Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Persoal de administración e servizos  »  Sección Sindical da UGT
 

logo_fete

 

A Sección Sindical de FETE-UGT na USC está formada por un grupo de traballadores e traballadoras na Universidade, Campus de Santiago e Lugo, que se poñen ao teu dispor para contribuir á solución dos problemas laborais de PAS, PDI e investigadores tanto laborais como funcionarios. Baixo o paraugas e o apoio dunha organización da solvencia de FETE-UGT en Galicia, traballamos e informamos porque

 


Contacta con nós:
ugt_usc@usc.es
teléfono:
881 811 000 - extensión 14335

 

Publicada a oferta de emprego público (OPE) do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago para o ano 2015.

Publicado no BOE o Real Decreto 420/2015, de 29 de maio, de creación, recoñecemento, autorización e acreditación de universidades e centros universitarios

Publicada a Lei de Emprego Público de Galicia

CAMBIOS INTRODUCIDOS POLA LEI DE EMPREGO PÚBLICO DE GALICIA (LEI 2/2015).

CON CARÁCTER XERAL
Na disposición adicional 1a indicase que a localidade se corresponde co termo municipal. Téñase en conta que hai determinados permisos que toman como referencia a residencia (orde de permisos docentes). Debe entenderse, por tanto, que se terá en conta o concello de residencia.
Enfermidades graves: defínense como tales as que aparecen no anexo do RD 1148/2011.

Ler máis

 

Delegados de UGT nos distintos órganos de representación da USC

UGT estará representada nos distintos órganos de representación do persoal cun total de 16 delegados que asumen a responsabilidade que as urnas lle teñen outorgado. Esta sección sindical quixera agradecer a confianza de todas as persoas que co seu voto fixeron posible estes resultados. A representación de UGT nas xuntas de persoal e nos comités de empresa de Santiago e Lugo queda conformada do seguinte xeito:

 

Delegados de PDI Funcionario: 4

Benjamín Rey Sanjurjo

Emilio Ruzo Sanmartín

F. Javier Garbayo Montabes

Manuel Francisco Marey Pérez

 

Delegados de PDI Laboral en Santiago: 4

Mª Begoña  Villaverde Gómez

Mª Mercedes Gallas Torreira

Raquel Mariño Fernández

Miguel Ángel Otero Simón

 

Delegados de PDI Laboral en Lugo: 3

Javier José Cancela Barrio

Mª Elena Fernández Rodríguez

Xesús Pablo González Vázquez

 

Delegados de PAS Funcionario: 2

M. Concepción de Frutos Eiranova

Pedro Mato Fernández

 

Delegados de PAS Laboral Técnicos y Administrativos: 1

José R. Bahamonde Hernando

 

Delegados de PAS Laboral Especialistas e Non Cualificados: 2

Luis Miguel Muñiz Sobrido

Alicia Ana Silva Martínez

 

Delegados de PAS Laboral no Comité Intercentros: 1

Luis Miguel Muñiz Sobrido

 

Negociación do Plan Económico Financeiro de Reequilibrio

Preséntase aos Órganos de Representación o Plan de Axuste Económico da USC

13-10-2014

O Comité Intercentros e a Xunta de Persoal do PAS mantiveron unha xuntanza co equipo de Xerencia que lle deu conta da política de persoal da USC a corto prazo, condicionada absolutamente polo Plan de Equilibrio Orzamentario que, á súa vez, deberá aprobar a Xunta de Galicia. Entre as situacións ás que se enfrontará o persoal de administración e servizos nos vindeiros anos están a reorganización de determinados servizos, o proceso de funcionarización ou o persoal do capítulo VI.

Ler máis

Primeira xuntanza coa Mesa do Consello de Representación Sindical

26/09/2014

A USC presentou aos sindicatos con representación a súa proposta de Plan Económico Financeiro de Reequilibrio, remitido esta mesma semana á Xunta de Galicia. Como expuxemos na xuntanza informativa celebrada co xerente José M. Villanueva agradecemos que se abran vías de negociación e se estableza un espazo para o diálogo. Consideramos que o documento pon sobre a mesa unha situación preocupante ao tempo que limita as marxes para a negociación.

Ler máis

Información de interese sobre o novo Proxecto de Acreditación do Ministerio

30/08/2014

Ler máis

Pechado sen faltas o expediente disciplinario na Unidade de Masas e Proteómica

10/07/2014

A instrución do expediente disciplinario que afectaba a persoal da Unidade de Masas e Proteómica concluíu. A correspondente resolución reitoral determina non terse apreciado as faltas investigadas e por tanto descarta a imposición de sancións por faltas moi graves ou graves. Dende UGT valoramos positivamente que teña concluído este proceso no que se valoraron os feitos alegados e se dirimiron as responsabilidades pertinentes.

Ler máis

Capítulo VI

05/02/2014

Na mesa dos órganos de representación do PAS estamos a tratar a proposta de xerencia en relación co persoal do Capítulo VI. Aínda que se refire explicitamente ao colectivo PAS, atopámonos ante un tema que consideramos a medio camiño entre o colectivo de administración e servizos e o docente e investigador, xa que alude tamén a persoal en etapa de tese, e a doutores/tecnólogos.

Ler máis

A reclamación do cobro da paga extra de 2012 atópase paralizada polos recursos presentados por CIG, CCOO e CSIF

11/12/2013

A administración de xustiza deulle recentemente a razón á demanda colectiva presentada por UGT para a reclamación da parte proporcional das pagas extras recortadas ao colectivo de traballadores/as universitarios laborais en 2012. Actualmente e no caso concreto da Universidade de Santiago, o proceso para a reclamación do cobro das cantidades recoñecidas está paralizada debido ao recurso interposto polas centrais sindicais CIG, CCOO e CSIF contra ao ditame da Xustiza a favor do colectivo do PAS laboral.

Ler máis