NORMATIVA INTERCAMBIO VACACIÓNS VERÁN 2013
1.- O prazo de presentación de solicitudes será como máximo ata ó martes 16 de abril, ás 14 horas.
2.- Poderase solicitar praza para acompañante (con ou sen fillos), para pais, pero non para ambos. Se a túa parella traballa na Universidade e tamén solicita praza, indícanos o seu nome. Poderá participar nesta convocatoria o persoal de administración e servizos, funcionario de carreira ou interino así como persoal laboral fixo ou contratado con cargo ao capítulo I.
3.- O resultado do sorteo farase público a principios de maio.
4.- As prazas terán que ser ocupadas o primeiro día de inicio da quenda correspondente. Pasado este día, non se terá dereito ó aloxamento nin a posibles reclamacións.
5.- Os períodos de estancia serán os establecidos no documento datas e destinos 2013.
6.- As prazas son persoais e intransferibles para as persoas as que se lle concede (solicitante, acompañante, pais ou fillos). O/a titular da praza identificarase mediante o DNI na residencia de destino.
7.- Cada Universidade comprometerase a proporcionar os aloxamentos e só estes serán gratuítos. (Ver características e condicións dos colexios). A adxudicación dos cuartos estará en función das disponibilidades do Centro.
8.- Os titulares serán responsables dos posibles desperfectos ocasionados.
9.- Finalizada a quenda, os cuartos deberán ser desaloxados antes das 10 horas.
10.- Cada cuarto estará dotado, de roupa de cama .(toallas, ver condicións de cada residencia)
11.- Sancións:
PÍDESE ÓS COMPAÑEIROS QUE SEXAN O MÁIS SOLIDARIOS POSIBLE A HORA DE AVISAR DAS RENUNCIAS, XA QUE CANDO SE PRODUCEN AUSENCIAS SEN AVISOS, A NOSA UNIVERSIDADE QUEDA PENALIZADA DE CARA A SORTEOS DE ANOS POSTERIORES.
11.1.- Sancionarase coa exclusión mínima de tres anos do intercambio:
a) A aquelas persoas que comuniquen a súa renuncia fóra do prazo establecido.
b) A aquelas persoas que, aínda comunicando a renuncia dentro dos prazos establecidos, o fagan durante dous anos consecutivos.
11.2.- Penalizarase coa exclusión mínima por cinco anos do Intercambio a aquelas persoas que non comuniquen a súa renuncia.
11.3.- Para casos extraordinarios cada Universidade adoptará as penalizacións que estime máis acordes coa falta cometida.
13.- Todas as xestións coa residencia de destino, faranse a través dos representantes do intercambio de vacacións do PAS