Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de Asesoría Xurídica  »  Consultas a través da rede

Consultas a través da rede

A finalidade deste sistema é facilitar ás Unidades Administrativas da USC un asesoramento rápido sobre cuestións relacionadas co seu traballo e así poder obter unha resposta rápida a consultas xurídicas sobre unha determinada materia que non requiran a formalización dun informe, evitando deste xeito a burocratización da consulta e quedando constancia da pregunta e da resposta realizada.

Quen pode utilizar o sistema de consultas a través da rede?

Os membros do equipo de goberno da USC, Directores de Departamento, Directores/Decanos de Centros e Xefes de unidades administrativas da Universidade en cuestións relacionadas directamente co seu traballo.

As consultas sobre funcionamento da Universidade, cursos ofertados e outras de información xeral deberá realizarse a través de correo electrónico a: oiusec@usc.es.

Que materias se poden consultar?

Aquelas que non implican un estudio exhaustivo ou non se requira un informe formal sobre a consulta, agás que na petición se especifique que se require a emisión de informes especializados.

A contestación efectuarase polos mesmos medios electrónicos: asesoriaxuridica@usc.es.