Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Persoal de administración e servizos  »  Comisión de Intercambio de Vacacións para PAS

Convocatoria Verán 2013

Santiago de Compostela, abril de 2013
 
Compañeiras/os:
 
Un ano máis achegámosvos a oferta de Intercambio de Vacacións para o verán 2013.
 
No Intercambio de Vacacións poderá particiar  o persoal funcionario de carreira, persoal interino e contratado, persoal laboral fixo ou temporal con cargo ao capítulo I, con contrato en vigor no momento de solicitar as prazas e no momento de ocupar as mesmas. 
 
Gustaríanos que aqueles compañeiros/as que teñan dúbidas no momento de cubrir a solicitude se puxeran en contacto cos representantes.
 
Debido a que hai máis solicitudes que prazas, establécese unha orde de prelación co fin de facer máis extensiva a posibilidade de disfrutar do intercambio a aquelas persoas que nunca participaron ou levan tempo sen facelo:
 
1.       Considéranse preferentes aquelas peticións que nos últimos 3 anos non disfrutaran de ningunha das prazas ofertadas.
2.       Dentro das persoas que si disfrutaron do intercambio nos últimos 3 anos, terán preferencia as que foron ó intercambio hai 3 anos sobre as que foron hai 2 e 1 ano.
3.       Dentro das persoas que obtiveron praza no mesmo ano terán preferencia as que obtiveran dita praza na fase de resultas sobre as que a obtiveran no sorteo inicial.
4.       As persoas que se llles adxudiquen prazas en llas Canarias, Cartagena e Sevilla ao igual que na fase de resultas non se lle terá en conta para os seguintes anos.
5.       En caso de empate realizarase un sorteo para ordenar estas solicitudes. 
 
 Todos os anos hai vacantes de última hora, co fin de aproveitalas sairán na páxina no momento en que se produzan e serán adxudicadas para o pimeiro demandante
 
Para máis información ou resolver dúbidas, podedes chamar ós representantes da USC na Comisión de Intercambio de Vacacións de PAS: