Rede europea EURAXESS
O Centro Galego de Mobilidade de Investigadores ten o obxectivo de crear un contorno máis favorable para o desenvolvemento da carreira investigadora e promover a mobilidade internacional e intersectorial. O ámbito de competencia do centro abarca as tres universidades galegas: a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
O Centro Galego de Mobilidade de Investigadores forma parte da Rede española de Centros de Mobilidade e da Rede europea EURAXESS. Ofrece información e asesoramento a investigadores que veñen ou regresan a Galicia, a organismos galegos que buscan investigadores no estranxeiro e a investigadores galegos que, como parte da súa carreira, realizan unha estadía fóra do noso país.
A través deste centro o investigador atopará:
- Información: administrativa (visados, impostos, etc); profesional (investigación en Galicia, etc); diaria e cultural (aloxamento, asistencia médica, colexios, etc)
- Información e enlace coa Rede de Centros Euraxess España (www.euraxess.es), coordinada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECY), a través de cuxa web pódese acceder á Guía do Investigador Extranxeiro en España (www.euraxess.es/servicios/guia-del-investigador-extranjero-en-espana-2011).
- Anuncios de vacantes e información sobre programas de mobilidade en Galicia.
Os organismos de investigación poderán atopar:
- Información de interese sobre recursos humanos en investigación, mobilidade de investigadores e política científica europea.
- Ao candidato ideal na base de datos internacional do Researchers Mobility Portal http://ec.europa.eu/euraxess
- Anunciar vacantes de investigación a nivel internacional no Researchers Mobility Portal.
Responsable do Centro Galego de Mobilidade de Investigadores:
Sonia Cordido Méndez
Oficina de Relacións Exteriores
Casa Jimena e Elisa Fdez de la Vega
Casas Reais nº 8
15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel. 881 813 402 Ext. 12845
Fax. 881 812 843