Saltar ao contido principal
Inicio  »  Proxectos  »  campUSCulturae

campUSCulturae

Logo-campUSCulturae-
Logo

campUSCulturae é unha aposta da Universidade de Santiago de Compostela a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e o pluralismo. Considerar a importancia das culturas (nomeadamente as minoritarias, máis acosadas por perigos que afecten á súa continuidade e pervivencia) parécenos unha oportunidade para manter a biodiversidade cultural do planeta, ofrecendo á nosa lingua e cultura a posibilidade de establecer procesos de retroalimentación con outros códigos lingüísticos e culturais.

campUSCulturae propón unha visión anovada sobre cuestións fundamentais para unha universidade do século XXI

  1. Promover o diálogo intercultural
  2. Dar lugar á creación de plataformas de mutuo coñecemento e entendemento entre pobos e individuos procedentes de distintas culturas do mundo
  3. Apoiar proxectos de fomento das culturas ou grupos sociais menos protexidos ou en perigo de desaparición
  4. Fomentar a proxección e difusión das linguas minoritarias do mundo
  5. Abordar as diferencias e a diversidade cultural desde parámetros non paternalistas, non colonialistas, igualitarios e de cooperación
  6. Visibilizar formas de vida, experiencias de persoas ou de grupos, rompendo cos tabúes preconcibidos ou cos tópicos universalistas que devalúen o feito diferencial.
  7. Crebar tabúes e prexuizos que obran en contra da diversidade social e cultural

Contidos de campUSCulturae

 

ilustramundos

Aberto o prazo para presentar comunicacións e para realizar a inscrición gratuíta, no Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade". O congreso terá lugar entre os días 20 e 23 de febreiro en Santiago de Compostela e nel participarán ilustradores/as de distintos países do mundo, expertos en arte e edición e profesionais da animación e da promoción da lectura. En coincidencia co mesmo inaugurarase a Exposición ilustraMundos, que permanecerá aberta até o 20 de abril na sala de exposicións do Pazo de Fonseca.

Para recibir máis información podedes poñervos en contacto connosco a través do e-mail: campusculturae@usc.es ou visitar noso facebook http://es-es.facebook.com/campUSCulturae, onde atoparedes a referencia ao blog da mostra.

Próximas actividades
  • xullo 2011: Reunión do grupo europeo campUSCulturae
  • novembro 2011: Outono cultural
  • decembro 2011: presentación do 1º número da revista campUSCulturae
  • decembro 2011: Presentación de campUSCulturae na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)
  • xaneiro 2012: presentación do 2º número da revista campUSCulturae
  • febreiro 2012: Congreso Internacional “Ilustrar desde a Diversidade” (Salón Nobre de Fonseca)
  • febreiro, marzo. abril 2012: Exposición ilustraMundos (sala de exposición de Fonseca)
  • abril 2012: presentación de campUSCulturae na Feira Internacional do Libro Infantil de Bolonia (Italia)
  • maio 2012: presentación do 3º número da revista campUSCulturae
  • xuño 2012: Congreso Internacional sobre Diversidade Lingüística (Rejkiavik, Islandia)
Redes sociais

Facebook Facebook

Twitter Twitter