Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Portal internacional  »  Programas  »  Europracticum  »  Estudantes OUTGOING

Europracticum

Europracticum IV está dirixido aos titulados e tituladas da nosa Universidade que desexen realizar prácticas profesionais en empresas e institucións da Unión Europea durante os anos 2008 a 2010. As prácticas entenderanse como complemento de formación e, polo tanto, estarán sempre acordes coa titulación do bolseiro.

Poderán beneficiarse destas bolsas 60 titulados ou tituladas da USC que, unha vez obtida a súa titulación desde xaneiro de 2004 a febreiro de 2009 (incluídos), desexen completar a súa formación con prácticas en empresas europeas, coñecendo novas formas de traballo nun ambiente multicultural, á vez que mellorar as súas competencias lingüísticas.

Obxectivos:

  1. Reforzar as aptitudes e as competencias dos individuos - sobre todo os mozos - que seguen unha primeira formación profesional.
  2. Mellorar a calidade da formación profesional continua e da adquisición de aptitudes e competencias ao longo da vida.
  3. Promover e reforzar a contribución da formación profesional ao proceso de innovación, para mellorar a competitividade e o espírito de empresa co fin de crear novas posibilidades de emprego.

Entendido como unha oportunidade única para mellorar as competencias profesionais e lingüísticas dos titulados, as prácticas terán unha duración de 24 semanas e unha dotación económica de entre 2.400 e 4.300 euros, en función do país de destino, en concepto de datos de viaxe, aloxamento e mantemento, así como cobertura médica.

As persoas interesadas deberán carecer de experiencia laboral relacionada coa súa titulación superior a un ano, coñecer un idioma do país de destino, acreditar coñecementos de informática e non gozar doutra bolsa do Programa Leonardo da Vinci (incluídos os programas Europracticum I, II e III).

Máis información...