Saltar ao contido principal
Inicio  »  Perfís de acceso  »  Persoal de administración e servizos  »  Xunta de Persoal de Administración e Servizos

Xunta de PAS funcionario da USC

O portal que vos ofrecemos ten como finalidade ser a pantalla informativa e de contacto do PAS funcionario. Esta iniciativa ten a perspectiva de ampliar e seguir avanzando na comunicación con todos e todas os compañeiros/as funcionarios, co obxectivo de que todos os membros do noso cadro de persoal poidan ter un referente da vida laboral na nosa universidade.

Nesta páxina tentaremos mostrar os datos de interés da nivel laboral que nos afecten, desde os acordos plenarios deste órgano de representación, ata as negociacións coa xerencia e a consecución de avances substanciais en pro do persoal. Acompañaremos as actas que dan fe destes acontecementos, como evidencia do traballo realizado en todas aquelas cuestións de interese para o noso colectivo.

A consecución deste obxectivo será a medio prazo, así que pedímosvos desculpas de anteman polos apartados desta páxina que vos atoparedes sen actualizar nun primeiro momento.

Saúdos e grazas por visitarnos.

Xose Antón Romero Banzas

Presidente da Xunta de Persoal