Saltar ao contido principal
Inicio  »  Proxectos  »  Fundación Dieta Atlántica

logo

A USC e a Dieta Atlántica

A Universidade de Santiago de Compostela, a través da súa Fundación Dieta Atlántica, inicia un plan de implantación da Dieta Atlántica nos comedores universitarios de Santiago e Lugo. O obxectivo deste proxecto é informar e promover o estilo de alimentación proposto na pirámide da Dieta Atlántica entre a comunidade universitaria. Os comedores da USC están actualmente nun proceso de implantación na súa oferta diaria de menús con alimentos atlánticos frescos e de tempada, tanto da horta (cereais, pan, patacas, vexetais, froitas, legumes, castañas e noces), como do mar e dos ríos (peixe, mariscos, algas) e da terra (tenreira galega, porco ou caza), de lácteos e de produtos propios da gastronomía atlántica en xeral e da galega en particular. Estes alimentos, ademais, cociñaranse seguindo as directrices do modelo de alimentación da Dieta atlántica, baseado fundamentalmente na cocción, no ferro, no guisado e no asado, mais que na fritura.

mariscos