Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Asesoría Xurídica

Servizo de Asesoría Xurídica

Descrición

O Gabinete de Asesoría Xurídica da USC configurase coma unha unidade de apoio ós órganos de goberno centrais universitarios, así como para a representación e defensa desta Institución perante os Xulgados e Tribunais.

A xestión ordinaria e tramitación de asuntos requiren cada día un maior coñecemento de normas o que supuxo que pola Asesoría Xurídica se veñan asumindo tarefas de xestión ordinaria e consultas sobre actuacións por parte de outras unidades administrativas impedindo en moitos casos dedicarse á tarefa que ten encomendada.

A dotación por parte das distintas unidades de xestión administrativa por persoal cualificado recomenda que os Servizos, Seccións e Oficinas asuman na súa integridade as áreas de actividade de seu, baixo a supervisión e coordinación do correspondente membro do Equipo Reitoral, que canalizará as peticións de asesoramento e de informes que se encomenden á Asesoría Xurídica, co fin de racionaliza-los seus servizos, sen prexuízo da actuación de oficio nas materias que así o esixan sempre baixo a supervisión e dirección dun membro do Equipo Reitoral.

O Gabinete da Asesoría Xurídica da USC é o órgano encargado da representación desta Entidade perante os Xulgados e Tribunais e de coordina-la defensa xurídica da Universidade de Santiago.

Por outra banda, desenvolverá as tarefas de asesoramento xurídico dos órganos de goberno da Universidade e de apoio ós restantes órganos e unidades da Universidade e os seus Centros. Neste suposto o asesoramento realizarase sempre a través dun membro do Equipo Reitoral.

As actividades previstas no parágrafo anterior realizaranse baixo a coordinación e supervisión do Reitor, da Secretaría Xeral, ou de se-lo caso dun membro do Equipo Reitoral aos que se manterá informado do estado de tramitación ou dos resultados obtidos.

Enderezo

Servizo de Asesoría Xurídica
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782.Santiago de Compostela
Teléfono: 8818 11032
Correo electrónico: asesoriaxuridica@usc.es.