A Universidade de Santiago de Compostela (USC) a través dos seus centros e servizos ofrece unha variada e atractiva formación en distintos idiomas a toda a comunidade universitaria e a todas as persoas externas interesadas en cursos de idiomas, á vez que acredita o seu dominio coa expedición de distintos títulos recoñecidos a nivel internacional. A programación de cursos é ampla, con flexibilidade de horarios, modalidades de asistencia e apoio de recursos educativos.
A actividade desenvolvida serve de apoio tanto á mobilidade dosalumnos que viaxan a outras universidades estranxeiras, como á acollida daquelas persoas que, procedentes doutros países, queren participar da proposta educativa e investigadora da nosa universidade, así como da riqueza lingüística e cultural de noso país.
O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC é un servizo propio da universidade fundado no ano 1975 como Instituto de Idiomas. Na actualidade organiza nos Campus de Lugo e Campus de Santiago cursos de diferentes linguas modernas orientados a conseguir un dominio das mesmas tanto dende a súa expresión oral como escrita.
O personal docente do CLM participa activamente en congresos, elabora e publica materiais didácticos, organiza actividades culturais e intercambios lingüísticos para os alumnos de diferentes nacionalidades, así como viaxes a Francia e Italia como parte integrante no aprendizaxe das linguas e a súa cultura.
Con máis de cincuenta anos de experiencia, Cursos Internacionales da USC ofrece ao longo de todo o ano unha ampla oferta en Cursos de Español como Lingua Estranxeira e Programas de Formación de Profesorado de español e profesorado de galego:
Una metodoloxía comunicativa baseada nas directrices do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas e nun seguemento personalizado. Combínase o coñecemento da lingua e cultura española e galega coa comunicación efectiva e a integración na vida cotidiá. Os nosos cursos e programas celébranse nos dous campus da USC (Santiago de Compostela y Lugo) e no estranxeiro.
Colaboramos con distintas universidades estranxeiras e institucions como o Ministerio de Educación e Ciencia, Ministerio de Asuntos Exteriores (AECID), o Instituto Cervantes e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Somos tamén, na súa convocatoria de agosto, Centro Examinador do DELE (Certificado Inicial, Diploma Básico e Diploma Superior de Español como Lingua Estranxeira), expedido polo Ministerio de Educación español a través do Instituto Cervantes.
A USC a través do Instituto da Lingua Galega e o Servizo de Normalización Lingüística ofrecen cursos sobre a lingua e cultura da Comunidade Autónoma.