A Universidade de Santiago de Compostela crea unha convocatoria propia de bolsas para estancias predoctorais destinadas a docentes e investigadores de centros de América Latina. O programa ten como obxectivo atender a unha das maiores demandas actuais do sistema de Educación Superior de América Latina, como é a formación de doutores. Con esta iniciativa tamén se potencian e se afianzan os importantes vínculos académicos e de investigación entre a USC e eses países.
Coa actual normativa do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) as persoas poden acceder á fase de investigación do doutoramento despois de realizar un curso de doutoramento ou un master oficial. Boa parte do profesorado das universidades de América Latina conta con algún destes requisitos, polo que se atoparía en condicións de acceder á fase de investigación dun programa de doutoramento.
A finalidade da convocatoria é financiar as estancias de profesores de centros de América Latina conducentes á realización dunha tese doutoral en cooperación coa USC. O Doutoramento Interuniversitario de Intercambio, ou “doutoramento sandwich”, baséase na planificación dunha tutorización a través de estancias de curta duración -de 1 ata 3 meses por ano- na USC durante unha serie de anos, xunto co emprego dunha contorna de formación en rede para a tutorización continua de todo o período formativo. Esta modalidade permite compatibilizar as responsabilidades laborais dos profesores e investigadores de América Latina que realicen unha tese doutoral.
Convocatoria Bolsas Predoutorais América Latina USC / B Santander_/ USC 2011 [pdf - 2928 kb][Actualizado: 13/10/11]
Documentación Fase 1 [doc - 130 kb][Actualizado: 13/10/11]
Documentación Fase 2 [doc - 74 kb][Actualizado: 13/10/11]
Listaxe provisisoria de solicitudes admitidas e excluídas Bolsas Predoutorais América Latina USC / B. Santander 2011 [pdf - 1.3 mb][Actualizado: 16/12/11]
Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas Bolsas Predoutorais América Latina USC / B. Santander 2011 [pdf - 1.2 mb][Actualizado: 14/02/12]
Resolución da Fase 2 Bolsas Predoctorais America Latina USC / B. Santander Convocatoria 2011 [pdf - 414 kb][Actualizado: 24/5/12]