • Bolsas MAEC-AECID.Bolsas do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación (MAEC), para cidadáns estranxeiros e españois. Céntranse na formación, investigación, intercambio, promoción e de viaxes e estancia da Axencia Española de Cooperación Internacional.
  • Bolsas Banco Santander/USC. A USC crea unha convocatoria propia de bolsas predoctorais para docentes e investigadores de centros de América Latina. O programa ten como obxectivo atender a unha das maiores demandas actuais dos centros de América Latina, como é a formación de doutores. Con esta iniciativa tamén se potencian e afianzan os importantes vínculos académicos e de investigación entre a USC e eses países.
  • Erasmus Mundus External  Cooperation Windows. Promove a cooperación internacional entre a Unión Europea e as instituciones de Educación Superior de terceiros países e, especialmente, a facilitación da mobilidade entre institucións, constitúe unha situación de beneficio mutuo pola súa posible contribución ao enriquecemento das nacións e a un mellor entendemento dos pobos.
  • Tempus. Promove a cooperación multilateral entre institucións, autoridades e organizacións de Educación Superior dos Estados membros da UE e dos seus países socios. Así mesmo céntrase na reforma e modernización da Educación Superior.
  • Alfa III.O Programa ALFA é un programa de cooperación entre Institucións de Educación Superior (IES) da Unión Europea e América Latina. Os países participantes son os Estados Membros da Unión Europea e os seguintes 18 países de Latinoamérica: Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela.


Contacto

Erasmus Mundus: erasmus.mundus@usc.es

Lorena Barbeito Barciela, +34 881 8 12852
Sonia Cordido Méndez, +34 881 8 12845
Begoña Soneira Beloso, +34 881 8 12876