Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Portal internacional  »  Programas  »  Estudantes visitantes

 

No Programa de Estudantes Visitantes non poden participar aqueles que teñan bolsas noutros programas de intercambio como Erasmus, nin aqueles que cursen estudos no marco de convenios bilaterais entre a Universidade de Santiago e outras Universidades.

Este programa presenta condicións máis flexibles e está aberto durante todo o curso académico. Aínda que non hai datas límite definitivas, unha recomendación que se fai para atender á calidade da formación é que as persoas interesadas envíen a solicitude cun mes de antelación antes do comezo do período no que desexe realizar a súa estancia na Universidade de Santiago.

Os estudantes nacionais e estranxeiros dirixirán os seus impresos de Solicitude de Estudante Visitante ao Director do Servizo de Xestión Académica (Pavillón Estudantil. Campus Sur. 15782. Santiago de Compostela). Unha vez aprobada a súa solicitude, este Servizo porase en contacto co estudante, preferiblemente por correo electrónico (e-mail).

Formulario de solicitude

Todos os estudantes deben ter un seguro médico completo antes de matricularse (non é necesario un seguro de responsabilidade civil). Os cidadáns de países membros da UE deberán solicitar no seu país o formulario E-111 o E-128. Os solicitantes doutros países deberán traer un seguro médico persoal ou contratar un en España antes de matricularse.

Os estudantes de países fóra da Unión Europea deberán porse en contacto coa súa Embaixada Española ou Consulado máis próximo para se informaren sobre as condicións de entrada legal en España. Estes estudantes recibirán unha carta de aceptación para facilitarlles o trámite dun visado de estudante.