A Universidade de Santiago de Compostela, no marco de Proxecto Campus de Excelencia - Campus Vida lanza unha convocatoria propia de estancias curtas de investigación destinadas a docentes e investigadores de centros de India. O programa ten como obxectivo atender a unha das maiores demandas actuais, como é a internacionalización da investigación e a promoción de proxectos e programas de cooperación e investigación conxunta.