Saltar ao contido principal
Logotipo da USC
Versión en castellano
English version
  1. Inicio
  2. »
  3. Servizos
  4. »
  5. Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC)
  6. »
  7. Presentación

Área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (ATIC)

Para referenciar esta páxina empregue o enderezo: http://www.usc.es/atic

As TIC na USC

As tecnoloxías da información e da comunicación son hoxe un instrumento básico sen as que non é posible debuxar e apostar por unha universidade moderna e emprendedora. A investigación, a docencia e mesmo a xestión da nosa institución non poden acadar os compromisos de calidade  sen unha utilización eficiente e intensiva das mesmas.

A USC dispón de diversas unidades que interactúan, en distintos eidos, para prestar o mellor servizo posible á comunidade universitaria.

A nosa organización é como sigue 

Reitor
- Oficina Web
- Coordinador Planificación Estratéxica en TIC
- Vicerreitoría de Oferta Docente e Espazo Europeo de educación superior: Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA)
- Área  das TIC (ATIC): Unidades de traballo

Os Plans Estratéxicos de tecnoloxías da información e das comunicacións (PETIC) para os períodos 2004-2006 e 2007-2010, que podes consultar neste mesmo sitio web (memorias e outros documentos) conteñen a planificación estratéxica para a nosa institución, e dan conta dunha implicación do mais alto nivel nesta tarefa colectiva.

Benvida a Área TIC

A Área TIC correspóndenos un papel clave para a organización eficiente dos sistemas de información e comunicacións no apoio das tarefas de docencia, xestión e investigación. O noso obxectivo é unha xestión óptima dos recursos e infraestructuras que ofrecemos aos usuarios da comunidade universitaria.

Son moitos os retos que se nos demandan, e cada vez mais o número de servizos a prestar; pero co maior esforzo por parte de todo o equipo humán que compón esta Área, traballamos arreo e comprometidos coa nosa institución.

Agardamos que este sitio web poda achegarte a información de maneira sinxela e nos permita unha vía de comunicación estable, de interese tanto para os usuarios como para nós.

Javier Franco
Director da Área TIC

 
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 981 563 100 e +34 982 285 900 | Contacto