Avda. das Ciencias s/n
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 592747
Fax: 981 597054
Correo electrónico: oasec@usc.es
Foi fundado en 1943 como continuación do observatorio particular que posuía en Lalín (Pontevedra) o Dr. D. Ramón Mª Aller. Ademais de levar a cabo diversos programas de investigación, da sinatura de convenios con outras institucións e a organización e participación en congresos científicos, o Observatorio, dado o seu carácter universitario, realiza un intenso labor docente, xa que nel efectúan as súas prácticas os estudantes da Universidade que cursa materias de Astronomía.
A súa biblioteca é unha das máis completas de España no seu xénero. Nos últimos anos promoveu, tamén, un amplo número de actividades de extensión cultural. Entre as liñas de investigación desenvolvidas destaca o estudo das estrelas dobres e múltiples. Este centro edita, con periodicidade cuadrimestral, a circular de información da Comisión 26 da Unión Astronómica Internacional.