A USC dispón de numerosos servizos para a comunidade universitaria e para o apoio da docencia e investigación. Nesta sección seleccionamos algúns dos servizos máis imprescindibles para os visitantes relacionados coas súas necesidades persoais de aloxamento, idiomas, conexión, etc. Destacamos que entre os servizos ofrécese apoio a estudantes con necesidades especiais, adaptando os espazos da USC e eliminando as barreiras arquitectónicas en facultades, escolas, residencias e colexios maiores segundo as necesidades que se van detectando a medida que aumenta o número de estudantes con discapacidade matriculados. Ademais, organízase un apoio directo cando solicitan algún tipo de axuda en relación coa súa discapacidade.